Feito en Galiza


Somos o que somos, que non é pouca cousa
Neste proxecto darei a coñecer cousas Made in Galiza.

Mediante unha breve (ou extensa se é preciso) explicación de cousas que proveñen de Galiza ou son típicas da nosa terra, como por exemplo os cans de palleiro ou os grelos envasados, pero tamén a Televés, a cheminea de As Pontes ou a empresa R, os viños,... en fin, un sinfín de cousas incríbles que temos na nosa terra, diante dos nosos fuciños e que ás veces non vemos e pensamos que os galegos somos pouca cousa, cando que realmente, como dí Carlos Blanco, Somos Unha Potenzia!

 TEMARIO
 RECOMENDADOS
 PROCURADOR
 BLOGALEGO
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Zeltia
PílulasÉ o cuarto grupo biotecnolóxico europeo. Nun país onde o investimento en I+D está pouco menos que proscrito, Zeltia figura entre as oito primeiras empresas españolas con maiores partidas para unha causa perdida: a investigación. Foi a empresa do mundo -líder mundial no descubrimento de novos fármacos de orixe mariña contra o cancro- que máis revalorizou en Bolsa no último decenio. Coa maxia do mar -onde arrinca a vida hai case 4.000 millóns de anos- a empresa fíxose cunha librería de organismos de 42.000 mostras: a estadounidense Wyeth ten a segunda, con só 3.000. Zeltia nace hai 67 anos, como escisión do laboratorio Servet en Vigo. Corría o 1942 cando salta a primeira marca comercial de éxito: o ZZ, un pesticida aínda vivo na memoria de varias xeracións, máis alá de Galiza.
Comentarios (0) - Tema: Xeral - Publicado o 07-11-2006 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
E ti qué pensas disto?
Veño sendo:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
E digo eu:
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal
Somos Unha Potenzia!!