Os Felos


Os Felos da Bisbarra de Maceda

O meu perfil
felosdemaceda@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Felo.historia recente
Denantes da II República saían os Felos illadamente ó comezo do ano dende as aldeas do val e da Serra. Logo instauraron o Domingo Fareleiro (enfouzaban con farelos ós viandantes), o Domingo Corredoiro (tinguían á xente cunha bola de ferruxe dos potes e tinta dunha barreira) e o Sábado, Domingo e Martes de Entroido. Dezasete días de transmutación de valores na bisbarra de Maceda onde a gastronomía tamén conta: O Domingo de Entroido, cachucha, rabo, unllas, chourizos, grelos, garavanzos, patacas e tintos espesos do país, preferentemente en xerras e cuncas de barro de Tioira ou Niñodaguia. O Martes, cabrito ó forno con patacas. De postre orellas ou filloas con mel.

Pululaban os Felos a pé divertíndose de aldea en aldea. O son provocativo das chocas disuadía ós lobos nas perigosas noites de invernía. Logo invadían a vila e non se afastaban da zona. Bebían ovos con viño para soportar o inmenso desgaste físico. Non pedían diñeiro. Tampouco destapaban a carauta diante da xente. Perseguían ós que se metían con eles. A mulleres chacoteábanos. Faldriqueaban con elas co caiado nun flirteo cómplice xeralmente admitido. Lucían traxe os solteiros. Algúns pasaban máis dunha semana disfrazados día e noite polas aldeas. Durmían nas palleiras. Só demandaban comida e bebida nas casas para continuar o trouleo.

Son esencialmente anárquicos e rebeldes, A diferenza dos 'cigarróns' e 'peliqueiros', o 'felo' Non pide diñeiro. "Vivían do que lle daban e durmían onde podían".

A máscara -de sorriso retranqueiro- representa a virilidade máis fidedigna. O Felo da medo. Pódeselle insultar. Endexamais tocar nin tentar sacarlle a carauta. Transgrede as normas. É a autoridade nestas datas.

Seu espírito anárquico e rebelde foise modificando e a soidade do Felo transformouse en grupos de felos, nos anos oitenta incorporáronse os cativos e as mulleres. Nestas datas a confusión sobre o espírito do Felo fixo que algúns grupos colocábanse nas entradas ou nas rúas de Maceda intimidando os coches e pedindo cartos, descobren o rostro, e desvirtuaban o sentir Felo.

Agora entre os esforzo do Concello e as ganas e dedicación de moitos particulares estase a recuperar de novo, estudando e depurando o que ser Felo significa e coidando a figura do Felo.

Antiguamente, solían salir por primera vez el 1 de enero, a las doce de la noche, para anunciar el año nuevo, una tradición que se ha ido perdiendo,
Categoría: 01.- Xeral - Publicado o 23-01-2014 02:04
# Ligazón permanente a este artigo
Felo, o rexurdimento
A data de orixe da festa non esta clara, temos constancia documental e fotográfica dun traxe que data do ano 1890 polo que levan recorrendo camiños mínimo 120 anos, como explicamos a continuación tivo unha época de recesión sendo moi febre a presenza do Felo volvendo outra vez con forza nos anos 80, sendo a partir de esta data cando se comeza a traballar dende talleres nos colexios, promoción en prensa, inclusión dos homes casados e de mulleres e nenos que ata eses anos vestirse de Felo era exclusivo dos homes solteiros, talleres de elaboración do traxe, etc.

Na actualidade, son moitos os felos que recorren as distintas aldeas, este ano no recorrido do sábado pasaban de 120 felos, e detrás de eles unha nube de reporteiros e diante a xente de todas estas aldeas recibíndoos con todo tipo de larpeiradas, licores, e produtos típicos da nosa zona.

Onde chegan a festa esta asegurada e o soar das chocas avisa dende lonxe que esta preta a súa chegada e todos sen distinción de idade disfrutan da presenza do Felo.
Categoría: 01.- Xeral - Publicado o 23-01-2014 02:04
# Ligazón permanente a este artigo
Felo, actualidade
O “fenómeno” Felo na actualidade esta nun momento de apoxeo, a pesar dos distintos puntos de vista os distintos colectivos están convencidos da importancia do felo, e son moitos os que se recoñecen como felos.

Aínda que podes atopar os Felos nas aldeas da Serra de Maceda ou na vila durante as semanas do calendario do Entroido o acto maioritario levase a cabo o sábado de Entroido onde despois de reunirse na Praza das Toldas de Maceda sobre as 9:30 h parten a facer un percorrido pola parte alta da Serra visitando Castro de Escuadro, Pías, Xinzo da Costa, Celeiron, Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira. Despois regresarán a Maceda novamente para facer un desfile sobre ás 20:30 h. O domingo saíndo tamén de Maceda recorrerán Castro de Escuadro. E por último abrirán o desfile urbano de disfraces do martes de Entroido saíndo dende a rúa das Canteiras sobre ás 17 h.

Na actualidade sen perder a condición natural da Serra como dominio absoluto dos Felos, a realidade e que pobos que tiñan moita xente e que recibían os felos emocionados agora non quedan mais que tres ou catro veciños. O “exercito” de Felos segue a recorrer as aldeas da serra onde son moi ben recibidos e o medo de tempos pasados torna nun felo amable que xoga ca xente, abraza os veciños, levántalle a saia para sofaldrear as mulleres e os veciños responden con licor café, bica, roscón e todo tipo de viandas. A pesar de isto o Felo baixa a Maceda e percorre a vila nestes novos tempos.
Aínda que menos coñecido que o triángulo máxico (Laza-Verín.Xinzo) o Entroido de Maceda esperta o interese de investigadores e medios de comunicación crecente ano a ano. Tamén a enorme presenza de nenos e as labores de difusión do Concello e particulares parecen garantir o seu futuro.

Versos de poetas estranxeiros para darlle pulo á máscara local de Maceda
A máscara típica de Maceda esperta interese fora da vila, fora de Galicia. Emilio Arauxo, escritor, dono do selo editorial Amastra-N-Gallar, leva publicados máis de corenta felotextos con poetas de medio mundo.

Son formas de promocionar o Entroido local aproveitando a suxerencia da súa máscara por excelencia. Isto do Entroido na literatura, como na arte, lévanos ata as obras escritas medievais para achegarse aos nosos días, pasando por Cervantes, Goya e Valle Inclán. As artes poden con todo, canto máis co Entroido e o que significa.
Categoría: 01.- Xeral - Publicado o 23-01-2014 02:04
# Ligazón permanente a este artigo
Felo, máscara
Máscara de xesto autoritario e sorriso socarrón, coroada pola ilustración dun animal ou ave rapaz representativa da serra de San Mamede.

Elaboración: En Couzada de Maceda, Felipe López González dedica o seu tempo a facer a careta do felo. Leva desde o ano 1997 con estas tarefas e ven facendo unhas vinte máscaras cada ano de media, son encargos dos propios felos para lucir o seu traxe e a máscara no Entroido e tamén algún encargo de caretas para decoración. O prezo da careta coa mitra sen pintar ronda os 120 euros. Emprega madeira de cerdeira. Corta o tronco, debuxa o perfil e nunhas dez horas ten a careta tallada e rematada.
Aínda que vai innovando a imaxe do felo non cambia, e fiel a tradición. A mitra actualmente píntase con animais propios da Serra de San Mamede aínda que podemos atopar mitras “atípicas” afastadas de esta tradición cada vez abundan menos.

En Maceda hai varias persoas que o fan. Os coloretes locen sempre na careta, que a Felipe López gústalle pálida, con expresión menos agresiva.
Categoría: 01.- Xeral - Publicado o 23-01-2014 02:04
# Ligazón permanente a este artigo
Felo, traxe
O Felo de Maceda asemellase -aínda que con elementos externos diferenciados- coa indumentaria convencional dos Peliqueiros de Laza e os Cigarróns de Verín e caracterízase por ter unha figura "máis primitiva e masculinizada"

As máscaras son talladas en madeira, o traxe é o símbolo da virilidade máis exacerbada: camisa branca, gravata, chaquetilla similar á dos toreros con galones dourados, hombreras con charretas de militar, medias negras, calcetíns de lá brancos, pololos, ringleiras de borlas de distintas cores, unha colcha con freques claros ao redor da cintura para amortiguar os golpes das cinco chocas, o ruído das chocas como elemento para espantar a lobos e malos espíritos, utiliza botas, a causa do frío, coares varios, o bastón na man, que usa de forma intimidatoria e careta de madeira cocida tallada e lata pintada con figuras de animais ou aves rapaces propios da Serra de San Mamede, rabo de raposo non alto dá mitra.

En canto á chaquetilla, crese que os atuendos son os mesmos que utilizaron os soldados na batalla de Napoleón e nas guerras Carlistas, e que se estenderon a outras localidades. "Está documentado que 500 soldados deixaron unhas 40 chaquetas en Castro de Escuadro" na terceira Guerra Carlista, e que "perduraron ata a actualidade.
Categoría: 01.- Xeral - Publicado o 23-01-2014 02:04
# Ligazón permanente a este artigo
Bitácora sobre os Felos
blog felos maceda08/03/2013
En marzo do ano 2013 crease unha bitácora co Felo como elemento clave para ir recopiando todo tipo de información sobre Os Felos e promocionar esta figura a través de internet. Este proceso dura 9 meses dando como resultado http://www.blogoteca.com/felosdemaceda.

En maio do ano 2013 comeza a recopiase toda a información dispoñible en medios de comunicación centrándose nos últimos quince días en xornais, tanto tradicionais como dixitais.

En xuño do ano 2013 búscanse fotos antigas e dos anos 80, 90 e concretamente ano por ano dende o ano 2000 ata 2013.

En xullo do ano 2013 faise unha búsquea de información de onde hai traxes antigos e fanse fotos intentando datar os mesmos e facendo un pequeno estudo dos mesmos.

En agosto do ano 2013 búscanse libros e publicacións que fagan referencia os Felos.

En setembro do ano 2013 recópianse información sobre as actividades nas que tivo presenza o Felo feitas nos últimos 15 anos
Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 23-01-2014 02:02
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición de Anxo Pastor
La Concejalía de Cultura del Ayuntamiento de Maceda, organizan una exposición de ilustraciones originales "O Felo sin fin", del autor Anxo Pastor.

Dicha exposición estará abierta al público a partir del 4 de febrero hasta el 28 de febrero de 2010, ambos inclusive.

Lugar:
Castillo de Maceda

Horario de la exposición:
10:00 - 20:30 horas, de lunes a viernes, excepto el martes, por descanso de persoal.
Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 23-01-2014 02:01
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición de Emilio Arauxo
01/01/2010
Emilio Araúxo leva a figura do Felo ata Marsella onde organiza no ano 2011 unha exposición de retratos e poemas ca figura do Felo como protagonista principal.
Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 23-01-2014 02:00
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Artesán Mascara
01/01/2009
No ano 2009 un concurso entre os artesáns que elaboran máscaras para comprar unha carauta para a Asociación dedicada a prestala para todo tipo de actos promocionais.
Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 23-01-2014 01:58
# Ligazón permanente a este artigo
A Terra do Millo
01/01/2008
Dirixida polo actor vasco Patxi Bisquert e desenvólvese polas terras de Maceda. Coa escusa de amosar o mundo dos felos, fálanos de todo un mundo rural no que diversos poemas acomódanse, axéitanse aos feitos, á vida e á paisaxe de toda a serra de San Mamede, baixo a batuta da portentosa voz en off de Óscar Rodríguez.

Bisquert monta unhas imaxes poderosas cheas de sentimentalismo para este cronista e nas que a marabillosa música do rapaz de Castro Caldelas, Pablo Devigo, acompaña en cada verso e en cada feito histórico acontecido encol do castelo de Maceda. O espectador vese transportado a esa néboa que, ás veces, sobe e, ás veces, baixa da serra; así como percorre os camiños tralos pasos do felo que vai na procura doutros compañeiros ou doutros veciños para ensinarlles a lei deses animais aos que representan nas súas carautas.
Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 23-01-2014 01:56
# Ligazón permanente a este artigo
Museo Liste en Vigo
museo liste vigo mascara felo01/01/2008
O Museo Liste de Vigo en colaboración co Concello de Vigo e a Xunta de Galicia dentro da programación outubro-decembro 2008 do museo organiza unha exposición de “Máscara ritual en Galicia” aberta do 2 de agosto ao 30 de novembro de 2008 na que acolle unha mostra de máscaras rituais de Galicia, que encerran unha compoñente máxico ancestral: visión de deuses pagáns, ritos de fertilidade, maxia da caza... portadoras do poder de transformación, que gardan o engado da tradición e o misterio da súa orixe e está presente o Felo e a súa máscara.
Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 23-01-2014 01:56
# Ligazón permanente a este artigo
23 retratos de Emilio Araúxo
17/02/2007
A editorial non venal Amastra-n-gallar publica os traballos de cinco poetas sobre unha serie fotográfica de Emilio Araúxo arredor dos felos de Maceda
Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 23-01-2014 01:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal