Os Felos


Os Felos da Bisbarra de Maceda

O meu perfil
felosdemaceda@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia Entroido 2015
Galicia Entroido 2015A cidade vella de Santiago de Compostela acolle o sábado 24 de xaneiro de 2015 a celebración de 'Galicia Entroido', exaltación dos Entroidos Galegos que encherá as rúas e a Praza do Obradoiro con toda a vistosidade das distintas tradicións. O obxectivo desta iniciativa é difundir a gran riqueza cultural e etnográfica das comarcas e vilas galegas, á vez que se dinamiza culturalmente a cidade de Santiago.

Entroidos Participantes:

- Entroido de Maceda (Ourense)

- Entroido de Cobres (Vilaboa. Pontevedra)
- Entroido de Lourenzá (Lugo)
- Entroido de Pobra do Brollón (Lugo)
- Entroido de Chantada (Lugo)
- Entroido de Xinzo de Limia (Ourense)
- Entroido de Manzaneda (Ourense)
- Entroidos de Portas de Galicia (Verín, Laza, Viana do Bolo, Cualedro, Riós e Vilariño de Conso. Ourense)
- Entroido da Ulla – Entroido dos Xenerais (Boqueixón, Teo, Touro, Santiago de Compostela, Vedra, Vila de Cruces, Silleda e A Estrada. A Coruña - Pontevedra)

O programa previsto para esta xornada, que pode modificarse en caso de choiva, arrincará ás 11.00 h. da mañá cun percorrido dos distintos grupos polas rúas da zona vella de Santiago, e culminará na Praza do Obradoiro, onde cada un deles levará a cabo unha actuación representativa da súa tradición. O acto prolongarase ata as 14.30 h.

Programa:

12.00 hrs.: Saída do dos Felos dende a praza Cruceiro de San Pedro e pasando pola Rúa de San Pedro, Porta do Camiño, Rúa Casas Reais, Rúa Ánimas, Praza de Cervantes, Rúa Acibechería, Praza da Inmaculada, Arco do Pazo de Xelmirez e Praza do Obradoiro.
12.30 hrs.: Chegada dó desfile a Praza do Obradoiro
13.00 hrs.: ós sete grupos sairán xuntos da Praza do Obradoiro e desfilarán durante 1 hora polas rúas do casco histórico de Santiago de Compostela, pasando por: Rúa de Fonseca, Rúa do Villar, Praza do Toural, Rúa Nova, Rúa de Xelmirez, Praza das Praterías, Rúa de Fonseca e Praza do Obradoiro.
14.00 hrs.: Fin del acto
Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 13-03-2015 05:03
# Ligazón permanente a este artigo
Festa de Interese Turístico Galego
Como motivo de que o día 27 de outubro de 2014 polo Consello Galego de Turismo foi declarado o Entroido de Maceda festa de Interese turístico de Galicia vaise celebrar unha festa.

O vindeiro 3 de xaneiro de 2015, sábado, no Salón Multiusos do Concello de Maceda teremos festa rachada, teremos unha cea e desfile, sairán os felos coas chocas e as carautas e os presentes acompañarémolos disfrazados.

Para esto, hai que anótarse antes dó lúns 29 de decembro no concello. Pero: 5 euros por persoa. Imprescindible vir disfrazado.

Organiza o Concello de Maceda e a Asociación Felos da Corga da Serra.
Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 28-12-2014 02:06
# Ligazón permanente a este artigo
“Xungir non é esmorecer, senón medrar”
Exposicion, carvhallo, calero, ferrol,Baixo este título, e dentro do certame de fotografía “Outono Fotográfico 2014” poderemos ver unha colección de máis de trinta imaxes da fotógrafa Rita Blanco Fernández no Centro Cultural Carvalho Calero no Ferrol, situado na praza do inferniño s/n, dende o día 19 de novembro ata o 18 de decembro do 2014, de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 h.

O certame “Outono Fotográfico 2014” patrocinado polas Concellerías de Xuventude e de Cultura do Concello de Ourense; Xunta de Galicia; Cultura e Turismo, Deputación de Lugo; Vicerreitoría do Campus de Ourense, Universidade de Vigo; Área de Cultura do Concello da Coruña; Centros Socioculturais do Concello de Santiago, baixo a organización e a produción de Difusora de Letras, Artes e Ideas; Disigna Edenia; Emociois, recolle multitude de espazos expositivos expandíndose por todo Galicia entorno o mundo da imaxe, tanto en exposicións individuais como é este o caso, exposicións de colectivos de fotógrafos e actividades relacionadas co tema como talleres e cursos entorno a este mundo.

Rita Blanco combina nesta recompilación dúas das súas paixóns por un lado a fotografía como reportaxe a fin de captar escenas non estáticas, buscando a descrición do movemento como sinatura característica e os entroidos destacando o colorismo e a beleza de formas tanto nas máscaras como nos traxes de estas figuras do Entroido.

Así “Xungir non é esmorecer, senón medrar”, xurde a raíz dun encontro en Murcia con motivo da Festa de Primavera entre “Felos” e “Pantallas”, figuras claves do Entroido Ourensán, representativas de Maceda e Xinzo de Limia. Os galegos o estar fora sempre temos morriña e as relacións fanse mais intensas co cal xurdiu un gran entendemento entre ámbalas dúas. Ourense e unha das provincias españolas con mas aceptación da festa do Entroido pero tamén con moitas rivalidades. Esta xuntanza serviu para darnos conta de que cada Entroido ten a súa simboloxía pero ningún mais que outro, por iso xungir estas dúas figuras non é esmorecer senón medrar e enriquecerse mutuamente.

As instantáneas foron tomadas en Murcia e noutra xuntanza entre Felos, Vergalleiros (Sarreaus da Limia) e Pantallas onde se pode apreciar a beleza e a singularidade de cada figura así como os seus distintos dinamismos e rituais propios de cada unha.

Co apoio da Asociación Felos da Corga da Serra de Maceda.
Outono Fotográfico
Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 25-11-2014 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
O pobo mais divertido de España
O 4 de xaneiro de 2014 Chaioso comenzou unha divertida aventura no programa de televisión El pueblo más divertido de España. Este pobo tan dinámico e cheo de vida apesar de contar só con 8 veciños son capaces de liar a calquera nas suas ideas tolas e divertidas e nunha destas apuntaronse o programa e como non os felos tamén participaron.
Comentarios (0) - Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 06-05-2014 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
Recital de poesía de James Sacré

Este gran poeta decidiu que o motivo do felo figurase aí e acompañase dese xeito a súa intervención artística. Outro espléndido xesto de recoñecemento que nos vén de Francia.
Comentarios (0) - Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 06-05-2014 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición fotográfica no museo Liste. Ano 2014
exposición fotográfica da fotógrafa Rita Blanco Fernández que baixo o nome “Xungir non é esmorecer, senón medrar” presenta unha colección de imaxes baseadas nas figuras dos entroidos de Maceda, Xinzo de Limia e Sarreaus como protagonistas, Felos, Pantallas e Vergalleiros inteactuando entre si e apostando pola unidade dentro da diversidade do Entroido ourensán. Esta exposición estará visitable no Museo Liste dende o día 17 ata o día 29 de xaneiro.

Esta exposición esta apoiada pola Asociación Felos da Corga da Serra de Maceda. A sua autora, Rita Blanco Fernandez combina nesta recopilación de mais de trinta imaxes dúas das suas paixons por un lado a sua afición a fotografía como reportaxe a fin de captar esceas non estáticas, buscando a descripción do movemento como sinatura característica e a súa outra paixon os entroidos destacando o colorismo e a beleza de formas tanto nas máscaras como nos traxes de estas figuras do Entroido.
Comentarios (0) - Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 06-05-2014 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Desfile “Fiesta de Primavera” en Murcia 2013

Os Felos e As Pantallas foron invitados a Festa de Primaveira en Murcia polo concello para que participarn nos desfiles programados. Os defiles foron o dia 2,4 e 5 de marzo.
Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 24-04-2014 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
Colaboración con Grupo Cuevas 2014

Comentarios (0) - Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 11-04-2014 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Expo Xantar 2014

Comentarios (0) - Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 08-04-2014 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
2009 Exposición de trajes de carnaval en supermercado Aquié



Comentarios (0) - Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 27-03-2014 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido Maceda 2014
Cartel Entroido Maceda 2014PROGRAMA:

Venres 21 febreiro
Compadres Maceda 2014
Ás 20:30 h “Pregón” e “Foguetazo” na Praza das Toldas.
Ás 21:30 h. Sorteo de agasallos e 1ª edición do porco untado na Aira das Mantas.

Ruta de Pinchos cun prezo de 5 euros, 8 pinchos sen bebida, de agasallo un pano e con dereito ó sorteo.

27 de febreiro
Xoves de Comadres Maceda 2014
Saída do concello ás 20 h, cea no restaurante a Diligencia con animación musical. Prezo 12 euros. Incribirse na oficina de cultura do Concello (telf 988 463001)

1 e 2 de marzo
Sábado e domingo de Entroido
Percorrido dos Felos polos pobos da Serra:

Sábado saida ás 9:30 h. Na Praza das Toldas

Pola mañá recorrerán Castro de Escuadro, Pías, Xinzo da Costa, Celeiron saindo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, Tioira e regreso a Maceda. 20:30 h recibimento dos felos, desfile por Maceda e animación musical na Praza das Toldas dende as 20.30 h.

Domingo saída dende Restaurante A Diligencia ás 10 h

3 de marzo
Lúns de Entroido
Festa infantil a partires das 17 h no pavillón municipal de deportes

4 de marzo
Martes de Entroido
Dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Animación musical e ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, grupos (1º 100 €, 2º 50 €, 3º 30 €) Grupos de máis de 5 participantes (1º 160 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €, 4º 100 €)

5 de marzo
Enterro do Entroido
Ás 20 h na praza das Toldas.
Blog Felos de Maceda
Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 13-02-2014 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
Conversa con Helena Eriksson sobre as suas fotografias
Xaneiro de 2014.
Unha charla con Helena para saber como é por que das suas fotografias.
"Estas fotos no foron un "proxecto", un proxecto de arte, por exemplo, son mais ben una consequencia do meu primeiro encontro ca carauta en casa de Claude Royet-Journaud-poeta frances que conoce Emilio Arauxo, que o traduciu e, publicou e mesmo espuxo- Claude fai tamen pinturas. Sobre a cuberta do libro de unha das suas traduccions vese un felo. Entereime de todo iso e Claude ensinoume unhas fotos de felos de Emilio. O felo impresionoume moito e as carautas estremadamente bonitas.Tamen soupen que Emilio regaloulle unha a Claude.
Antes, nunca me interesou o entroido. En xaneiro de 2009 estiven en Paris para leer un texto escrito por min para o centro de poesía de Marsella sobre Claude. E mostroume a sua carauta. Foi un especie de choc de ver a carauta. A miña reacción inmediata e espontanea foi:quero probala, eu queria estar dentro da carauta. Pedinlle a Calude si podría-querría fotografiarme. Levar a caruta e ese feliz acontecemento sería documentado.
En canto a desnudez era casi evidente: quise ser neutr. Despois pensei: sin roupa que me aprisoara a unha clase social, a unha cultura( a sueca por exemplo. Si podese ver que son unha muller blanca e quizais xa sexa demasiado,mais....Si tivese o traxe de felo houberau posto seguro. A 1ª vista pensamos que a cara a que esta tapada non o corpo. Pero na miña opiñon a miña desnudez é a que mais me tapa.
Mon pensei en mingunha mensaxe. Todo iso penseino despois. Antes non sabía que o felo iba enfeitzar a miña vida. Era como si a carauta quixera algo de min. Tamen me dixo algo de min que non sabía, o pracer. O pracer de levala e de facer as fotos.
Non penso que nas pinturas como eroticas, mesmo si a figura do felo en si, e ten sin dubida tamen un aspecto erotico .
Despois Claude quixo pintar as fotos pero comenzou a xugar co seu novo progra de ordenador e forn aparecendo no meu mail un, dous...moitas fotos no meu correo electronico! Tamén llas enviou a Emilio.
Foi así como empezou a miña amistade con él. E a miña relacíon mais profunda co felo e o entroido galego.
Como persoa e poeta(non como etnologa).Unha parte do meu corazon pertence para sempre os felos de Maceda.
Por que se fixo tan importan para min? Non o sei pero fai parte da maxía.

Fotos exposición Helena
Categoría: 02.- Actividades - Publicado o 13-02-2014 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal