Finalmente e tal como adiantamos hai unhas semanas, o noso compañeiro Xose Estévez recibiu de mans da Fundazón Alexandre Bóveda o Premio Galiza Mártir 2017. No mesmo acto tamén lle foi entregado o Premio Manuel Murguía pola súa laboura coma historiador, outorgado pola revista do mesmo nome. Lamentamos profundamente non ter podido envíar unha representación do noso colectivo a Ponte Vedra nese 17 de Agosto, mais deixamos-vos na nosa Galería de Fotos algunhas das instantáneas dese emotivo momento. A aportación deste historiador e escritor á difuson da cultura galega na Euskal Herria, as súas constantes investigacións sobre o papel dos nosos paisanos na construcción deste país que nos acolle e a súa laboura pra estreitar os vencellos entrámbalas dúas nazóns é algo do que nos orgullamos especialmente. Bo e xeneroso no trato persoal só podemos repetir máis unha vegada:
Velaí vos vai o último artigo que da man da nosa asociazón vense en pubricar en estibaus.info o pasado día da pátria. Agradecerlle a Satxa que no-lo fixera, a sabendas que non lle foi tan doado acadar parte da informazón que nel se espalla; e agradecerlle a ALTZAKO HISTORIA MINTEGIA que nos siga a da-la oportunidade de podermos escreber en galego nas súas páxinas.
Quizais subliñar que vai sendo tempo que entidades coma Deputazón de Gipuzkoa ou o Goberno Vasco veñan en recoñoce-la laboura a prol da defensa da ?República? dos nosos mariñeiros.
No vindeiro 19 de Agosto voltará a nos visitar o artista galego Nelson Quinteiro coa súa compañía de Cabaret Novecento polas rúas e prazas de Trintxerpe. A actuazón será a partires das 21:00 na Praza dos Gudaris e na Rúa Pescadería. Agardamos ver-vos a todxs alí e que desfrutedes co espectáculo.