PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

DISCURSO DE CASTELAO (25 DE XULLO DO 1933)
Castelao (Rianxo, 1886-Bos Aires, 1950): discurso no 25 de xullo de 1933:

"A Patria é a Terra farturenta que nos da o pan e o viño, que sostén os nosos fogares, que cría frores no campos para regalía dos ollos, e albres para que canten os paxaros.

A Patria é a Terra fecunda, donde xerminan os legados da tradición que nos dará continuidade na historia, o corpo incorruptible, donde encarnou a i-alma atormentada da raza.

A Patria é a Terra creadora, fonte da gran forza da vida.

A Patria é o rechouchío dos paxaros, o canturreo dos grilos, o marmurio das augas e o zoar do vento.

A Patria é a sombra fresca dos castiñeiros no vran e a quentura garimosa do fogar no inverno.

A Patria é a inquedanza das sementeiras e a ledicia das colleitas.

A Patria é o fungar do vento nas ponlas secas dos carballos e o esborrifar das ondas do mar nos cons da ribeira; a cántiga misteriosa dos piñeiros e o runxido do mar nos areais.

A Patria é o arco da vella, o luar e a noite estrelecida.

A Patria é o sentimento que nos fai fillos da Terra para recibir o seu zume criador de lirismos. Por iso entristecemos no outono, choramos no inverno, sorrimos na primaveira e rimos no vran. Porque estamos feitos a semellanza da Terra; a nosa carne é terra, os nosos osos pedra, e o sangue son os rios e os regatos.

A Patria é a Terra-nai, a Deusa perdurable e xenerosa, porque como di Pascal, primeiro nos cansaremos nós de pedirlle que ela de darnos.

Esta é a Patria verdadeira, a Patria única que hoxe festexamos. Eu non sei de máis Patria, e o galego que non a sinta é un home moralmente imperfeito.

No tempo de Rosalía a Patria era un sentimento, en continua saudade, unha tristura crepuscular, o planto por unha ilusión morta, a espranza entristecida de tanto esperar. Galiza era unha i-alma en pena que vagaba pol-o inferno frío dos camiños, enchendo de saloucos as noites xiadas do inverno; era a negra sombra desterrada. A nosa i-alma, coma a dos xudeos, agardaba o miragre da resurreición para reencarnar nun corpo sán e robusto, para renascer e vivir baixo a lus do sol.

Pero a saudade dos tempos de Rosalía queimouse na fogueira dos nosos entusiasmos, e xa non choramos o pasado; cantamos o porvir porque a i-alma da Raza reencarnou na Terra e a nosa Patria recobrou a sua persoalidade, e quer esteriorizala en forma de Estado. Pero non para fecharse en fronteiras, sinon para desatrancal-o camiño de Europa, aquel camiño branco de estrelas que unía Galiza ó resto do mundo civilizado, no tempo lonxano dos Cancioneiros e do Pórtico da Groria, cando nós non eramos máis que galegos.

¡Cando non eramos máis que galegos!."
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 28-08-2019 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
MEMORIA DO CURSO 2018 -2019
No mes de xaneiro, o dazaoito, inesperadamente acaesceu o pasamento do compañeiro Lois Casais, O Fogueteiro, que amosegaría o desenrolo do curso. E inda como é o normal colabouramos alí onde fomos requeridos para honra-la súa memoria. Nós decidimos lembra-lo acaídamente no desenrolo das Letras Galegas.


No curso que inda acabamos de rematar, a nosa entidade prantexouse dar un novo xiro ao esforzo que se fixo nestes anos para desenpoar a pegada galega na Euskal Herria; meirandemente na nosa bisbarra do Oarsoaldea. Sendo este descubri-lo feito euskaro na Galiza. Esta vai ser para nos unha nova meta nos vindeiros anos, que non é que non se teña dado, sendo como é unha teima na nosa entidade o achegamento de ambalas dúas culturas e povos eúscaro e galego, pero sí que se lle vai a dar pulo a esta nova vía de traballo. De feito o noso presidente, o pasado 7 de xuño, dera unha charla no MUSEO MAREA de O Porto do Son sobor a historia dos mariñeiros galegos de Trintxerpe desde o comezo do desenrolo do barrio pasaitarra hastra a guerra civil. Viña precedida do documentario “PASAIA RABANNE: RAZÓNS DO IMAXINARIO” no que coulabouramos coa fundazón PASAIA RABANNE para que estivese tamén en galego. Non é o único traballo que se verteu este ano a nosa fala desde a nosa entidade, na Torre atópase tamén a biografía de Aita Mañuel.


A primeira aitividade deste curso aconteceu no mes de setembro coa proxeuzón do documentario ADN GALEGO na tenencia de alcaldía de Trintxerpe.


O ano comezou como é costume coa homaxe a Kontxa Murgia en Oiartzun, e a presentazón en Pasaia da PLATAFORMA VÍA GALEGA o dous de febreiro.


No mes de maio coma sempre as Letras Galegas, queste ano non se poideron desenrolar totalmente ao non podermos contar nestas datas cos espazos municipais axeitados as nosas necesidades. Asi e pois na sesta feira día dazasete fixose a presentazón na tenencia de alcaldía de Trintxerpe da versón en galego do documentario de Rabanne. O domingo o tempo non acompañou para despois da misa face-los autos na rúa. Deste xeito ao remate da misa, dentro da “capilla” o compañeiro Filipe leeu un poema de seu adicado aos colegas que xa non están connosco, e que tiña pensado leer perante a pedrafita a Manoel González. E Pepe leeu o discurso de Castelao pronunciado o 25 de xullo, Día da Pátria Galega de 1933 diante do monumento a Rosalía na Ferradura de Santiago, coa presencia dos cataláns e Bascos, antes de asiña-lo “Pauto de Compostela ou Galeusca”; que ía recitar na rúa coñecida popularmente como “Principal” dende sempre, e que leva o nome do noso rianxeiro. Para ir de seguido a fume de caroso a poñer a cada seu monllo de frores. Tanto o porma, como o discurso, penduraremo-los nos vindeiros días neste medio.


Intentouse levar adiante algún outro proixeito en Pasaia. Pero todo andivo trabucado.
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 22-08-2019 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO