Os Felos


Os Felos da Bisbarra de Maceda

O meu perfil
felosdemaceda@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Felo, Orixe
A súa orixe áchase no corazón do San Mamede entre corgas, penedos, ríos e covas. No Val do Medo houbo grupos tribais, sociedades de máscaras, megalitismo e cultos zoolátricos.

A orixe da máscara remóntana algunhas fontes ás festas pagás da Protohistoria: sociedades tribais, totems, feitizos de fecundidade e caza, ritos de iniciación. Outras déixano nas hedonistas da Roma Imperial ca demografía castrexa e a Vía Nova. Os medievalistas, na época dos bufóns e dos impostos feudais arredor dos castelos. Reminiscencias precristiáns; culto ó viño e ó pracer; connotacións sociais e relixiosas do medievo. Entre todas -intuímos- modelaron o fenómeno.

O termo Felo ten difícil interpretación. É sinónimo de máscara. Semanticamente a verba xermánica (fillon) indica que pode azoutar. Felón e felonía vinculase coa rebelión do vasalo contra os condes de Maceda ben instalados no seu castelo fortificado desde o século XII. No medievo Maceda asentou bastión fortificado e, coa concesión da feira no ano 1401, despregou o burgo. Logo veu a revolta irmandiña e a rebelión dos vasalos. No enigma dos felos áchanse esas reminiscencias.

Porén, amosa masculinización do feminino e mitra faunística da nosa serra. Co caxato como arma erótica e intimidatoria, a máscara semella transgresora con autoridade, inmunidade e poder de persuasión. Antano as parellas de felos aparecían mesmo ao lumbrigar o ano con desprazamentos a pé, trouleo nos asentamentos e faldreo coas mulleres, nun xogo lúbrico e cómplice co caxato. Acougaban nas palleiras ós solteiros con rexouba, anarquía e espírito ceibe. Hogano o sábado de Entroido reflicten poder de convocatoria.
O batallón de Felos vai dende al aldea de Castro de Escuadro con percorridos polo cordal do San Mamede e asentamentos do Val do Medo. Sempre benvidos nas aldeas e nos lugares amosan brincadeiras, boureo e confraternidade até o solpor.
Categoría: 01.- Xeral - Publicado o 13-02-2014 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal