Os Felos


Os Felos da Bisbarra de Maceda

O meu perfil
felosdemaceda@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fotografía, gastronomía e música en Maceda
exposicion felos pantallas vergalleirosO 5 de abril de 2014 ás 20 h. no hotel monumento Castelo de Maceda inaugurase a exposición fotográfica da fotografa Rita Blanco Fernández que baixo o nome “Xungir non é esmorecer, senón medrar” presenta unha colección de imaxes baseadas nas figuras dos entroidos de Maceda, Xinzo de Limia e Sarreaus como protagonistas, Felos, Pantallas e Vergalleiros inteactuando entre si e apostando pola unidade dentro da diversidade do Entroido ourensán. Esta exposición estará visitable no Castelo de Maceda desde o día 5 ata o día 13 de abril. Como complemento das fotografias atoparanse expostos tamén un traxe e unha máscara de cada un de estes persoaxes.

Esta exposición esta apoiada pola Asociación Felos da Corga da Serra de Maceda. A sua autora, Rita Blanco Fernandez combina nesta recopilación de mais de trinta imaxes dúas das suas paixons por un lado a sua afición a fotografía como reportaxe a fin de captar esceas non estaticas, buscando a descripción do movemento como sinatura caracteristica e a súa outra paixon os entroidos destacando o colorismo e a beleza de formas tanto nas máscaras como nos traxes de estas figuras do Entroido.

A continuación da inauguración da exposición e dentro da terceira edición das xornadas de Fado e Gastronomía que se levan a cabo no Castelo terá lugar a cea elaborada polo cociñeiro e xerente do Castelo, Carlos Parra e para rematar a xornada a actuación da fadista María do Ceo.

Programa:

20 h. Inauguración da exposición “Xungir non é esmorecer, senón medrar”
21:30 h. Cea
23:30 h. Actuación da fadista María do Ceo.

Para reserva para a cea ou máis información: info@hotelcastillodemaceda.com Telf. 988463367
Web Castelo de Maceda
Blog sobre os Felos
Comentarios (0) - Categoría: 01.- Xeral - Publicado o 31-03-2014 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
2009 Exposición de trajes de carnaval en supermercado Aquié



Comentarios (0) - Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 27-03-2014 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Ano 2014
Comentarios (0) - Categoría: 08.- Videoteca - Publicado o 18-03-2014 06:28
# Ligazón permanente a este artigo
2.014
Montaxes de fotos por particulares:





Este video foi subido este ano pero de que ano é?

Comentarios (0) - Categoría: 08.- Videoteca - Publicado o 18-03-2014 06:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal