PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

PASAMENTO DE BENE
Bene coa makila coa que lle agasallara a fregresía de San Pedro Apostolo.
Ás portas das festas de San Pedro aconteceu o pasamento de Benedicto Arrizabalaga. Quen fora durante setenta anos sancristán da parroquia de San Pedro Apóstolo, cárrego no que sustituíra ao seu pai oficialmente no ano 1946, co pasamento deste; hastra o 8 do nadal do 2006, no que entregara as chaves, ao estonces abade José Ramón Yurrita, con oitenta e seis anos daquela.

Toda unha vida vencellada á Parroquia e, ao traveso desta, ao acontecer de San Pedro. Mostra delo foran as dúas homaxes que tivera na pasada década. A primeira delas da man do coro Ondartxo co gallo da 20ª Semán Músico Coral no ano 2005 e na que se agasallara cunha réprica da chave do coro que tantas veces lles abrira e pechara. O segundo fora en maio do 2007 , i esta foi unha mostra máis do agarimo que lle tiña a comunidade parroquial de San Pedro Apóstolo. Amba-las dúas poido disfroitalas da compaña da súa Dona Juanita Gereño.

A nosa comunidade galega tamén beneficiouse deste vencello coa eirexa matriz das parroquias do Carme e da Asunzón en Pasaia, pois o noso compañeiro Filipe tivérao como principal informante na recolleita que fixera das procesións que se fascían no pasado século nesa banda da badía. A meirande parte do recadado pubricárao na revista PASAIAN, agas o primeiro dos traballos, en galego.

Nos, dende este blogo, queremos lembra-lo e trasladar noso sentimento de perda dun amigo aos seus fillos: Iñaki, Aitor, Juan Mari, Mari lurdes e Begoña e demais familiares e amigos. A sabendas, que xa esta cos seus a carón do Pai.
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 22-09-2013 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO