 Esta fin de semana a cita internacional de billarda-txirikila chega a Ponteareas. Dende que, hai xa catro anos, o noso colectivo organizara o Aberto de Billarda "Bahía de Pasaia" por primeira vez ata hoxe en día este xogo-deporte medrou por terras euskaldunas. Este sábado terá lugar o segundo encontro de entrámbalas seleccións na localidade de Pontareas, en continuidade ao desputado o ano pasado en Marín. Alí vos agardamos. Haberá actividades todo o día con pasarrúas, xantar, billarda e cea no Centro Social O Fresco.
|