Os Felos


Os Felos da Bisbarra de Maceda

O meu perfil
felosdemaceda@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia Entroido 2015
Galicia Entroido 2015A cidade vella de Santiago de Compostela acolle o sábado 24 de xaneiro de 2015 a celebración de 'Galicia Entroido', exaltación dos Entroidos Galegos que encherá as rúas e a Praza do Obradoiro con toda a vistosidade das distintas tradicións. O obxectivo desta iniciativa é difundir a gran riqueza cultural e etnográfica das comarcas e vilas galegas, á vez que se dinamiza culturalmente a cidade de Santiago.

Entroidos Participantes:

- Entroido de Maceda (Ourense)

- Entroido de Cobres (Vilaboa. Pontevedra)
- Entroido de Lourenzá (Lugo)
- Entroido de Pobra do Brollón (Lugo)
- Entroido de Chantada (Lugo)
- Entroido de Xinzo de Limia (Ourense)
- Entroido de Manzaneda (Ourense)
- Entroidos de Portas de Galicia (Verín, Laza, Viana do Bolo, Cualedro, Riós e Vilariño de Conso. Ourense)
- Entroido da Ulla – Entroido dos Xenerais (Boqueixón, Teo, Touro, Santiago de Compostela, Vedra, Vila de Cruces, Silleda e A Estrada. A Coruña - Pontevedra)

O programa previsto para esta xornada, que pode modificarse en caso de choiva, arrincará ás 11.00 h. da mañá cun percorrido dos distintos grupos polas rúas da zona vella de Santiago, e culminará na Praza do Obradoiro, onde cada un deles levará a cabo unha actuación representativa da súa tradición. O acto prolongarase ata as 14.30 h.

Programa:

12.00 hrs.: Saída do dos Felos dende a praza Cruceiro de San Pedro e pasando pola Rúa de San Pedro, Porta do Camiño, Rúa Casas Reais, Rúa Ánimas, Praza de Cervantes, Rúa Acibechería, Praza da Inmaculada, Arco do Pazo de Xelmirez e Praza do Obradoiro.
12.30 hrs.: Chegada dó desfile a Praza do Obradoiro
13.00 hrs.: ós sete grupos sairán xuntos da Praza do Obradoiro e desfilarán durante 1 hora polas rúas do casco histórico de Santiago de Compostela, pasando por: Rúa de Fonseca, Rúa do Villar, Praza do Toural, Rúa Nova, Rúa de Xelmirez, Praza das Praterías, Rúa de Fonseca e Praza do Obradoiro.
14.00 hrs.: Fin del acto
Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 13-03-2015 05:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal