FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE |
|
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:
.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.
Sede de FEMURO en Verín:
Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)
Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810
|
|

|
FEMURO |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL; 5, 6 e 7 de Novembro |
|

|
|
|
|
PLAN DE INCLUSIÓN 2009 |
|
A Federación Provincial de MM.RR de Ourense (FEMURO) organiza un Curso Teórico ? Práctico de Capacitación Profesional no Sector da Limpeza de 131 horas de duración. Esta actividade enmárcase no II Plan de Inclusión Social de Galicia e está subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar. O seu obxectivo principal é favorecer a inserción sociolaboral das persoas que se atopan en situación de desemprego e de discriminación ou vulnerabilidade debido a factores económicos, sociais ou persoais.
O curso celebrarase entre o 1 de outubro e o 31 de novembro na Casa da Música do Concello de Verín e nel participarán 15 persoas da Comarca de Monterrei, as cales adquirirán coñecementos específicos sobre ferramentas, produtos, técnicas e protocolos de limpeza, eliminación de lixo e residuos e prevención de riscos laborais. Así mesmo no seo desta formación as alumnas e alumnos recibirán formación específica sobre a Igualdade de Oportunidades e orientación laboral de cara a mellorar a súas oportunidades de empregabilidade.
Unha vez superada a parte teórica as persoas asistentes ao curso realizarán prácticas preprofesionais grazas a un convenio asinado entre FEMURO E SERALIA, empresa do sector responsable da limpeza de parte dos edificios públicos da Comarca.
A Federación ofertará paralelamente a esta acción formativa un Servizo de Conciliación da Vida Laboral e Familiar para que as/os participantes no curso que son coidadoras/es e teñen menores ao cargo poidan formarse igualmente.
|
|
|
|
CURSO MONITOR/A SOCIOCULTURAL EN VERÍN |
|

|
|
|
|
OBRADOIRO DE NOVAS MASCULINIDADES E FEMINIDADE |
|

|
|
|
|
OBRADOIRO DE NOVAS MASCULINIDADES E FEMINIDADE |
|
FEMURO PREMIO CAJA ESPAÑA
?OBRADOIROS DE NOVOS VALORES DE MASCULINIDADE E FEMINIDADE?
Na sociedade actual - pouco a pouco e non sen dificultades ? foi estendéndose unha cada vez maior conciencia colectiva preocupada pola eliminación de todo tipo de violencia contra as mulleres, a cal vulnera - con frecuencia brutalmente - o máis elemental dos Dereitos Humanos: o dereito de todas as persoas á vida e á integridade física e moral. Deste xeito, a violencia machista pasou progresivamente de ser un problema inscrito na esfera do privado para comezar a ser considerado un problema de índole social, un alarmante fenómeno ante o que a sociedade non pode quedar como silenciosa espectadora. Sen embargo, a pesares de existir unha maior visibilización desta problemática e do incremento da preocupación cidadá e política pola erradicación da mesma, observamos como de cotío xornais, radios e informativos televisivos amosan a permanencia da estremecedora realidade da violencia machista contra as mulleres, unha violencia que semella estar profundamente intricada na nosa sociedade, independentemente de grupos sociais, económicos ou culturais.
A violencia contra as mulleres ? nas súas diversas manifestacións ? é o resultado dunha maneira determinada de entender a condición masculina e feminina: as identidades masculina e feminina están social e historicamente construídas en base a relacións de dominación e subordinación, otorgando aos homes todo tipo de privilexios e beneficios materiais e simbólicos. É por isto necesario un replantexamento dos valores tradicionalmente masculinos e femininos que aínda hoxe en día están presentes na nosa sociedade, modificando toda unha serie de actitudes e condutas aprendidas ao longo da vida que poden desembocar na violencia contra as mulleres.
Neste sentido, desde FEMURO consideramos que a educación supón un verdadeiro investimento na prevención da violencia e no establecemento de relacións igualitarias entre mulleres e homes, razón pola que no presente ano puxemos en marcha ? gracias á financiación da Obra Social Caja España - un ?Obradoiro de novos valores de masculinidade e feminidade?.
Nesta experiencia - iniciada no mes de abril ? participan 40 rapaces e rapazas de entre 16 e 18 anos, procedentes de diferentes Institutos de Ensino Secundario do medio rural ourensá: o IES Xesús Taboada Chivite de Verín e o IES Abrente de Ribadavia. As sesións ? realizadas en horario lectivo ? seguen unha metodoloxía dinámica e participativa, baseada nos principios da pedagoxía popular, é dicir, no aprendizaxe a través da reflexión, o diálogo e a interacción colectiva entre os e as participantes. Desta forma, o que se busca é a creación dun sentido crítico que leve ás persoas a comprometerse e transformar a súa realidade.
No marco deste obradoiro estanse a traballar os seguintes contidos: a construcción social da feminidade e da masculinidade, o cuestionamiento dos estereotipos tradicionais de xénero e a indagación de novas identidades a prol dun novo sistema de relación entre mulleres e homes igualitario. En definitiva, a través deste proxecto FEMURO procura que a educación contribúa a que a mocidade sexa máis consciente dos procesos de construción social das identidades de xénero, reflexionando sobre o seu papel na creación dunha sociedade igualitaria e facendo fincapé en que este labor non é un asunto exclusivo das mulleres, senón que atinxe a ambos sexos por igual.
É necesario desenvolver accións que fomenten outras maneiras de entender e vivir a feminidade e a masculinidade, educando nunhas identidades libres que permitan o pleno desenvolvemento das propias aptitudes e capacidades máis alá do constreñimento que supón a imposición duns modelos masculino e feminino tradicionais: as nenas deben crecer libres do estereotipo da submisión e da dependencia (nin económica, nin emocional, nin sentimental), ao tempo que os nenos non deben quedar atrapados no estereotipo da autoridade e da independencia (ás veces tan sesgado y limitador).
|
|
|
|
CURSO DE ATENCIÓN A INFANCIA 2008 |
|
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) entregará hoxe, día 19 de maio, ás 17.30 horas, os diplomas correspondentes ao Curso de Atención á Infancia. Acción formativa de 200 horas de duración, celebrada en Verín entre o 22/09/2008 e o 14/11/2008, que estivo subvencionada polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e polo Fondo Social Europeo no marco das axudas dirixidas a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas destinados á promoción e á formación de mulleres.
Mª Teresa Cid Morales Presidenta de FEMURO entregou os diplomas as 13 alumnas participantes da Comarca de Monterrei, que superaron con éxito este curso que as capacita para traballar na atención de menores en domicilio, en actividades extraescolares, recreos, excursións e transporte escolar.
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense procura a través da promoción destes itinerarios formativos fomentar a inserción laboral feminina nos novos xacementos de emprego así como profesionalizar o ámbito dos coidados, ocupación tradicionalmente asignada ás mulleres e pouco recoñecidas socialmente por circunscribirse ao ámbito doméstico ou privado e ao non ter asignado valor económico; incentivando, deste xeito, a ruptura coa tradicional xerarquización de tarefas ou traballos e espazos atribuidos aos diferentes sexos para favorecer a igualdade real e de oportunidades entre mulleres e homes.
|
|
|
|
|
|
|
|
|