FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:
.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.
Sede de FEMURO en Verín:
Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)
ORDE do 2 de abril de 2013 pola que se regulan as bases para a concesión das axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.
ORDE do 26 de marzo de 2013 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013.
Hoxe traballamos con moito xeitiño, para empregar a tecnoloxía, facendo un agasallo para pos papid, avos, Xosés, nunha data sinalada cun detalle dende o corazón dos peques que propuxeron a actividade
Empregamos:
Google e Word
Cortamos e pegamos
Insertamos Imaxenes
Bordes de páxina
Recordando a todos/as os que aportades o voso tempo e sapiencia para axudar a outros/as. Unha mostra de gratitude a todos/as os rapaces/rapazas que participaste no Conecta Xoven, no progrma Movete Natura, no coidado de cativos/as.
ORDE do 4 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras que
rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e
favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos, e se procede á súa
convocatoria.
FEMURO iniciou o 15 de decembro por segundo ano consecutivo, a ?Campaña Solidaria de Nadal?. Para elo, están establecidos carros da compra en dous supermercados colaboradores do municipio de Verín: Froiz e Gadis, os cales tamén nos mostraron o seu apoio na campaña anterior. Estos dous supermercados facilitáronos carros da compra nos seus establecementos, nos cales as persoas que o desexen poden colaborar deixando productos non perecederos, os cales irán destinados a persoas e familias con escasos recursos económicos da comarca de Verín. Está campaña, está tendo moi boa acollida, superando incluso a do ano pasado. É realmente alentador ver a gran solidaridade que está a amosar a xente, ao atoparnos cos carros cheos día tras día. Así mesmo, dende FEMURO, xa se comezou co reparto de lotes de alimentos básicos e incluso con productos navideños que deixa a xente, a persoas usuarias e familias máis desfavorecidas da Comarca de Verín.
Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto FEMURO Solidaria, un proxecto subvencionado pola Obra Social Caja España, que foi concedido a FEMURO para desenvolver durante todo o ano 2011 e cal ten como obxectivo dar unha resposta inmediata ás necesidades máis básicas dos colectivos máis vulnerables e en situación de desvantaxe social, á vez que establecer itinerarios de inserción sociolaboral para as persoas usuarias.