Os Felos


Os Felos da Bisbarra de Maceda

O meu perfil
felosdemaceda@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia para el Mundo 1997
Programa de TVE en Galicia para a TVE internacional e a TVE2, Galicia para el mundo emitido o día 25/1/1997 cós Felos, Xulio Aldemira de alcalde de Maceda, a Coral Albricias, Manuel Gonzalez desde a Diligencia facendo un bo cocido, Jose Rivero membro da asociación de Felos dende o Castelo, Benito Gandara e a ceramica, Jesus Blanco albardeiro, Dolores Perez de Tecnico de Turismo do Concello, Jose Ramon Prol da asociación de comerciantes e música desde a discoteca Zeppelin con Piñon Fixo.


Categoría: 08.- Videoteca - Publicado o 20-02-2014 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido Maceda 2014
Cartel Entroido Maceda 2014PROGRAMA:

Venres 21 febreiro
Compadres Maceda 2014
Ás 20:30 h “Pregón” e “Foguetazo” na Praza das Toldas.
Ás 21:30 h. Sorteo de agasallos e 1ª edición do porco untado na Aira das Mantas.

Ruta de Pinchos cun prezo de 5 euros, 8 pinchos sen bebida, de agasallo un pano e con dereito ó sorteo.

27 de febreiro
Xoves de Comadres Maceda 2014
Saída do concello ás 20 h, cea no restaurante a Diligencia con animación musical. Prezo 12 euros. Incribirse na oficina de cultura do Concello (telf 988 463001)

1 e 2 de marzo
Sábado e domingo de Entroido
Percorrido dos Felos polos pobos da Serra:

Sábado saida ás 9:30 h. Na Praza das Toldas

Pola mañá recorrerán Castro de Escuadro, Pías, Xinzo da Costa, Celeiron saindo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, Tioira e regreso a Maceda. 20:30 h recibimento dos felos, desfile por Maceda e animación musical na Praza das Toldas dende as 20.30 h.

Domingo saída dende Restaurante A Diligencia ás 10 h

3 de marzo
Lúns de Entroido
Festa infantil a partires das 17 h no pavillón municipal de deportes

4 de marzo
Martes de Entroido
Dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Animación musical e ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, grupos (1º 100 €, 2º 50 €, 3º 30 €) Grupos de máis de 5 participantes (1º 160 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €, 4º 100 €)

5 de marzo
Enterro do Entroido
Ás 20 h na praza das Toldas.
Blog Felos de Maceda
Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 13-02-2014 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
INFORMACIÓN XERAL
Recopilamos uns artigos para presentar a figura do Felo dividindose nos seguintes artigos:

Felos, Orixe
Felos, historia recente
Felos o Rexurdimento
Felos Actualidade
Máscara Felo
Traxe
Categoría: 01.- Xeral - Publicado o 13-02-2014 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Felo, Orixe
A súa orixe áchase no corazón do San Mamede entre corgas, penedos, ríos e covas. No Val do Medo houbo grupos tribais, sociedades de máscaras, megalitismo e cultos zoolátricos.

A orixe da máscara remóntana algunhas fontes ás festas pagás da Protohistoria: sociedades tribais, totems, feitizos de fecundidade e caza, ritos de iniciación. Outras déixano nas hedonistas da Roma Imperial ca demografía castrexa e a Vía Nova. Os medievalistas, na época dos bufóns e dos impostos feudais arredor dos castelos. Reminiscencias precristiáns; culto ó viño e ó pracer; connotacións sociais e relixiosas do medievo. Entre todas -intuímos- modelaron o fenómeno.

O termo Felo ten difícil interpretación. É sinónimo de máscara. Semanticamente a verba xermánica (fillon) indica que pode azoutar. Felón e felonía vinculase coa rebelión do vasalo contra os condes de Maceda ben instalados no seu castelo fortificado desde o século XII. No medievo Maceda asentou bastión fortificado e, coa concesión da feira no ano 1401, despregou o burgo. Logo veu a revolta irmandiña e a rebelión dos vasalos. No enigma dos felos áchanse esas reminiscencias.

Porén, amosa masculinización do feminino e mitra faunística da nosa serra. Co caxato como arma erótica e intimidatoria, a máscara semella transgresora con autoridade, inmunidade e poder de persuasión. Antano as parellas de felos aparecían mesmo ao lumbrigar o ano con desprazamentos a pé, trouleo nos asentamentos e faldreo coas mulleres, nun xogo lúbrico e cómplice co caxato. Acougaban nas palleiras ós solteiros con rexouba, anarquía e espírito ceibe. Hogano o sábado de Entroido reflicten poder de convocatoria.
O batallón de Felos vai dende al aldea de Castro de Escuadro con percorridos polo cordal do San Mamede e asentamentos do Val do Medo. Sempre benvidos nas aldeas e nos lugares amosan brincadeiras, boureo e confraternidade até o solpor.
Categoría: 01.- Xeral - Publicado o 13-02-2014 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
PRENSA
Noticias sobre los Felos MacedaEstamos a recopilar a presencia que tiveron e teñen os Felos nos medios de comunicación.

Eiqui tes os dossieres de prensa que estamos a elaborar.

Dossier 2013
Dossier 2012
Dossier 2011
Dossier 2010
Dossier 2009
Dossier 2008
Dossier 2007
Dossier 2006
Dossier 2005
Dossier 2004
Dossier 2003
Dossier 2002
Dossier 2001
Dossier 2000
Dossier 1999

Si tes algunha nova publicada sobre os Felos e non aparece eiqui agradecemosche que no la fagas chegar o noso enderezo: felosdemaceda@gmail.com
Categoría: 03.- Prensa - Publicado o 13-02-2014 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
PUBLICACIÓNS SOBRE FELOS
Estamos tamén a recopilar todo o material publicado que teña que ver cos Felos directamente, ben exclusivo ou ben en publicacións dedicadas as festas ou concretamente ao entroido e que teña algún apartado concreto referido os Felos.

Iremos incluindo os que se vaian publicando pero ata o momento atopamos as seguintes referencias:

Felotextos

"Entroidos da Provincia"

“Carnavales de Galicia”

“O Carnaval en Galicia”

“As caras do Entroido Ourensán”

“Os Felos de Maceda”

O Ciclo do Entroido

A Máscara Iberica
Categoría: 04.- Publicacións - Publicado o 13-02-2014 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
ARQUIVO FOTOGRÁFICO
Recopilación de fotografías sobre o tema dos Felos, a súa historia, etc, ordeadas nas galerías seguintes:

01.- FELO
02.- TRAXE
03.- MÁSCARAS
04.- NENOS
05.- FOTOS ANTIGAS
06.- TRAXE ANTIGO
07.- TRAXES DE CASTRO
08.- FACENDO O TRAXE
09.- O ARTE DE VESTIRSE
10.- CARTELES
11.- ANOS 80
12.- ANOS 90
13.- ANO 2000
14.- ANO 2001
15.- ANO 2002
16.- ANO 2003
17.- ANO 2004
18.- ANO 2005
19.- ANO 2006
20.- ANO 2007
21.- ANO 2008
22.- ANO 2009
23.- ANO 2010
24.- ANO 2011
25.- ANO 2012
26.- ANO 2013


27.- ANO 2014
Categoría: 05.- Arquivo fotográfico - Publicado o 13-02-2014 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
FELOS DE CASTRO
Os domingos pola mañan reunense os felos da serra de Castro, Escuadro, Pias, Paioso, Barxela, Xinzo da Costa, etc... Case sempre son homes . Saen da Dilixencia e vistense eli van percorendo a serra:
Castro, Pias, Escuadro, Santirso, Xinzo, Carguizoy,
Sarreaus, Maceda.
ë uha pequena recopilacion de fotos que esperamos vaia medrando coa participacion de todos.

Percorrido dos Felos de Castro ano 2008
Percorrido dos Felos de Castro ano 2009
Percorrido dos Felos de Castro ano 2011
Percorrido dos Felos de Castro ano 2012
Percorrido dos Felos de Castro ano 2013

AGRADECEMENTOS A SUSANA PARENTE POR AS FOTOS DE CASTRO.
Categoría: 06.- Percorido dos Felos de Castro - Publicado o 13-02-2014 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
DESFILE MARTES EN MACEDA
Despois do sabado e do domingo, o desfile do martes é un día importante en Maceda.
Abren o desfile os felos e despois van participando as carrozas e comparsas.

Desfile ano 2003
Desfile ano 2004
Desfile ano 2005
Desfile ano 2006
Desfile ano 2007
Desfile ano 2008
Desfile ano 2009
Desfile ano 2010
Desfile ano 2011
Desfile ano 2012
Desfile ano 2013
Categoría: 07.- Desfile Martes de Entroido en Maceda - Publicado o 13-02-2014 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOTECA
videos felos macedaRecopilación de material videográfico:

A Terra do Millo de Patxi Bisquert
O Semanal, TVG o día 25 de Febreiro de 1995
Felos de Maceda
Galicia para el Mundo, 25/01/1997
carnaval de maceda 2010
CARNAVALES MACEDA
Entroido 2012. Felos en Maceda
FELOS DA CORGA DA SERRA (MACEDA)
Entroido
Programa 87: Láncara
Programa 88: Maceda
As figuras do Entroido da Limia animan a Festa da Primavera en Murcia
A tarde do día: 12/02/2013
A tarde do día: 12/02/2013
Os felos anuncian a chegada do Entroido polas aldeas
Os Felos de Maceda anuncian o comezo do Entroido
Os felos percorren as aldeas de Maceda
Os felos animan o Entroido en Maceda
Categoría: 08.- Videoteca - Publicado o 13-02-2014 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
CONTACTO
Si queres porte en contacto con nós podes enviar un correo o noso enderezo electrónico:

felosdemaceda@gmail.com ou podes cubrir o formulario que atopas debaixo de este texto. Non esquezas por os teus datos e sobre todo o teu correo electrónico ou forma de contacto para que podamos contestarche.
Comentarios (0) - Categoría: 09.- Contacto - Publicado o 13-02-2014 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
TEUS COMENTARIOS
comentarios felos macedaEste é o teu espazo onde podes deixar as suxerencias, comentarios ou apartacións públicas o espazo sobre o Felo.
Comentarios (3) - Categoría: 09.- Contacto - Publicado o 13-02-2014 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal