FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VIAXE FORA DAS NOSAS FRONTEIRAS(2012)


Visita a terras Asturianas 2012
Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 03-09-2012 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
DIA DO LIBRO
Dende Femuro Carballiño;

http://www.blogoteca.com/conectadas/
Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 23-04-2012 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE LECTURA DE FEMURO
O noso club de lectura segue en marcha. Estamos lendo o libro “Las vírgenes del Paraíso” de Bárbara Wood. Libro que nos transporta a Exipto e no que coñecemos a realidade da muller musulmá neste país ao longo de varias xeracións a traveso do século pasado.
Xa falamos moitas veces das enormes posibilidades que nos pode ofrecer un libro. Hoxe quero lembrar un texto escrito por Caballero Bonald sobre a lectura.

Ler, vivir:
O libro é un acompañante fiel e un confidente sempre disposto non xa a mostrarnos unha e outra vez a súa intimidade, senón a oírnos… Quen le vive máis, descobre outras vidas, nunca está só/a. Ler equivale a elexir unha aventura de múltiples compensacións imaxinativas. A súa variedade de sensacións e suxerencias contribúe a guiarnos polo camiño da liberdade. Incluso pode ser un bo antídoto contra calquera sombra de intolerancia. E se un libro non nos deixa algo, se non nos agrada e nos divirte, sempre quedará a opción de buscar outro. Ler non debe ser nunca unha obriga, unha imposición, senón a libre e persoal maneira de elexir esa compañía pracenteira que un libro pode proporcionarnos.

Animámosvos a todas a participar nesta aventura e lembrámosvos que nos xuntamos todos os últimos luns de cada mes ás 17: 15 no local de FEMURO.


Rosa
Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 19-04-2012 10:49
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 15-12-2011 17:52
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 15-03-2011 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
MULLERES DA RAIA, O MÉRCORES 27 NA CASA DA CULTURA DE VERÍN

Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 21-10-2010 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE LECTURA: Fin de curso
Efectivamente, chegamos ao final de curso, que non ao final da existencia do club de lectura de FEMURO. E facemos balance que, por suposto, é tremendamente positivo.
Como quen non quere a cousa ao longo do curso fomos lendo e comentando libros que nos aportaron novas historias, fantasías e realidades que pasan á nosa memoria e nos enriquecen.
Pero a aventura de ler non queda só en novas experiencias particulares; O club de lectura serviunos para xuntarnos, para crear lazos, para opinar, descubrir diferentes puntos de vista, discutir, aportar experiencias que viñeron á nosa mente a través das historias lidas nos libros.
Unha vez cada mes xuntámonos para compartir algo que todas temos en común: o gusto pola lectura, o pracer de ler, pero tamén o gusto de vernos, de recitar marabillosa mente poemas de Rosalía de Castro, de ver unha película, de avanzar nos afectos.
Foron moitos os libros que nos axudaron a pasar bos momentos e que nos serviron como pretexto para xuntarnos e falar.
O neno con pixama de raias, Cometas en el cielo, Memorias dun neno labrego, Follas Novas, Cartas de Inverno, Mil soles expléndidos, O lapis do carpinteiro, A perla, El guardián entre el centeno, El beso del Sahara… libros moi diferentes que nos ofreceron temas relacionados con distintas realidades: a problemática da muller afgana, os horrores da guerra, a vida doutras épocas no noso país coas que moitas nos identificamos, e moitos temas máis.
Grazas a todas, por participar nesta aventura, por aportar as vosas experiencias, por darme o voso cariño. Grazas por estar aí e por querer seguir compartindo comigo o entusiasmo pola lectura.
Despedímonos cun pouco de tristeza, pero coa alegría de que en setembro nos volveremos xuntar para retomar a actividade do club e vivir novas historias e compartilas.
Bo verán a todas e felices lecturas a todas.
Rosa de la Parra

Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 28-06-2010 19:25
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 04-02-2010 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE LECTURA. PRÓXIMAS LECTURAS “MIL SOLES ESPLÉNDIDOS” do autor afgano Khaled Hosseini e “TRISTES ARMAS “ de Marina Mayoral
Club de lectura

Seguimos a nosa andaina no club de lectura. Despois da pausa que fixemos no verán, por certo, pausa no que se refire a reunións, pero non para ler.

En novembro tivemos a última xuntanza; resultou interesantísima. O libro que comentamos foi “FOLLAS NOVAS” de Rosalía de Castro. Na anterior reunión prantexamos a posibilidade de recitar algún dos poemas, por suposto voluntariamente. Pois cal foi a miña sorpresa cando todas, sen excepción se puxeron a recitar os poemas de Rosalía. Que ben o fixeron! Con que sentimento! Foi realmente fermoso. E non só iso, incluso unha das participantes nos cantou unha canción dun poema de Rosalía. E que son encantadoras. A verdade é que o pasamos xenial, lendo e comentando os libros. En decembro xuntarémonos de novo. Por se algunha se anima a entrar no grupo comentaremos os libros “MIL SOLES ESPLÉNDIDOS” do autor afgano Khaled Hosseini e “TRISTES ARMAS “ de Marina Mayoral.
Rosa de la Parra
Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 21-11-2009 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
FALLO CONCURSO FOTOGRÁFICO:

Comentarios (1) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 29-10-2009 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas