No pasado 13 de Marzo fixemos unha ofrenda floral na Kultur Etxea (Casa da Cultura) de Oiartzun pra lembrarmos a homenaxe que adoitamos fazer a Kontxa Murguía Egaña. Tinhamos pensado faze-lo antes, mais por mor da situazón sanitaria vímo-nos na obriga de posponhe-lo ata essa data. Dende que xurdiu o tema da pandemia o nosso coleitivo, que conta con membros de avanzada idade, ven de suspender os actos programados apostando polo trabalho nas redes sociais. Kontxa Murguía era a nai de Manuel M. Murguía e por tanto sogra de Rosalía de Castro. O acto desenvolveu-se no mesmo lugar onde se atopa a placa que foi colocada hai 20 anos na que foi a súa casa natal e que a día de hoxe alberga a Kultur Etxea da localidade. Basicamente consistiu numha ofrenda froral na intimidade á que asistiron dous membros históricos do Fato Cultural "Daniel Castelao": o historiador Xosé Estévez e Manoel Irixoa, ademais do nosso presidente Filipe Domínguez e Iosune Cousillas, Concelleira da cultura no municipio e de prosapia galega.
|