FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Atopados 2 vertedoiros incontrolados

2 de xuño: Alto Támega: pasando por Vilela e Tintores. 10.00 h-13.00 h.
Saída da Alameda, ruta camiño ao carón do río Tamega, chegamos á Pousa, seguimos camiño arriba ao carón do río, pasamos por Vilela e finalizamos no merendero de Tintores, onde se ofreceu un almorzo aos voluntarios/as (zumos, auga, coca-cola, ... ).

Atopámonos 2 tipos de residuos:

- Por unha banda, residuos dispersos ao longo de todo o camiño: botellas, latas e envases de plásticos. Cabe sinalar que o camiño estaba bastante limpo.
- Por outra banda atopámonos con 2 vertedoiros:
O primeiro na Pousa, ao lado dunha casa que está ao carón do río: os residous atopados foron: plásticos enterrados, latas grandes de envases, tuberias, rodas de coches e motos, un asiento de coche, caixa de cerveza, alambres, somier de colchóns. Este vertedeiro o limpamos completo, e o deixamos no camiño da Pousa, para que o recollera o Concello de Verín
O outro vertedoiro, atopámolo un pouco máis adiante, moi preto deste primeiro, e alí había: trozos grandes de cerámica, resto de material de construcción, básicamente. De este recollimos soamente unha parte,porque o resto necesitaríamos unha cortadora, para a maleza, xa que moito estaba enterrado entre os matorrais e árbores.

Máis adiante, ao carón do río atopámonos, un eixe completo de coche, enterrado.

Estos vertedoiros e obxectos que non puidemos retirar, poñerémolos, en coñecemento das entidades competentes, para que tomen as medidas oportunas.


Grazas a todas e todos os que nos axudástes nesta nova Ruta.

¡ Vémonos na próxima !
Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 07-06-2012 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
II ROTA ECOLÓXICA

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

Actividade gratuita
Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 29-05-2012 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
30 sacos de lixo na Atalaia
O pasado sábado 12 de maio, volvemos a retomar o proxecto “MÓVETE NATURA”, iniciado no 2010, baseado na limpeza e conservación da natureza na Comarca de Verín. Para elo levamos a cabo a 1ª ruta ecolóxica do 2012: Atalaia, na que participaron 10 persoas voluntarias, todas participantes xa no ano anterior, agás unha persoa nova que se uniu ao proxecto este ano.

Partimos ás 10.00 h. da mañá de San Lázaro e subimos camiñando por Monterrei ata chegar á Atalaia.
Sobre ás 10.30 h. comezamos as tarefas de recollida de residuos, nun espacio moi localizado. A limpeza, realizouse fundamentalmente ao longo das cunetas do camiño da Atalaia, que se atopaban cheas de botellas e vasos provintes do botellón do magosto. A cantidade de lixo que nos atopamos neste espacio é realmente preocupante, xa que o monte parece realmente un vertedoiro non controlado. Gracias ao esforzo das persoas voluntarias, limpiouse o camiño, no que se encheron sobre uns 30 sacos de lixo, que foron recollidos posteriormente polo Concello de Monterrei.

Pero quedamos asustados/as da cantidade de residuos agochados nos matorrais, ao ir introducíndonos cara o monte. Será necesaria unha segunda limpeza nesta zona.

Queremos lanzar unha mensaxe de coidado e respeto á nosa natureza. É realmente desolador observar o estado no que se atopan os nosos montes debido a irresponsabilidade humana.

Grazas a todas e todos por participar.

“Sexamos responsables, coida o teu, o Monte é de tod@s”

“Únete ao noso grupo na próxima ruta, día 26 de maio”

Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 15-05-2012 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
LIMPEZA DO NOSO MONTE ATALAIA

Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 08-05-2012 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 25-09-2011 17:31
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 26-05-2011 13:55
# Ligazón permanente a este artigo

FEMURO VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL
Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 05-05-2011 11:39
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 26-04-2011 08:21
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 23-03-2011 10:07
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 16-02-2011 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas