PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

BIOGRAFIA DO CREGO MANOLO
D. MANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ
Abade que foi da Parroquia do Povoado de Pescadores
(Pasai San Pedro)


Manuel González González, nacera o 14 de Novembro do 1929 na aldea labrega de Almoite, no concello de Bafios de Molgas (Ourense).

Coma tantos e tantas galegas collera de mozo o comiño da emigrazón, deixando tras de si familia, amigos, noiva... e, dese xeito, veu traballar a Guipúscoa, no eido da construzón. É nese tempo cando descobre a súa vocazón, que o leva ao ingreso no seminario, pra se ordenar sacerdote no ano 1969. Tén coma destino primeiro a parroquia da Nosa Señora da Asunzón, de Orereta (19-XI-1970) e, catro anos máis tarde (26-IX-1974), marcha a estudar a Madrid nunha estadia de doce meses.

Xa de volta en Orereta, traballara no Secretariado do Apostolado atendendo aos ciganos. O 12 de Xullo do 1988 é nomeado abade da parroquia da Nosa Señora da Asunzón, no Povoado de Pescadores de Pasai San Pedro, carrego que exercerá ate o seu pasamento.

Coma sacerdote, pódese salientar a súa laboura, non por calada menos inxente, a prol dos máis necesitados e marxinados, chea de renuncia e sacrificio. Pero é no lado humán onde sobrancea a súa rexa personalidade. Manolo non deixou endexamais de ser un home sinceiro e directo, quer dizer: O rexo labrego que sería de ter ficado en Almoite; un galego baril que, semellando tosco nun primeiro contacto, amosaba axiña o home sinceiro e aberto que levaba dentro. Teño pra min que, ate que non te descobría ben, non che daba a súa confianza.

Indo á terceira faciana do seu ser (o seu Galeguismo), Manolo estivo sempre ao seu dispor de quen o precisar para celebrar misa en galego. Ben o saben na Casa da Galiza en Guipúscoa, e mesmo nalgunha vila nabarra, levando a Verba de Deus na língua de Rosalía. Foi grazas ao noso biografiado que se abrira en Pasaia unha nova xeira de misas en galego cando, escomezando a súa laboura apostólica no Povoado de Pescadores, entrara en relazón co Fato Cultural "Daniel Castelao". Sería tamén el quen dirixira a primeira eucaristía en galego na eirexa da Nosa Señora do Carme de Trintxerpe. Deste xeito levou tamén a súa colaboura á Casa da Galiza de Zarautz e a outras entidades que llo demandaron ao longo da súa andaina vital.

A Manolo interesáballe ir ao miolo das cousas. As súas homilías non eran glosas etéreas alonxadas da realidade, senón olladas dos problemas sociais á luz da mensaxe de Cristo, coas que facía unha afervoada denuncia da inxustiza, que chegabaao coorazón dos seus ouvintes.

Tampouco podemos esquencer, xa fóra da súa adicazón aos traballos próprios do seu estado, o anceio de Manolo por participar dalgún xeito nos feitos non relixiosos que se artellaban para pular a Cultura Galega. Non había máis que ver a ledicia que brilaba na súa faciana cando tudo remataba ben. Se tivesemos que definir en poucas verbas a Manuel González, diriamos que foi un SACERDOTE GALEGO, fondamente consciente de ámbolos dous caracteres, que vivira coa forza dos "bos e xenerosos" dende a súa condizón de EMIGRANTE, no seo do Povo Basco: povo que escollera por destino da súa eisistenza e no que atopara a súa vocazón de servizo á Causa dos Humildes.

Fato Cultural "Daniel Castelao" (Novembro 2007)
Pubricado na revista ESTADEA (Casa da Galiza en Guipúscoa) en Maio do 2008

Comentarios (2) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 18-09-2008 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO