O noso colectivo asinou o manifesto a prol do povo catalán e o Dereito a Decidir o seu futuro. Tanto a nivel colectivo coma individual da meirande parte dos nosos integrantes respaldamos a convocatoria da manifestazón que terá lugar na capital do noso país. É por iso que varios membros do Fato estarán presentes en Compostela nestas datas tan importantes pra as nazóns sen estado do continente europeu e doutras partes do mundo en solidariedade coa luita que está a librar o povo catalá pola súa autodeterminazón.
Dende o Fato animamos a asinar o manifesto na seguinte ligazón: dereitoadecidir.gal.
Xa temos as imaxes do que foi a falencia de Satxa Balchada sobre os anarquistas galegos en Euskal Herria e o batallón Bakunin. Podedes acceder a elas visitando a nosa Fotoblogoteca ou picando nesta ligazón.
A mesma foi impartida o pasado 16 de Setembro na Tenencia de Alcaldía de Trintxerpe. Coma sempre, foi un pracer voltar a contar co companheiro Satxa nun dos nosos actos a prol da memoria dxs nosxs paisanxs e o seu legado na terra que nos acolle dende hai máis de corenta anos.
Hoxe terá lugar no Antzoki Kafea de Bilbo a pre-estrea do documentario "Sitio Distinto", feito e dirixido polo compa Davide Cabaleiro. O mesmo trata do papel xogado polas migracións galegas no desenvolvemento de Euskal Herria coma país nos eidos culturais, socio-político e económico. Tamén achéga-nos os históricos vencellos de solidariedade entrámbolos dous povos. Agardando que o traballo sexa finalizado e apresentado, velaquí vos deixamos umha pequena escolma do mesmo.