PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

POEMA ADICADO A MANOLO IRIXOA COUSILLAS
A amizade é unha porta que se abre,
unha man aberta que se estende,
un sinceiro sorriso que alenta,
unha mirada que te comprende,
unha palabra que te anima
e unha crítica que te millora.
A amizade é unha aperta,
un aplauso que te estimula,
un encontro que te gratifica,
un favor que non ten recompensa,
un dar sen esixir,
un entregar sen calcular,
un expresar sen cansanzo.


Teño a honra da túa amizade verdadeira
prá contar ledicias, mágoas e tristuras,
sen procurar privilexios nin sinecuras
tendo só no Galeuzca a continua xeira.
Viaxache dende Galiza a Euskal Herría,
forneciche con teimosía esta irmandade,
nada dun corazón de abondosa calidade,
coa bondade como norte e como guía.
Camiñaremos xuntos o resto desta vida
hasta que chegue a definitiva despedida
prá saúdar á miña Alda, princesa benquerida.
Mentres, seguiremos a eito na sementeira
de utopías, de soños loucos, dunha nova leira,
ca liberdade, a verdade e a xustiza por bandeira.

Xosé Estévez
Trintxerpe-Pasaia
17-maio-2013
Día das Letras Galegas
adicado a Roberto Vidal Bolaño
Comentarios (0) - Categoría: 02.- HISTORIA DO FATO - Publicado o 24-08-2013 03:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO