FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres na Eurorrexión Galicia- norte de Portugal )



O 2 de abril do 2012, abriuse no municipio de Monterrei o Centro de dinamización integral para as mulleres de utilización conxunta para a poboación raiana no marco do Proxecto CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal).

CEDIM é un proxecto europeo cuxa principal finalidade é promover redes de cooperación transfronteiriza de ámbito municipal entre Galicia e o norte de Portugal, mediante a realización de diversas actuacións, entre as que podemos destacar a creación de catro Centros de Dinamización Integral para as Mulleres que se sitúan nos municipios galegos de Monterrei, Tui, A Cañiza e no municipio portugués de Vila Verde, nos que se prestan servizos gratuítos de información, orientación e formación para o emprego e atención social ás mulleres de ambos lados da fronteira de forma coordinada, compartindo equipamentos e servizos coa finalidade de establecer unha rede transfronteiriza de colaboración para optimizar os recursos e impulsar as políticas de igualdade e de prevención da violencia de xénero na fronteira galego-portuguesa.





Comentarios (0) - Categoría: ATENCIÓN ESPECIALIZADA - Publicado o 04-05-2012 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: ATENCIÓN ESPECIALIZADA - Publicado o 25-09-2011 17:30
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: ATENCIÓN ESPECIALIZADA - Publicado o 10-02-2011 17:31
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: ATENCIÓN ESPECIALIZADA - Publicado o 10-02-2011 17:29
# Ligazón permanente a este artigo

Este ano, FEMURO, recibe da Obra Social de Caja España, un premio dentro da convocatoria 2010 dirixida a “Programas contra a precariedade e exclusión social en España”. Este proxecto denomínase “FEMURO SOLIDARIA” e desenvolverase durante finais deste ano e todo o próximo ano 2011.

Este proxecto nace coa finalidade de dar unha resposta de atención inmediata ás necesidades máis básicas de aqueles colectivos máis vulnerables e en situación de exclusión social, tendo en conta que a actual situación económica provocou una bolsa de pobreza severa.

Este proxecto conxuga dúas liñas de actuación:

• Por unha banda, dirixida a cubrir as necesidades específicas de alimentación en situacións de emerxencia social


Dentro desta líña levaranse a cabo diferentes actuacións, entre elas, unha Campaña Solidaria que se iniciará este Nadal coa colaboración de diferentes supermercados da zona para que a xente que desexe, contribúa coa doazón de productos non perecedoiros, que serán distribuídos a aquelas persoas e familias que máis o necesiten.

Así mesmo, porase en marcha un Mercadillo Solidario, no que terán cabida obxectos e bens doados, como aqueles elaborados de forma artesanal.
Comentarios (0) - Categoría: ATENCIÓN ESPECIALIZADA - Publicado o 14-01-2011 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
ATENCIÓN A MULLERES XESTANTES E/OU LACTANTES CON FILLAS/OS MENORES
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, pon en marcha o “PROGRAMA DE ATENCIÓN A MULLERES XESTANTES E/OU LACTANTES CON FILLAS/OS MENORES A CARGO”, en situación de posible vulnerabilidade social e/ou laboral; subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualade.

A través desta programa preténdese implementar recursos e servizos tendentes a mellorar as condicións de vida das mulleres xestantes e/ou lactantes con fillas/os menores de tres anos en situación de posible vulnerabilidade social e/ou laboral, e dirixidos a evitar a exclusión destas mulleres promovendo accións para o seu desenvolvemento persoal, familiar e laboral.

O programa inclúe diversos servizos, por unha banda información sobre axudas e apoios dispoñibles para mulleres xestantes e/ou lactantes con fillas/os menores de tres anos; por outra banda un curso formativo para ofrecer asesoramento en búsqueda de emprego (realización de curriculums, cartas de presentación ou autocandidatura, pautas para superar as entrevistas...); tamén inclúe apoio psicolóxico e diferentes obradoiros formativos ( autoestima, habilidades sociais, resolución de conflictos, primeros auxilios, prevención de accidentes no fogar, políticas de igualdade..); e por último inclúe unhas medidas de apoio urxente que deberán ser complementarias algunha das actuacións anteriores.

Na actualidade levamos a cabo un módulo de “Búsqueda de Emprego e Orientación Laboral”, no que están a participan 15 mulleres xestantes e/ou lactantes con fillas/os menores a cargo en risco de exclusión social.

Comentarios (0) - Categoría: ATENCIÓN ESPECIALIZADA - Publicado o 14-01-2011 17:35
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: ATENCIÓN ESPECIALIZADA - Publicado o 22-10-2010 17:22
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: ATENCIÓN ESPECIALIZADA - Publicado o 09-09-2010 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
RISOTERAPIA
A Federación Provincial de MM.RR. de Ourense (FEMURO) desenvolveu durante o que vai de ano obradoiros de risoterapia, así como de autoestima, ás asociacións federadas que o solicitaron. No seo da actividade participaron máis de 500 mulleres, que ao longo de sete semanas puideron practicar e disfrutar a fisioloxía da risa e os beneficios da risoterapia mediante dinámicas grupais, xogos, técnicas da dramatización, música e danza, exercicios de respiración e relaxación.
O obxectivo desta actividade foi:
Valorar o potencial da risa e o humor como símbolo de intelixencia, manifestación de boa saúde e equilibrio emocional.

Comentarios (0) - Categoría: ATENCIÓN ESPECIALIZADA - Publicado o 02-08-2009 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas