PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

17 DE MAIO: DIA DAS LETRAS GALEGAS 2008
Adicadas ao poeta e polígrafo XOSÉ Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ (1915-1985)

P R O G R A M A (euskaraz)


VENRES-SESTA FEIRA 16 de MAIO:

FALENCIA: “XOSÉ Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ: O COMPROMISO CON GALIZA”. Pola Profesora EULALIA AGRELO, Leitora de Língoa Galega na Universidade de Deustu

HORA: 20:00 h
LUGAR: TENÉNCIA DE ALCALDÍA de TRINTXERPE:


SÁBADO 17 de MAIO (DÍA DAS LETRAS GALEGAS):

PROXEIZÓN DE VIDEOS adicados ao persoeiro homenaxeado.

HORA: 12:00 h
LUGAR: TENÉNCIA DE ALCALDÍA de TRINTXERPE

QUEIMADA E CONCERTO coa actuazón do grupo galego de SKA TRAPALLADA enmarcadas dentro das festas do bairro de Arragua en Oiartzun.

HORA: 21:00 h
LUGAR: GOIKO-ESKOLA (Arragua-Oiartzun)


DOMINGO 18 de MAIO:

MISA en galego

HORA: 11:00 h
LUGAR: Parróquia de Nosa Sra. da Asunción

HOMENAXE A CASTELAO na rúa do seu nome e actuazón dos gaiteiros “NOVAS FONTES”.

HORA: 12:00 h
LUGAR: POVOADO DE PESCADORES DE PASAI SAN PEDRO

euskaraz

Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 30-04-2008 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
40 ANOS DE VOCES CEIVES
Comentarios (0) - Categoría: 07.- CULTURA GALEGA - Publicado o 29-04-2008 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
TINO BAZ - Cantarei, cantarei
Comentarios (0) - Categoría: 07.- CULTURA GALEGA - Publicado o 23-04-2008 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
GALEGOS EN SAN MARCIAL
Na derradeira fase da chamada Guerra da Independencia ou máis ben Francesada o exército anglo-hispano-portugués, no que se encadraban os continxentes galegos, avanzou cara o Norde dende Portugal, derrotando ás franceses en Arapiles (Salamanca), o 22 de xullo de 1812, en Vitoria o 21 de xuño de 1813 e en San Marcial, perto de Irún (Gipuzkoa) o 31 de agosto de 1813.
Na Batalla de San Marcial, mentres outras tropas aliadas, as anglo-portuguesas, baixo o mando do xeneral Graham encetaban o saqueo de San Sebastián,o 31 de agosto de 1813 o 4º exército español ou de Galiza sob mando do xeneral Freire- Andrade fixo retroceder as tropas de Soult, que emprendera a maior ofensiva contra o exército aliado dirixido polo duque de Wellington, o irlandés Sir Arthur Wellesley. Cicais, e isto sae do meu peto, os parentes devanceiros, vencellados a Breogán, ou os sons nostálxicos das gaitas explican as querencias filogalegas deste noble da vella Eirin como ollaremos máis adiante.
Wellington achegouse a San Sebastián logo da victoria de Gasteiz e puxo sitio á cidade no mes de xullo de 1813, buscando render esa importante praza forte, entanto o exército francés se retiraba cara o Leste, e tentaba recuperarse e cuidar os feridos habidos en Vitoria. San Sebastián xunto con Pamplona situábanse aos flancos das forzas de Wellington, gardando as proximidades da fronteira francesa e listas para ser aproveitadas polos franceses antes de que os aliados tentasen operar dentro do seu país. Porén, o asalto contra San Sebastián mostrou que Wellington xulgara mal a determinación da gornición francesa e a do seu comandante, o xeneral Rey, así que os asaltos británicos foron rexeitados con graves perdas, como os 600 mortos contabilizados no ataque do día 21 de xullo. Antes de que Wellington puidese reprantexar as súas accións, tivo novas de que Soult recuperara as súas forzas e reaparecía desde o Leste, bastante antes do que Wellesley crera posíbel; de xeito que parte do exército aliado levantou o asedio de San Sebastián para enfrontarse ao marechal francés. Entre os que foron a Irún para facerlle fronte a Soult atopábase o continxente galego, polo que fica nidio que os galegos non interviron no saqueo e queima de San Sebastián, senón os anglo-portugueses a quen sempre se citan na documentación da época e posterior.
Mentres Wellington, que tiña o Coartel Xeneral en Lesaka (Navarra), encaraba a Soult, o xeneral Thomas Graham mantiña o bloqueo de San Sebastián e preparábase para asumir o segundo asedio da bela Easo o 26 de agosto de 1813. Foi erguida unha liña de fortificacións lixeiras para resgardarse contra os asaltos de Soult, mentres un forte amalló se fixou nas beiras do río Bidasoa. Acrecentouse a forza das divisións anglo-portuguesas coa a inclusión de forzas españolas das divisións españolas 3ª, 5ª e 7ª sobre as alturas de San Marcial, así como dúas brigadas da 4ª division en reserva, que formaban parte do Cuarto exército español ou exército de Galicia, dirixido polo xeneral Manuel Freire Andrade e Armijo, nado en Carmona (Sevilla) o 11de abril de 1767 no seo dunha familia vencellada ó estamento castrense e foi bautizado como Manuel Alberto Josef León. Foron os seus pais Francisco, daquela Sobtenente do Rexemento de Cabaleiría de Alcántara e natural de Santomé (Galicia), e Josefa Armijo y Bravo, natural da propia Carmona. Pola banda do pai pertencía, xa que logo, a esgrevias familias fidalgas galegas, os Freire e os poderosos Andrade. En xuño de 1813 foi nomeado Xeneral en Xefe del 4º Exército español ou de Galicia, sucedendo no posto ó xeneral Castaños, o heroi de Bailén en 1809.
En efecto, logo de catro semanas de recuperación, Soult preparara unha ofensiva cara San Sebastián, concentrando as súas nove divisións en Ainoa (Iparralde), para un ataque sobre os arredores de San Marcial. Nen as forzas francesas, nen as españolas tiñan a moral en perfecto estado de combate; os franceses estaban desmoralizados polas retiradas recentes; en tanto as enrabiadas tropas de Freire, abandoadas pola súa loxística, non gozaran das súas racións en varios días. Detrás deles, os exércitos aliados estaban enfrascados nos terríbeis combates por San Sebastián, que lles costarían 2.376 mortos ou feridos só no día 31 de agosto.
Enfoscadas pola néboa mañanceira, sete divisións francesas marcharon cara o Bidasoa no 31 agosto, vadeando o río. As posicións aliadas en Vera e Irún víronse sorprendidas e sobrepasadas, mais non sen alertar antes a Freire, que dirixíu as súas tropas formando unha liña nas alturas. As columnas imperiais perderon o seu orde cando gabearon sobre o difícultoso terreo, alcanzando as liñas de Freire como unha masa confusa. Os galegos recibíronos con fogo e, avanzando contra eles con baioneta calada, atrollaron os homes de Soult, empuxándoos ladeiras embaixo.
Soult recompuxo as unidades a medianoite e preparou tropas de refresco para un segundo asalto sobre os outeiros, mais os galegos á baioneta calada mantivéronse firmes fronte este asalto final, batendo novamente nos franceses. Impotente ante as sucesivas retiradas dos seus homes, Soult ordeou a retirada. Cando Freire reclamou reforzos para a súa liña, foi replicado con magnanimidade por Wellington: Como xa obtivo esta vitoria, debe gardar a honra dela tan só para os seus paisanos. Polo seu comportamento nesta batalla foi premiado ( o 11 de setembro de 1813) co ascenso a Tenente Xeneral e posteriormente coa Gran Cruz da Real e Militar Orden de San Fernando. Integrado nas forzas da vangarda hispano-británicas, penetrou en territorio francés, participando en diversas accións de armas: paso do Bidasoa ( o 17 de outubro de 1813) e paso do río Nivelle ( o 10 de novembro de 1813). Iste xeneral de rexa estirpe galega morrería en Madrid o 7 de marzo de 1835.
Donostia caería logo dunha amedrentadora batalla máis tarde, sufrindo un terribel saqueo e queima, e Soult retirouse para chan francés.
A fazaña dos galegos en San Marcial sería inmortalizada polo mesmo Duque de Wellington neste bando emitido ós poucos días dende o seu Coartel Xeneral:

“Guerreiros do mundo civilizado: deprendede a se-lo dos individuos do coarto exército español que teño a dita de mandar. Cada soldado del é merecente do bastón que apuño con máis xusto motivo ca min. Todos somos testemuñas dun valor descoñecido até agora. Do pavorío, da altiveza, da serenidade e da mesma morte, de todo dispoñen ó seu devezo. Duas divisións inglesas foron testemuñas desta orixinal e senlleira contenda, sen axudarlles en cousa algunha pola miña orden para que eles soios disfroitasen dunha groria, que nos anais da historia non ten compañeira.
Españois: dedicádevos todos a premiar ós infatigabeis galegos; Sinalados sexan deica o remate dos séculos por ter levado a súa afouteza e barileza donde ninguén chegou até agora; donde con dificultade podían chegar outros e donde só eles mesmos podían escadar, se cecais iso é posible.
Nación española: o sangue verquido de tantos Cides vitoriosos foi galardoado con 18.000 inemigos e unha numerosa artillaría que desapareceron coma o fume, para que non nos ofendan máis.
Franceses fuxide, pois, e pedide que vos dictemos leises, porque o Coarto exército español vai detrás de vos e dos vosos caudillos para ensinarvos a ser soldados”.

Lord Wellingon, Cortel Xeral de Lesaka, a 4 de setembro de 1813


Xosé Estévez.
Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 13-04-2008 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO