FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, a Secretaría Xeral da Igualdade organizou unha ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ?Camiño ao respecto? hoxe domingo 22 de novembro, na que FEMURO participou coas súas asociacións de mulleres rurais e alumn@s do curso de competencias clave, para loitar xunt@s pola igualdade e a xustiza.

A andaina saiu dende o Monte do Gozo CAMIÑO AO RESPECTO ata a praza do Obradoiro (unha distancia aproximada de 5 km).

Este acto finalizou na praza do Obradoiro coa lectura dun manifesto contra a violencia de xénero.

Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 22-11-2015 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
TOD@S SOMOS ELAS: MARÍA ISABEL FUENTES e MARÍA DE FÁTIMA MACHADO

As actividades que se van levar a cabo a semana do 21- 25 de Novembro en contra da violencia de xénero son as seguintes:

21 e 22 de Novembro: Miradas sen violencia. Xornadas de Fotografía Aula Cemit, Casa da Cultura de Verín.

23 de Novembro: Sensibilización en contra da violencia polas rúas de Verín e na feira.
Autodefensa persoal para mulleres vítimas.

25 de Novembro: Sensibilización ‪#‎nosodoenosgolpes‬, na vila
Ás 20:30 h. Concentración diante do Concello coa participación de grupos sociais e lectura de un manifesto.
Comentarios (1) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 18-11-2015 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
REUNIÓN SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE
O DÍA 16 DE SETEMBRO DE 2015 A FEDERACIÓN DE MULLERES RURAIS DE OURENSE (FEMURO) MANTIVO UNHA XUNTANZA EN SANTIAGO CON SUSANA LÓPEZ ABELLA, SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE PARA TRATAR TEMAS RELATIVOS AS MULLERES E PODER SEGUIR TRABALLANDO NA MELLORA DA SITUACIÓN DA MULLER NO RURAL.

DENDE FEMURO QUEREMOS DAR AS GRAZAS A SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE POLO SEU RECIBIMENTO E ATENCIÓN PRESTADA.
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 18-09-2015 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
MINUTO DE SILENCIO
A xuntanza do 29 de Maio das mulleres rurais nas ?Xornadas de Emprendemento Feminino no rural? en Ponteareas estivo marcada polo recordo a Isabel Fuentes, vitima de violencia de xénero en Verín.

As súas compañeiras das distintas asociacións de mulleres rurais da provincia de Ourense quixeron darlle unha pequena homenaxe con un minuto de silencio. Un minuto de silencio que despois veu precedido de rabia e sentimentos de dor por parte das mulleres que piden que se faga xustiza e que non volvan ocurrir casos coma este.

NON MÁIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!!!
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 02-06-2015 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTACIÓN EN HOMENAXE A ISABEL FUENTES
O 29 de Maio as 20:00 horas Pazos quedouse pequeno ante as numerosas persoas que quixeron apoiar a familia de Isabel Fuentes na marcha para reclamar xustiza polo seu asasinato e en contra da violencia de xénero.
A movilización encabezábaa a familia de Isabel cunha pancarta onde pedían xustiza pola súa morte, seguida de outras pertencentes a outras institucións e a veciños/as de Pazos nas cales se condenaba a violencia machista. A que portaba FEMURO baixo o lema ?Femuro e as súas asociacións contra a violencia de xénero? ?Non máis vítimas-Loitemos pola igualdade e a xustiza?, foi portada polas súas compañeiras da Asociación ?As Candelas? que tamén quixeron recordala: ?A Asociación de mulleres As Candelas como compañeiras túas non te olvidamos. Continuaremos unidas para non permitir máis violencia machista?.
Na manifestación participaron outras mulleres socias de Asociacións integrantes de FEMURO da zona que quixeron apoiar a familia e as compañeiras de Isabel neste momento tan difícil que están a vivir.
A concentración comenzou na vivenda de Pazos onde Isabel sufriu a súa primeira agresión, para continuar pola estrada N-525 e rematar na praza do Concello de Verín.
Na praza do Concello un representante da familia de Isabel deu as grazas a todas as persoas que acudiron a esta movilización e tamén agradeceu todalas mostras de cariño e afecto recibidas desde a súa morte.
As pancartas que fixeron o percorrido da manifestación quedaron colgadas nos balcóns da fachada principal do Concello de Verín como símbolo de sensibilización a toda a poboación fronte a violencia contra as mulleres e como mostra de apoio os/as familiares da vítima.
Continuemos entre todas as socias de FEMURO loitando para que non haxa máis violencia machista e se faga xustiza pola morte de Isabel.
NON A VIOLENCIA DE XÉNERO!!!
TODAS SOMOS ISABEL!!!

la voz de galicia
la región
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 01-06-2015 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTACION EN HOMENAXE A ISABEL FUENTES
O vindeiro día 29 de Maio celebrarase en Verín unha manifestación para condenar o caso de violencia de xénero onde desgraciadamente Isabel Fuentes perdeu a súa vida.

Isabel era socia da Asociación de Mulleres Rurais ?As Candelas? , polo que as súas compañeiras e os/as veciños/as de Pazos, así como os/as seus familiares acordaron rendirlle homenaxe facendo unha manifestación o dia 29 as 20:00 horas para condenar este primeiro caso de violencia machista en Galicia.

A manifestación discorrerá da súa vivenda de Pazos ata o Concello de Verín, un percorrido de menos de 3 kilometros.

Dende Femuro e as súas asociacións levarase unha pancarta reivindicativa para mostrar o noso apoio a familiares da vítima, veciños/as e compañeiras da asociación da que Isabel formaba parte. Polo que, vos animamos a todas a que participedes neste acto e difundades esta información entre os/as vosos/as coñecidos/as e veciños/as para que sexa unha manifestación multitudinaria e consigamos con actos coma este facer forza e erradicar a violencia de xénero para que non haxa unha vítima máis.

Tamén entregaremos lazos violetas como símbolo de loita contra a violencia de xénero, co fin de concienciar e sensibilizar a sociedade deste gran problema co que debemos implicarnos de forma activa.
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 27-05-2015 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
8 de MARZO
EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO 8 DE MARZO
Dende o pasado día 5 de Marzo e como un mais dos actos que enmarcan as actividades que FEMURO realiza para conmemorar a data(DÍA DA MULLER), estase a expoñer na Vila do Carballiño, na súa praza de Abastos, a exposición fotográfica "FIESTRAS".

Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 13-03-2013 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
ACTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 27-11-2012 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
ACTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Desenvolvemento do Acto contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
o día 23 de Novembro.

Concello de Verín e Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense

Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 27-11-2012 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Día Mundial do Alzheimer
Un ratiño para recordalos/las!!!

Cada 4 segundos unha persoa é diagnosticada con demencia, unha enfermidade progresiva a dexenerativa
O Alzheimer afecta cada vez a persoas mais novas, borra a memoria, deixa a folla en branco, pasa sen permiso.

Bicicleta, cuchara, manzana:



Arrugas:
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 21-09-2012 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0