PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

IX XORNADAS DE HISTORIA E CULTURA
Inda non escomenzamo-lo curso, máis na nosa asociazón non acougamos. Non desaproveitamos a oportunidade que nos deron as IX XORNADAS DE HISTORIA E CULTURA que artella polo veran o CONCELLO DO PORTO DO SON da man da súa consellaría de culrura e que viñeron desenrolandose do 9 ao 12 de agosto. O mércores día 11 pola tarde estivo adicado á emigrazón na nosa terra de acollida ou nai segundo dos casos, e deso versaba a primeira das falencias, que coma sempre tam ben espuxo o noso compañeiro o Prof. Senior pola UNIVERSIDADE DE DEUSTU Don XOSÉ ESTÉVEZ RODRÍGUEZ. Quertemoslle agradecer á antropóloga e profesora da UNED Dna ROSA GARCÍA ORELLÁN que aceitara a convida do consello sonense a dala segunda das falencias: “ A pesca e emigración en Trincherpe. O papel da muller”, a sabendas de que nós fixemos de ponte entre a consellería de cultura e a sampedrotarra. O día rematou coa proxeizón do video “Galegos en Trintxerpe” e a posterior mesa redonda cos conferenciantes.
A maiores a nosa asociazón artellou unha pequena esposizón en sete nespositores -que veñen sendo unhas táboas acristaladas- na entrada da casa da cultura facilitadas po-lo concello. E que estiveran espostas ao praceiro nestes catro días das xornadas. Estaban compostos por cartaces, programas de man, invitacións, fotos, recortes de xornais, libros, revistas, etc. E tiña coma referencia a emigrazón galega na Euskal Herria.
Deste xeito cremos que contribuímos outra vez a coñecernos todos un pouco máis, pero non na terra de acollida -Euskal Herria-, se non na de orixe-Galicia-, facendo memoria da nosa história. Tendo en conta en que PASAIA e os seus redores foron destiño de tantos e tantos fillos dO PORTO DO SON -que ten unha rúa “TRINCHEPE”- e a súa bisbarra O BARBANZA.

Podedes ver máis imaxes na nosa Fotoblogoteca

Foto: ANDREU ANGUERA RINCÓN
Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 05-09-2010 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO