PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

OUTRA MORTE DUN XORNAL EN GALEGO
… e cando decidiron unirse pola salvación do país, o PP xa o queimara para sempre.



Acaban de pechar Galicia Hoxe, o derradeiro xornal publicado en galego. Féchase o circo: Vieiros, A Nosa Terra, Gznación, A Peneira, Galicia Hoxe. No momento máis favorábel para o poder: a comezo do verán. A vella táctica.
Complétase a eliminación do galego co afogamento da liberdade de información. Págase a cano cheo, co diñeiro dos galegos e as galegas, a desaparición da lingua e de calquera discordancia.

A estratexia deseñada dende Madrid para e morte de Galiza acada un novo chanzo. Despois da laminación da Cultura, do desmantelamento do Ensino, da neutralización do Funcionariado, da potenciación da Emigración, da destrución da Natureza, da queima do País. Da sistematización do asalto aos recursos públicos a través do roubo e o férreo control do Partido Podre. E os galegos e galegas a velas vir. Discutindo cada un co veciño por mor da leiriña. Serán galgos ou serán podencos?

O que pode ser é tarde de máis se non nos unimos nun movemento que sobre uns puntos mínimos e unha estratexia básica de mobilización para a defensa da Nosa Terra artelle un acordo fáctico. Movemento, puntos mínimos, estratexia, básica, acordos fácticos… Non unha estrutura organizativa partidaria (de un ou de varios) que poida sentirse como paralizante e dogmática senón unha fronte flexible, aberta e participativa na que todos e todas poidan aportar sen ataduras e co grao de compromiso que libremente queiran asumir.

Non é doado, mais é imprescindíbel. O dinosauro está aí.

Que fas ti pola solución?
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 29-06-2011 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
HOMENAXE AO COMPAÑEIRO MONCHO
O pasado día 22 de maio, o Fato Cultural galego “DANIEL CASTELAO”, adicoulle unha sinxela homaxe a un dos seus máis antergos membros, XOSÉ RAMÓN GARCÍA MOSQUEIRA, co gallo do seu 65 cumpreanos.

XOSÉ RAMÓN GARCÍA MOSQUEIRA, “MONCHO” praos seus amigos, nacera no concello de Miño, nas Mariñas coruñesas, e,coma tant@s galeg@s, collera de moi novo o camiño da emigrazón, estabelecéndose en Euskalherria, onde formara família coa súa compañeira Toñi Montejo, indo residir no rueiro de Larratxo, en Donosti.

A lonxanía física da Terra non foi atranco pra que o compañeiro Moncho gardara na súa ialma o Amor e a inquedanza pola Pátria Galega, o que o levou militar na A.N.-P.G. (“Asemblea Nacional-Poular Galega”), unha das primeiras formazóns políticas xurdidas no tardofranquismo, e cuxo evoluir a traveso do tempo daría orixe ao “Benegá” (B.N.G.: “Bloque Nacionalista Galego”), sempre co compañeiro Moncho nas súas fileiras.

É xustamente nises primeiros anos após da morte do “Dictador”, cando na andaina vital de Moncho crúzase o daquela nacente Fato Cultural Galego “SAUDADE”. No mes de xaneiro do ano 1977, a nosa asociazón fixera a sua apresentazón perante a comunidade galega de Pasaia cunha faléncia encol de Castelao. Aquil feito abriría unha porta a un feixe de moz@s galeg@s que estaban a percuraren un xeito de traballar a prol do Povo Galego dende a súa estadía na diáspora. E alí andaba o noso amigo, que de contado se integrou na nova entidade a canda outras persoas.

Foran épocas de actividade sen acougo dunha equipa que, aos poucos de escomezar o seu lavor e con Moncho no seu cerne, ordenara o troco do seu nome, un aquil folklórico, por outro máis axeitado ao esprito de loita que o enchoupaba. E foi eisí como pasou ser Fato Cultural Galego “DANIEL CASTELAO”, que iría deixando unha fonda pegada na vida social pasaitarra.

O tempo e a vida vai poñendo no seu logar as xentes e as cousas. Despois dun período máis ou menos longo de colaboura, moitos dos membros daquila primeira hora foron marchando á percura doutros destinos ou de novos horizontes. O Fato “DANIEL CASTELAO” perdera a maioría dos seus recursos humáns, mais sempre contara cuns cantos fideis que mantiveran acesa a lapa da presenza da cultura galega na comunidade fisterrá de Pasaia e mailo Oarsoaldea. Pois é: Alí estivo arreo Moncho, ao enteiro dispor pra facer o que comprira coa fin de que as Letras Galegas, o Magosto, ou calisquer outras iniciativas que lembraran ao Noso Lar tiveran a sua relucenza nas rúas euskaldunes.

Fora recitar uns poemas, tocá-la gaita ou cociñar os xantares cos que se agasallaba aos persoeiros que viñan interviren nos programas artellados, aló ía o Moncho amosar a súa calidade persoal. E outrosín se había que andar de troula, pois a súa voz e mái-lo seu arte prao arremedo levan a ledicia a quen o escoitaba.

Porén, inxustizas diste mundo, ás veces a saúde fainos xogadas treidoras. E ao compañeiro Moncho caeulle unha grave doenza que o ten alonxado hai xa algúns anos das nosas actividades. Fisicamente. Pois no seu esprito segue xunguido ao camiñar do Fato “DANIEL CASTELAO”, gardando ben enteiro o seu interese polo desenvolvemento dos programas...

Foi, coma dixemos ao primeiro, unha homenaxe homilde, mais contedora do fondo agarimo que, os que hoxe termamos en proseguer o vieiro aberto vai xa pra 35 anos, profesamos a iste baril compañeiro: Unha prancha na que reflectimos, cos versos de Xabier Amuriza (euskera) e de Curros Enríquez (galego), o sentimento da Patria Galaica que Moncho ven a amosar ao longo da súa traxeitória eisistencial.

Orabén, non quixemos que iste recoñecemento ficara limitado á persoa do noso “adiskide”. Quen levamos, dun xeito ou doutro, a adicar un anaco do noso cotío á laboura no eido social, sabemos aváu que non nos sería posivel desenvolver o noso lavor se non tivéramos connosco a alguén que se ocupara da “loxística” diária. Non podemos, logo, esquecer que, en realidade, o eventual “mérito” do noso traballo, é tamén un ben “ganancial”, que, “nobreza obriga”, temos que compartillar coa persoa que aceitara un día transitar á nosa carón polos vieiros da vida. Foi por iso que o Fato “DANIEL CASTELAO” estendeu a súa homaxe a Toñi, a compañeira inarredável na que Moncho ten a sorte de atopar un rexo e amoroso apoio pra aturar con azo firme a caristiosa xeira que está a atravesar.

Dende o Fato Cultural Galego “DANIEL CASTELAO”, imos tentar que a testimuña distes dous benqueridos amigos sexa pra túd@-los seus membros un pulo no noso esforzo ao servicio das nazóns basca e galega.
Comentarios (1) - Categoría: 02.- HISTORIA DO FATO - Publicado o 13-06-2011 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTAZÓN DE LIBRO EN TRINTXERPE
Presentazón do libro

“En castellano no hay problema ”

Liburuaren aurkezpena



Da man do seu autor CARLOS CALLÓN,
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

CARLOS CALLÓN egilearen eskutik,
Hizkuntza-Normalizaziorako Mahaiaren Lehendakaria


Ás 20:30 do mércores 8 de xuño. No salón da Tenencia de Alcaldía de Trintxerpe


Ekainak 8 asteazkena
, 20:30tan. Trintxepen, Alkate Ordetzako Udal Aretoan

 

Laguntzaileak: Pasaiako udala
Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 06-06-2011 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO