| Somos o que somos, que non é pouca cousa |
|
Neste proxecto darei a coñecer cousas Made in Galiza.
Mediante unha breve (ou extensa se é preciso) explicación de cousas que proveñen de Galiza ou son típicas da nosa terra, como por exemplo os cans de palleiro ou os grelos envasados, pero tamén a Televés, a cheminea de As Pontes ou a empresa R, os viños,... en fin, un sinfín de cousas incríbles que temos na nosa terra, diante dos nosos fuciños e que ás veces non vemos e pensamos que os galegos somos pouca cousa, cando que realmente, como dí Carlos Blanco, Somos Unha Potenzia! |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| A primeira película rodada na Galiza |
|
A introdución do cinema na Península ten na Galiza a súa primeira parada. Sería José Sellier, un francés instalado na súa Coruña liberal e republicana de adopción, o primeiro cinemasta en rodar unha cinta no Estado: El entierro del general Sánchez Bregua. Era o 1897, Sellier -que tiña un gabinete fotográfico na céntrica Rúa Real e tramitara xa a súa nacionalización- faise cun cinematógrafo dos Lumiere, antes de que o comercializaran en maio dese mesmo ano. En xuño, o entusiasta director filma a película -hoxe desaparecida, como tódalas súas- na que, seguindo a técnica Lumiere, roda sobre un plano único en frontalidade rigorosa: un minuto de película, cunha cadencia de 16 imaxes por segundo, para a historia. |
|
|
|
|
| Bateas mergullabéis |
|
Arriban novos tempos: unha nova batea mergullábel, que seica aumenta a produtividade do mexilón e evita a colisión dos barcos, podería mudar a paisaxe das rías. O artefacto, patentado no Servizo Galego de Propiedade Industrial, impide o balanceo por efecto da mala mar que provoca a caída dos mexillóns, cunha perda de millóns de euros no conxunto das bateas. Tamén refugaría o impacto da auga da choiva. E até se ampliarían os límites cara ó mar aberto. Erguidas en aceiro de construción naval -aínda que non se descarta recorrer á fibra de vidro- terían unha vida de quince anos, fronte os tres ou catro das clásicas bateas que foron nadas no corazón de Arousa no século XVIII nun proceso de reconversión do antigo viveiro de ostra. Tempo ao tempo. |
|
|
|
|
| A unión coa meseta |
|
Non cabe dúbida de que o treito de 53,5 quilómetros da autovía que une Vilafranca do Bierzo co porto de Pedrafita é unha das obras de enxeñería máis caras de Europa: cada mil metros ten un custo de dez millóns de euros, fronte arredor dos catro millóns que ten este tipo de vías, de dobre dirección, no resto do Estado. A obra impulsada por Borrell e inaugurada no 2002 -con 41 viadutos que miden máis de 10 quilómetros, seis túneles, 25 millóns de metros cúbicos de excavación e un falso túnel- avanzou na mellora de infraestruturas que, no arrinque do s. XXI, son demanda: tamén para o ferrocarril. Unha demanda, dende antes do 1833, cando se ordena a construción dunha estrada entre Vigo e Castela. |
|
|
|
|
| A forza da emigración |
|
Calcúlanse en dez millóns, entre os emigrantes nados en Galiza e as dúas xeracións de descendentes, as persoas que forman as comunidades galegas do exterior: herdanza da emigración na que o peso dos galegos significa tanto, que foron “galegos”, os cataláns, andaluces ou asturianos na diáspora común. Até 400 centros e sociedades galegas están repartidas polo mundo, sendo o de Montevideo o máis antigo dos que hoxe existen: nace no 1879. Arxentina reúne o 30% dos emigrantes galegos e só en Bos Aires viven 96.091 persoas con dereito a voto en Galiza: é a terceira cidade con maior censo de votantes logo da Coruña e Vigo. Máis alá: o voto emigrante decide o goberno galego no 2005. Turismo e construción activan hoxe novos fluxos migratorios cara a Canarias onde, entre 1998 e 2003, empadroan nada menos que 48.000 galegos que foxen do paro, na frota ou o naval. |
|
|
|
|
| Nación Musical |
|
Eran un grupo ruidista que non contaban con facer un superéxito do pop rock con elementos de hip hop. Xa hai vinte anos que soou por primeira vez o bombazo musical “Fai un sol de carallo” dos Resentidos: o grupo liderado polo artista multimedia Antón Reixa que desata o big bang do rock en galego e estende, en maio do 1986, a movida alén das fronteiras. A contracultura galega, con música e letra galegas, impacta de cheo no Estado, converténdose nun récord de vendas: algo que non sucedía dende o “hit parade” do mítico “O tren” de Andrés do Barro nos setenta. “Galicia Caníbal” demostra que Galiza era “sitio distinto", situando o galego na vangarda cultural. Nos 90 sería a quenda do Bravú. Desmontábase o tópico de que só o folk estaba vivo en Galicia. |
|
|
|
|
| Lousando o mundo |
|
Galiza produce máis do 50% das lousas para cubertas a nivel mundial. Das súas cerca de 133 canteiras abrollan unhas 570 toneladas ao ano nunha radiografía que confirma o seu liderato no Estado no que é, co 75%, a grande exportadora. Son os galegos os que compran as minas en China e Brasil: pizarra galega coa que decide retirarse da competición de balomnán, despois de 20 anos, o ruso Yeri Nesterov, xogador do Teka, Pilotes Posada, Teucro ou Bidasoa. Este campión olímpico de Seúl no 1988 apostou por ampliar o mercado cara a Rusia. Así comeza outra das moitas viaxes: dende a mina -como a de Vadeorras, onde fica na memoria a folga que paraliza a comarca no 1991- até Petersburgo. Só é un caso. |
|
|
|
|
| Grandes internautas |
|
Sen tomar á lixeira o desaxuste galego que se deu en chamar “fenda dixital", un blog galego foi o máis visitado do Estado no 2005: microsiervos.org, unha weblog persoal escrita por tres amigos e adicada a todo o que lles gusta, especialmente a tecnoloxía: humor, internet, astronomía, aviación, xogos de azar, lendas urbanas, grandes e pequenas conspiracións ou crebacabezas ao estilo do Rubik. Autodefínense como un equipo de “geeks" ou “tolos pola tecnoloxía" que veneran a figura de Douglas Coupland, autor da novela Microsiervos no 1995. Outra web, escrita en galego, bate con forza: Arredemo.com, auténtica web da “autocrítica da razón galega", en palabras dunha aguda xornalista. |
|
|
|
|
| Potencia eólica |
|
As cifras consolídanse no 2004. Galiza é a primeira produtora eólica do Estado, por potencia instalada e recurso eólico, que converte a España na segunda potencia a nivel internacional. Con 103 parques erguidos e 3.409 muíños de vento espallados polo país ocupa o sexto posto no ránking mundial detrás de Alemaña, España, Estados Unidos, Dinamarca e India. Emerxen as fontes renovábeis propias e con elas a ocasión para facer viable o irrenunciable desenvolvemento sostíbel que Galiza ten que liderar, canto menos, cos mesmos índices. Non é nada novo: hai seis anos o país xa sostén o 27 por cento da potencia e dos aeroxeradores do Estado: a mágoa é que a nosa forza do vento, é explotada, sobre todo, polos de fóra. |
|
|
|
|
| Marrón Glacé |
|
Soa francés pero é galego: o Marrón Glacé, que ten no Xapón un dos seus mellores clientes. Máis do 50% desta exquisitez expórtase a Europa e América ou polo menos ese é o balance dunha empresa pioneira: Cuevas, que fundada no 1944, transforma en marrón glacé (castañas glaseadas) 2.000 toneladas de castañas ao ano. Castañas de Ourense -que posúe unha das tres colonias máis importantes de Europa- ou de Lugo -onde se extrae a metade da produción- que foron sostén do país dende os romanos até entrado o século XX. Hoxe mobilízanse pola declaración dunha “denominación de orixe para o 2007, como a cereixa do Jerte, e, sobre todo, para paliá-la desfeita dos dous terzos dos bosques de castiñeiros perdidos en Galiza. |
|
|
|
|
| "Un millón de vacas" |
|
Sen desprezá-la importancia do gando porcino -un 5% español- e da gandeiría sen terra -coellos, pitos, cun 10%- Galiza é o país do millón de vacas, o capital vivo máis importante: tanto, coma os membros da familia. Tanto, que levou a un gandeiro a pórlle cama e música para lograr un mellor leite. Esa outra familia fórmase fundamentalmente por vacas de orientación leiteira -medio millón polo menos- que son hoxe maioritariamente de raza frisona: falamos do 17% do vacún español e unha porcentaxe superior da cabana leiteira española. A ratio dunha vaca por persoa fica na historia que mira impotente o agravio: estrangúlase a capacidade produtiva, aínda que o potencial de Galicia sexa un referente no Estado. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|