PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

OS DEDOS DAS MANS

Este é o dedo mainiño,
este o seu irmanciño,
este o máis grande de todos,
este é o fura bolos
i este, o mata piollos.
Comentarios (0) - Categoría: 07.- CULTURA GALEGA - Publicado o 23-04-2009 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
REFRANEIRO POPULAR


Falten augas mil
e non falten as de abril.
Comentarios (0) - Categoría: 07.- CULTURA GALEGA - Publicado o 13-04-2009 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
O ENCONTRO
Nun día grande como o Domingo de Resurrreuzón, non podía faltar na Parroquia de San Pedro Apostolo a súa correspondente procisión. Ista era a do “Encontro”. Chamada deste xeito xa que nela facíase ver o “encontro da nai co fillo resucitado”.
Iste auto relixioso discurría na Herriko Plaza, e nesta, no comezo da rúa San Pedro artellabase unha táboa encol da que se arrombaba a Virxe do Rosario na súa anda. Aos lados dúas persoas: o “Celador” portando un pau cun distintivo -¿cal?- e outra cunha bandeira branca. E por suposto as persoas que tiñan que trasportá-la anda coa virxe.
Pola parte de atrás saía a procisión da Parroquia, coa súa cruz e ciriais con monaguillos con sotaina roxa e roquete, o guión, o incensário, o Santísimo baixo palio portado por un sacerdote con capa pluvial branca e o povo (autoridades, coro...). Paraban xusto ao comezo da praza e reverenciaban o Santísimo, primeiro quen portaba o distintivo, e logo a bandeira baixandoos.
De seguido, o Celador achegabase ao Santísimo facendo tres paradas e agachando a cabeza en cada unha delas. Logo o abandeirado facía o percorrido parando outras tres veces e asenlloando unha perna para pousar a bandeira no chan. Lembra Bene que durante moitos anos fora Pedro Odriozola quen fixera iste lavor.
Segundo chegaban xunto o Santísimo poñíanse trá-los nenos que ían seguindo a cruz e os ciriais que co resto da procisión agardaban a caron da parede da Igrexa.
Asemade a virxe facía a mesma escenificación, -afastándose a mesa na que estaba pousada-. En cada parada facíase unha xenuflesión coa cabeza.
Unha vez chegaban estes xunto o Santísimo, a comitiva enteira daba unha volta á praza e regresaban tudos á Eirexa de novo po-la porta que está baixo o coro.
A parte do dito hastra eiquí, coma sempre débida se non en todo en grande medida a Benedicto Arrizabalaga, a meirande parte dos que me teñen falado desta procisión, lembran que quenes fascían o traslado da virxe eran San Miguel e os seus anxos. O Arcanxo que levaba o puñal ou espada de lado -o Venres Santo facíao ca ponta ollando o chan- unha vez remataba a terceira parada facía un aceneo ou pequeno baile diante do Santísimo.
Coma vedes, a procisión era a máis breve en tempo. Tanto é así que as campás non acougaban namentras discurría ista. Pero de feito non ten nada en que envexar do resto das procisións que se adoitaba facer no Pasaxes da banda do Monte Ulía.


FILIPE DOMÍNGUEZ AVILÉS
Pubricado en PASAIAN nº87. Marzal 2009

Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 13-04-2009 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO