F E M U R O - Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense.


 RECOMENDADOS
Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense
CONTACTO:
988411390
femuro@terra.es










relojes web gratis



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES










LUDOTECA DE NADAL EN CARBALLIÑO NA AULA DE FEMURO


BLOG DE FEMURO EN CARBALLIÑO "CONECTADAS AO MUNDO"
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-12-2011 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CAMPAÑA SOLIDARIA DE NADAL EN SUPERMERCADOS

FEMURO iniciou o 15 de decembro por segundo ano consecutivo, a “Campaña Solidaria de Nadal”. Para elo, están establecidos carros da compra en dous supermercados colaboradores do municipio de Verín: Froiz e Gadis, os cales tamén nos mostraron o seu apoio na campaña anterior. Estos dous supermercados facilitáronos carros da compra nos seus establecementos, nos cales as persoas que o desexen poden colaborar deixando productos non perecederos, os cales irán destinados a persoas e familias con escasos recursos económicos da comarca de Verín. Está campaña, está tendo moi boa acollida, superando incluso a do ano pasado. É realmente alentador ver a gran solidaridade que está a amosar a xente, ao atoparnos cos carros cheos día tras día. Así mesmo, dende FEMURO, xa se comezou co reparto de lotes de alimentos básicos e incluso con productos navideños que deixa a xente, a persoas usuarias e familias máis desfavorecidas da Comarca de Verín.
Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto FEMURO Solidaria, un proxecto subvencionado pola Obra Social Caja España, que foi concedido a FEMURO para desenvolver durante todo o ano 2011 e cal ten como obxectivo dar unha resposta inmediata ás necesidades máis básicas dos colectivos máis vulnerables e en situación de desvantaxe social, á vez que establecer itinerarios de inserción sociolaboral para as persoas usuarias.


LIGAZÓNS:

SUPERMERCADO FROIZ

GADIS

OBRA SOCIAL CAJA ESPAÑA
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-12-2011 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 15-12-2011 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

GRADÚA A TÚA VISTA (CIM-FEMURO)
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-11-2011 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VII FORO DA IGUALDADE (5 e 6 de novembro de 2011)
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) organizou durante a fin de semana do 5 e 6 de novembro na Residencia de Tempo Libre de Panxón o VII Foro de Igualdade, no cal participaron 150 mulleres rurais pertencentes ás diferentes asociacións do ámbito rural ourensá.

Dna. Mª Teresa Cid Morales, Presidenta de FEMURO, inaugurou o acto e presentou a Dna. Purificación Álvarez Villamarín, pertencente a Unidade contra a violencia contra a muller de Ourense, que impartiu unha conferencia sobre “Muller rural e violencia”. A violencia de xénero ou violencia machista é unha lacra con moita presenza no medio rural, e pretendeuse, a través da conferencia coñecer cal é a situación real das mulleres que sofren violencia de xénero, resaltando cales poden ser as causas, e sobre todo que poden facer fronte a ésta, e como a través das asociacións podemos axudar a mulleres que sofren esta violencia a mans das súas parellas ou familiares varóns.

Tras rematar a ponencia de Dna. Purificación, as mulleres participaron nunha rolda de preguntas que creou un debate moi participativo, onde puxeron de manifesto as súas inquedanzas e pensamentos, algunhas mesmo deron lugar a emotivas exposicións por parte de mulleres que viviron moi perto situacións de maltrato sexista.

Tras rematar a conferencia, as técnicas de FEMURO dirixiron unhas dinámicas grupais onde non só nos divertimos moitísimo, senón que nos achegamos entre nós, fortalecendo os lazos afectivos que unen as mulleres que forman parte deste tecido asociativo tan importante e tan implicado na problemática das mulleres no medio rural como as asociacións de mulleres rurais da provincia de Ourense.

Como nota festiva da fin de semana, tras unha longa e dura deliberación por parte do “profesional” xurado do concurso “MULLER, TI SI QUE VALES!!!” repartíronse os premios á mellor canción, ao mellor baile e inclusive á mellor interpretación... non paramos de rir e de pasalo ben toda a noite, disfrutando tamén dos produtos caseiros que cada asociación compartiu na velada nocturna.

Coma remate a unha fin de semana no que as participantes traballaron a reo, a compañía teatral “A ZARABANDA” fíxonos rir, reflexionar, e case chorar a través da súa representación “XENITAIS” unha obra transgresora que, tendo como fondo a violencia sexista que sofremos as mulleres o longo destas últimas décadas, trasladounos a situacións que moitas mulleres das presentes recordan como demasiado cercanas, transmitindo a súa vez un pulo de enerxía positiva que tanta falta fai nestes tempos que corren.

Tras o rotundo éxito desta fin de semana, podemos dicir que o Foro da Igualdade continúa medrando, incorporando o traballo de novas temáticas e convocando cada vez máis asociacións, que se senten atraidas e implicadas por temas tan importantes como o que envolveu esta nova edición do FORO. Moitas grazas a todas as presentes por participar.
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 17-11-2011 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 16-11-2011 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

MAIS INFORMACIÓN NO:
Camiño Vello de Sousas 26, 32600 VERÍN, Ourense
femuro@terra.es
988411390
Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 17-10-2011 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
DIA DA MULLER RURAL, ESTE ANO EN ALLARIZ
NOVA DA XUNTANZA NA WEB DO CONCELLO DE ALLARIZ


NOVA NA VOZ DE GALICIA
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 10-10-2011 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A LUDOTECA DO VERÁN E ENCONTRO CULTURAL NO CARBALLIÑO
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-10-2011 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 25-09-2011 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas