PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

Justo Rodríguez Rivas
...que después de un minucioso estudio de su actuación en la guarnición de Bilbao, a propuesta del comandante de asalto, Aizpuru, fue por mi puesto en libertad e incorporado a su puesto en la jefatura de Asalto de Bilbao (Echeverría, S. D.).

O daquela Gobernador Civil de Biskaia, o pontevedrés José Echeverría Novoa, non se fía nun primeiro intre do seu paisano Justo Rodríguez Rivas. O Tenente de Asalto de Verín (Ourense) é retido nunha cela en agarda da súa sorte. Quizáis os eu pasado no Exército de África pese como unha lousa nestes cruciais intres sobre as súas costas. Nembargantes algunhas fontes contradín ao pontevedrés e afirman o convencido republicanismo de Justo Rodríguez (Ruiz, 2019).

Nembargantes o xoven verinés é un heroe de guerra. Nado en Verín en 1901, axiña en 1920 alístase no Regimiento de Infantería Isabel La Católica Nº 54 con base en A Coruña. En 1925 pasa a formar parte do Grupo de Fuerzas Regulares Indígenas de Alhucemas con cuartel en Segangán (Nador, Marruecos) onde fica ata marzal de 1928. O seu seguinte destino atópase en Bilbo no Regimiento de Infantería Garellano Nº 43 (Logo en tempos da República transformado no Batallón de Montaña Nº 4). Merecedor de diversas mencións e condecoracións, é en 1925 cando obtén a Cruz do Mérito Militar con distintivo rojo sencillo. Justo Rodriguez aínda tería tempo de gañar unha cruz ao mérito máis en 1929 (AGMS, S1, L R2225).
Cando Alfonso XIII visita Bilbo en agosto de 1928, acode aos por aquel entón novos cuarteis de Garellano e leva unha grata sorpresa ao ver formado coa tropa a un suboficial en cuia casaca penden un bo número de medallas.

Durante la revista, S. M. se fijó en un suboficial que ostentaba en su pecho la medalla de Sufrimientos por la Patria, la del Mérito Militar y otras varias y honrosas condecoraciones ganadas en los campos de batalla de África.
(…). El citado suboficial se llama don Justo Rodriguez Rivas, es natural de Galicia. Todos sus ascensos, desde soldado de primera clase hasta suboficial, los ha ganado por méritos de guerra, algunos de ellos contraídos en el grupo de Regulares de Alhucemas número 5... (El Noticiario Bilbaíno 15/08/1928).


En 1934 licénciase có grao de alférez aínda que ao ano seguinte alcanzará por antigüidade os galóns de tenente. Con esta graduación ingresará no Cuerpo de Asalto.

Finalmente o Gobernador Civil atende ás argumentacións do comandante de Asalto Gabriel Aizpuru Maristany que media a favor do seu subordinado. Froito destas xestións é a posta en liberdade do tenente galego. Deseguida Echeverría Novoa vaille confiar o mando dunha pequena tropa que debe partir cara a Donostia. Solicítanse voluntarios para integrala que deben presentarse no instituto que hai fronte a Correos (Azurki, 2011). Finalmente166 homes parten o 21 de xullo de 1936.

Xa en camiño reciben orde de desviarse a Arrasate. Segundo parece o destacamento local da Garda Civil permanece sublevado e négase a abandonar o cuartel. Justo Rodríguez aproxímase ao edificio e parlamenta có oficial ao mando e consegue que depoñan a súa actitude e mesmo convenceo para que o acompañen a Donostia acomodados sobre o teito dos autobuses (Balbuena, 1998). Nesta vila coinciden coa columna que saiu essa mesma mañá de Donostia comandada polo militar Augusto Pérez Garmendia. Alí tamén reciben a nova de que os militares dosnostiarras acaban de sublevarse e combátese nas rúas da capital. Ambalas dúas columnas fusiónanse e deciden marchar cara a capital gipuscoana. A súa chegada resulta providencial para os partidarios da República e os rebeldes vense na obriga de repregarse aos cuarteis de Loyola. Os que non o logran encastélanse en diversos inmóbeis da cidade destacando entre todos o hotel María Cristina. Sufocados o día 23 os derradeiros conatos de resistencia dos sublevados. Pero deixemos ao propio Justo que nos relate os aconteceres daqueles combates.Justo Rodriguez Rivas da conta en radio Bilbao do desenrolo dos combates do día 22, sen dúbida os de maior severidade. O xornal El Pueblo Vasco correspondente ao día 24 de xullo reproduce as verbas do tenente:

El Teniente Rodríguez habla desde San Sebastián.
A las ocho y cuarto pone hilo directo con San Sebastián Radio Bilbao y en aquel micrófono hace uso de la palabra el teniente de Asalto don Justo Rodríguez Rivas, adicto al régimen y jefe de las fuerzas leales que salieron de Bilbao para San Sebastián.
Así se anuncia.
El teniente dice:
Ciudadanos de Santander, Guipúzcoa y Vizcaya.
El martes, día 21, el Excmo. señor gobernador civil de Vizcaya me confió el mando de una columna organizada por fuerzas de orden público y del Frente Popular, para ayudar al sometimiento de los todos (sic) rebeldes que existían en San Sebastián.
Esta columna fue reforzándose en los pueblos de Vizcaya y Guipúzcoa, hasta conseguir trescientos hombres armados de tanques, morteros y distintos efectivos para atender las distintas operaciones que se les habían confiado.
A las doce del mediodía de ayer llegamos a las puertas de San Sebastián y, después de organizar la marcha hacia la Diputación después de sostener algunos tiroteos en el camino con los rebeldes hicimos acto de presencia ante la primera autoridad de la provincia a las dos cuarenta y cinco , y colaboramos con el resto de las fuerzas para sofocar el movimiento de los rebeldes.
Para satisfacción de los vizcaínos y como prueba de cómo ha cumplido la columna, he de comunicar que el pueblo de San Sebastián vitorea por donde pasan las fuerzas de la columna a la República y al Frente Popular.
Viva la República.


A columna bilbaotarra aínda fica na Bella Easo e bota un cabo nos combates que pretenden reducir aos atrincheirados nos cuarteis de Loyola e os montes que o circundan todavía nas mans dos sublevados, así coma tamén o cemiterio de Polloe, o manicomio de Uba e o convento das Hermanitas de los Pobres.

O día 26 de xullo as forzas gubernamentais asaltan simultáneamente os altos de Polloe e de Ametzagaña. Na refrega do cemiterio o tenente de asalto Justo Rodríguez Rivas é ferido de gravidade no ventre. Luís Arbella tamén atópase no mesmo fatídico lugar onde o galego é ferido mortalmente, isto é o que nos relata:

Estábamos nosotros allí en posiciones (no cemiterio de Polloe), y un buen día sacaron ellos una bandera blanca para parlamentar. Íbamos a ir: Entre ellos Antxon Andonegui, yo y algunos más y los militares no dejaron, porque tenían que ser ellos los que tenían que ir a parlamentar. Y efectivamente salió (¿Cómo se llamaba aquel el Teniente de Asalto? ¿cómo?). No me acuerdo. Bueno salieron tres y cuando estuvieron a huevo, como generalmente se dice, ellos tiraron y nos mataron a alguien. Iban a parlamentar y los mataron en el camino. Esto es un hecho que mucha gente no lo sabe. ¡Para que veáis como eran estos tipos! (Estévez -Otaegui, 1985).

O Tenente de Asalto de Verín non falece alí mesmo como cre Luís Arbella. Rápidamente é trasladado ao hospital de San Ignacio onde falece poucas horas despois (Talón, 1978).

O seu cadáver é trasladado a Bilbao. Na capital biscaíña vai recibir unha conmovedora homenaxe das autoridades civís e militares así cómo dos bilbotarras no improvisado velatorio instalado ao efecto no edificio do Goberno Civil.
Sobre ás 11:30 hrs do día 28 a comitiva fúnebre percorre as principais rúas da cidade para logo conducilo ao cemiterio de Derio onde será soterrado.

El acto de la conducción constituyó una imponente manifestación de duelo, de la que participaron varios millares de personas (El Liberal, 29/07/36).

Ese mesmo serán regresa a Bilbo a columna entre o alborozo dos veciños do botxo. Recibidos por José Echeverría Novoa sucédense discursos e parabéns louvando a barvura destes homes. O cabo de Asalto Ramón Fernández Vela non esquece ao seu comandante. Para honrar a súa memoria solicita ás autoridades que en nome da columna sexas depositados uns ramos de flores en la tumba del heroico teniente de Asalto don Justo Rodríguez (El Liberal, 30/07/36).

Artigo de Serxio Balchada Outeiral. Satxa.



Fontes

• Archivo General Militar de Segovia.
• Fundación Sancho el Sabio.
Xornais
• El Liberal.
• El Noticiario Bilbaíno.
• El Pueblo Vasco.
Bibliografía
• Azurki, Aitor. Maizales Bajo la Lluvia. Testimonios de los Últimos Gudaris y Milicianos de la Guerra Civil en Euskadi. Irún, 2011.
• Balbuena, Mateo. El Viejo In Util. Galdakao, 1998.
• Echeverría Novoa, José. Memorias. Inéditas.
• Estévez, Xosé; Otaegui, Marta. Protagonistas de la Historia Vasca (1923-1950). Ciclo de mesas abiertas 21-31 de mayo de 1984. San Sebastián, 1985.
• Jiménez de Aberasturi Corta, Luis Mª. Crónica de la Guerra en el Norte (1936-1937). San Sebastián, 2003.
• Muñoz Echabeguiren, Fermín. San Sebastián. Los Años Trágicos. 1934-1936-1939. Donostia, 2006.
• Ruiz, Llano, Germán, Militares y Guerra Civil en el País Vasco. Leales, Sublevados y Geográficos, Bilbao, 2019.
• Tabernilla, Guillermo; Lezamiz, Julen. Cecilia G. De Guilarte, Reporter de la CNT. Bilbao, 2007.
Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 03-02-2021 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0