Os Felos


Os Felos da Bisbarra de Maceda

O meu perfil
felosdemaceda@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PUBLICACIÓNS SOBRE FELOS
Estamos tamén a recopilar todo o material publicado que teña que ver cos Felos directamente, ben exclusivo ou ben en publicacións dedicadas as festas ou concretamente ao entroido e que teña algún apartado concreto referido os Felos.

Iremos incluindo os que se vaian publicando pero ata o momento atopamos as seguintes referencias:

Felotextos

"Entroidos da Provincia"

“Carnavales de Galicia”

“O Carnaval en Galicia”

“As caras do Entroido Ourensán”

“Os Felos de Maceda”

O Ciclo do Entroido

A Máscara Iberica
Categoría: 04.- Publicacións - Publicado o 13-02-2014 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
Felo-Textos
felotextosVersos de poetas estranxeiros para darlle pulo á máscara local de Maceda
A máscara típica de Maceda esperta interese fora da vila, fora de Galicia. Emilio Arauxo, filántropo, dono do selo editorial Amastra-N-Gallar, leva publicados máis de corenta felotextos con poetas de medio mundo.

Entre os últimos publicados “O cosmopolitismo e a afirmación encriptada do universo felo”. A poetisa sueca Helena Eriksson esculcou na criptografía do enigma: “I love Peliqueiro but I am Felo” ou "Felos de Maceda, enigma ancestral e cosmopolitismo", do historiador e escritor macedán Santiago Prol

Listado de obras e autores:

1 A Espera de Claude Royet-Journoud
2 A máscara é a revelación do Si Mesmo en tanto que Outro de Donatella Bisutti
3 A máscara non instaura unha distancia, senón outra proximidade de Claude Royet-Journoud
4 A nena fela de Lupe Gómez
5 A verdade dos felos de Martin Melkonian
6 As Figuras de Jorn H. Svaeren
7 Atrás, pasaxe de Arturo Casas
8 Comento sen título de Carlos Lema
9 Da felonia - Apontamentos sobre a risa e o entroido de Maceda de Paula Godinho
10 Desvío de felos de Martin Melkonian
11 Discurso de Luc Bénazet
12 Do cadro que o ollo inventa de Claude Royet-Journoud
13 Economía sumerxida de Lupe Gómez
14 Entre ou A outra proximidade de Helena Eriksson
15 Felo de Joseph Attié
16 Felo de Georges L. Roux
17 Felo con moza cos ollos pechados de Helena Eriksson
18 Felo dos nomes propios de María do Cebreiro
19 Felo otsailako ihauteri goizean de Itxaro Borda
20 Felos de Rea Nikonova
21 Felos de Michele Cohen-Halimi
22 Felos aínda serra de Michael O´Dea
23 Felos de Maceda, enigma ancestral e cosmopolitismo de Santiago Prol 24 Frases para un Felo de Claude Royet-Journoud
25 Impedir a fenda do mundo de Olivier Cousin
26 Lentitude de Daniel Salgado
27 Máscara de Yu Jian
28 Máscara Pánica de Béatrice Bonhomme
29 O ceo axudado por min de Pierre Le Pillouër
30 O Felo de Alain Jégou
31 O Felo ou de Luis G. Soto
32 O Felo sen fin de Anxo Pastor
33 O Felo vai falar! de Beátrice Machet
34 O invisible de ser …. de Jacky Bourillon
35 O que nada nos afonda de Bieito Iglesias
36 Onde non estamos de Christiane Veschambre
37 Os cavalos estám a viver as nossas vidas de Séchu Sende
38 Os Felos do Monte Toro @ Prada de Conflent de José Manuel Bouzo Limia
39 Primeira felo silaba de Miriam Sánchez Moreiras
40 Scan de Felo de David Lespiau
41 Se os Felos atravesan polos nosos poemas? de James Sacré
42 Toda esa infancia que desaparece de Claude Royet-Journoud
43 Un pequeno héroe de carnaval de Martin Melkonian
44 Unha forma da que non se ten o molde en si de Dominique Fourcade
Categoría: 04.- Publicacións - Publicado o 23-01-2014 01:40
# Ligazón permanente a este artigo
“As caras do Entroido ourensán
“AS CARAS DO ENTROIDO OURENSÁN”Baixo o titulo “As caras do Entroido Ourensán” publica no ano 2009 a Deputación de Ourense un compendio que recolle textos e fotografías dos entroidos máis tradicionais non só da provincia de Ourense senón facendo referencia os entroidos vecinos do resto da xeografía galega e tamén de Asturias, León e norte de Portugal.

As caras do entroido ourensán

Domínguez Castro, Carolina, (tr.) Touza de Dios, María, (il.)
Coord.: Fidalgo Santamariña, Xosé Antón
Diputación Provincial de Orense = Deputación Provincial de Ourense
1ª ed., 1ª imp.(03/2009)
376 páginas; 25 x 24,5 cm. Rústica
Idiomas: Gallego
ISBN: 8496503968 ISBN-13: 9788496503960
Encuadernación: Cartoné
Categoría: 04.- Publicacións - Publicado o 23-01-2014 01:39
# Ligazón permanente a este artigo
A Máscara Ibérica
mascara iberica vol IPublicada en Portugal e en España en portugués e en castelán, “Máscara Ibérica (Vol I)” constitúe un estudo rigoroso efectuado por antropólogos, destacando un conxunto de imaxes que mostran a forza da máscara mentres manifestación cultural, asociando fabrícoo, o uso e a simboloxía, e integrase nun proxecto promovido pola Progestur, que incluíu unha exposición itinerante sobre a mesma temática, potenciando a divulgación das máscaras tradicionais dalgunhas das rexións dos países ibéricos e contribuíndo para a investigación e divulgación dos rituais con máscaras, tantas veces conectados a cultos celtas ancestrais, relacionados cos ciclos de vida, o movemento dos astros, a fertilidade, a festa.

Evidenciando unha concepción gráfica moderna, profusamente ilustrado, con belas imaxes a páxina enteira das máscaras ibéricas (portuguesas, galegas e castelás) este libro constitúe o primeiro levantamiento a nivel etnográfico e cultural sobre as máscaras, as prácticas que lles están asociadas e as invocaciones ancestrais que se atopan enraizadas na cultura dos pobos ibéricos. Incluíndo textos de diversos especialistas, António Pinelo Tiza, Bernardo Calvo, A. Fidalgo Santamarina, Oriana Alves e unha introdución de Pinharanda Gomes, o álbum (en portugués e castelán) coordinado e con Fotografía de Hélder Ferreira, trata das festas, tradicións e, en particular, dos Entrudos, para mostrar a relevancia da máscara na caracterización etiológica e artística, como obxecto conectado a cultos e festividades onde a vida e a morte coabitam ao ritmo das sensacións da celebración dos sentidos. O volume inclúe mapas xeográficos que sinalan as principais localidades onde aínda se manteñen festividades en que a máscara é o elemento aglutinador das multitudes que aí acorrem e unha bibliografía específica sobre o tema. Un CD áudio está anexionado á páxina final do volume, contendo dous programas de Manuel Vilas Boas na TSF sobre o Entrudo de Lazarim.

Máscara ibérica. Vol. 1
Autores: Tiza, António Pinelo | Ferreira, Hélder | Calvo, Bernardo | Fidalgo Santamariña, José Antonio | Alves, Oriana | Gomes, Pinharanda
Publicado por : Ediçôes Caixotim (Porto) , 2006
Detalles físicos: 191 p. fot. col. 33 cm
ISBN / ISSN: 978-972-8651-90-9, 972-8651-90-2

Categoría: 04.- Publicacións - Publicado o 23-01-2014 01:39
# Ligazón permanente a este artigo
Entroidos da provincia
ENTROIDOS DA PROVINCIABaixo a coordinación de Fernando Rodríguez Nespereira, a supervisión de Pedro Araújo Nespereira, Belén Gómez Quevedo, José Carlos Sierra Rodríguez, Modesto González Fernández. Fotografía e textos de Tomás Vega Pato contando ca participación dos arquivos fotográficos de Eduardo Núñez, Moncho, Iñaqui Osorio, Tomás Pérez Hernández, Xosé Lois Vázquez, Xan, Concello de Laza, Concello de Trives e Concello de Verín editase polo Padroado Provincial de Turismo de Ourense o folleto “Entroidos da Provincia” cunha breve reseña sobre o Felo de Maceda no apartado de outros entroidos.
Categoría: 04.- Publicacións - Publicado o 23-01-2014 01:19
# Ligazón permanente a este artigo
O Ciclo do Entroido
O CICLO DO ENTROIDOBaixo o título de “O ciclo do entroido de práctica social comunitaria a obxecto” recolle a modo de actas as conferencias do III congreso de Patrimonio Etnográfico do estudio sobre o Entroido, organizado polo Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo Fernández” e editado pola Deputación Provincial de Ourense. Coordinado por X. Antón Fidalgo Santamariña, Xosé Manuel Cid Fernández, Xulio Fernández Senra, Mariló Fernández Senra.

Documento de 108 paxinas que en 4 paxinas recolle a conferencia de titulo “Os Felos de Maceda” de Luis del Campo Prol con fotografías de Xoel Gómez

ISBN978-84-693-0140-1
Dep. Legal OU 27-2010

Máis información:
RAIGAME
Apdo. 484
Telf/fax: 988 249493
32080 - Ourense
ccpraigamepublicacions@depourense.es
ccpxaquinlorenzo.depourense.es
Categoría: 04.- Publicacións - Publicado o 23-01-2014 01:13
# Ligazón permanente a este artigo
“Os felos de Maceda
Folleto diptico do autor Santiago Prol con ilustracións de …. publicado polo concello de Maceda no que se recolle brevemente a descrición da figura de Felo e o seu…
Categoría: 04.- Publicacións - Publicado o 23-01-2014 01:13
# Ligazón permanente a este artigo
“O Carnaval de Galicia
o carnaval en GaliciaO carnaval en Galicia publicado por Edicións Xerais e do autor Federico Cocho
Categoría: 04.- Publicacións - Publicado o 23-01-2014 01:13
# Ligazón permanente a este artigo
“Carnavales de Galicia
“Carnavales de Galicia” é unha pequena guia dentro da colección Galicia en guias 2005 publicado este ano de 2005 pola Voz de Galicia. Ocupa o sexto lugar en guias.
Categoría: 04.- Publicacións - Publicado o 23-01-2014 01:11
# Ligazón permanente a este artigo
A grafía dos mapas
a grafía dos mapas lupe gómez"A grafía dos mapas" escrito por Lupe Gómez en galego, publicado pola editorial Toxosoutos no ano 2011.

ISBN 9788492792757
Nº de páginas: 71 págs.
Categoría: 04.- Publicacións - Publicado o 23-01-2014 01:11
# Ligazón permanente a este artigo
Tempos Serodios
Categoría: 04.- Publicacións - Publicado o 23-01-2014 01:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal