PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

LEMBRANZA DO AMIGO LUIS PÉREZ CASAIS. O FOGUETEIRO
O pasado día 29 de xaneiro, como quen non quer, colleunos de supeto a nova do pasamento do compañeiro Lois, O Fogueteiro de Trintxerpe.

Os que o coñecemos de sempre, temoslle o recordo, de ser de esas persoas que estaban no que fose menester traballando pol-o povo. Mormente no distrito de Trintxerpe, de donde viña sendo, xa que logo do lado donostiarra de Azkuene; festas, parroquia, asociazóns, ?

Dinde hai anos era membro da nosa entidade, e como tal, estaba sempre aló donde viñera en facer falla. Traballaba i era dos primeiros en chegar (se non o primeiro), e marchaba cos últimos. Inda había que decirlle de marchar: Veña Lois por hoxe chega, que son as doce da noite, e mañán inda temos choio ? E ao día seguinte igoal.

A maiores sempre tivera o tento que fose menester para obrar de ponte entre as persoas, sabendo ser de bóo facer, sen deixar de ser quen de falar crarexado. Eiquí viase a súa esperencia en eidos coma os de ?Protección Civil? no que chegara a levar o leme no decurso de dazaoito anos.

Pero quizáis, o que máis lembremos, e por suposto, botemos a faltar, seña a sús amizade. O amigo que sempre sabía como tentear qué viña sendo o que te acontecía, e amosarte cal podería vir sendo a posibel soluzón.

Mais ca inda que sabemos que sempre estarás connosco, AGUR ETA OHORE LAGUN, EGUN HAUNDIRA ARTE.
Comentarios (0) - Categoría: 02.- HISTORIA DO FATO - Publicado o 06-02-2019 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
VIA GALEGA EM PASAIA
Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 06-02-2019 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0