PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

A FONTE DO POVOADO
Neste pasado mes do nadal con ledicia ollouse no Arrantzale Auzoa a volta a seu lugar primitivo do cano que se retirara no seu día e se levara á fonte nova que se fixera cando o coleutor na “Herriko Plaza” no Casco Vello.
A recuperazón do picho dou unha grande alegría na parte outa de San Pedro. Este semella un vaso con un bico pendurado dun xeito de pescozo.
A maiores pasados uns días, para a nosa ledicia, ollamos unha prancha na que dábase conta da orixe da fonte; en euskera, castelán e galego.
Con esta son cinco as que coñecemos en Pasaia, todas ellas no distrito sampedrotarra (PREME AIQUÍ PARA OLLALAS).
A primeira delas na rúa Castelao, en galego i éuscaro do ano 1986 no centenario do nadal do egrexio persoeiro. Logo a de Manoel González, a pedrafita escrita en galego contén unha frase en vasco, inaugurouse nas Letras Galegas do ano 2007 no seu décimo cabodeano. Despois xa fora do Povoado no ano 2013 na nova praza da rúa Esnabide, adicada ao Bou Nabarra, contará cun panel informativo sobor desta embarcazón, cun poema tamén en galego. Xa no mes de santos do 2018, o 18 inaugurarase un monumento a “Aita Mañuel” cun taboeiro en varias línguas, entre a que se atopa o galego. E por último este decembro a da fonte do Povoado fai a quinta prancha pasaitarra...
Comentarios (0) - Categoría: 01.- QUEN SOMOS? - Publicado o 21-03-2022 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0