PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

Carta do Fato
Sr. Presidente
Real Academia Galega

Rúa Tabernas, 11
15.001 A Coruña.

Pasai San Pedro, xuño 2014.
Meu señor: O embaixo asiñante FILIPE DOMINGHEZ AVILES (D.N.I.: 15...) en caledade de presidente i en representazón do FATO CULTURAL GALEGO DANIEL CASTELAO (C.I.F.: G 20...) de PASAIA, diríxese a Vde na súa condizón de Presidente da REAL ACADEMIA DA LÍNGUA GALEGA, ca intezón de espoor con todo respeito:
1º.- Que en xuntanza o pasado 28 de maio entre outras cousas na nosa entidade desideuse solicitar á instituzón que Vde preside se lle adique o día das LETRAS GALEGAS a D. MANOEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO. 2º.- Que nós entendemos cumpre toda-las condizóns eisixibeles no seu perfil para ser merescente sobranceiramente por:
A.- A súa obra literaria. En cantidade e calidade. B.- O seu amor á Terra e por suposto o que xurdía dela a Fala e mai-la cultura galega.
3.- Que nós como entidade que nunca fomos moi amigos de facer este tipo de peticions. Entendemos énos de cumprido obrigado, pois fora un moi amigo noso, que non somentes deunos a oportunidade de te-la sorte de contarmos con él en mais de un conxeito, senon que tomaba parte en todo-los autos e propostas que lle facíamos cando se atopaba entre nos. Sendo sempre considerado un mais de nós e gardando todo-los que poidemos coñecelo unha garimosa lembranza como home e como galego.
Pol-o que lle solicita: Que a REAL ACADEMIA DA LÍNGUA GALEGA desine a D. MANOEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO como o homenaxeado nas LETRAS GALEGAS 2015.
Na confianza de que sen menosprezo doutros escritores e autores galegos poidan ter méritos para acada-lo día das Letras. A vosa entidade teña a ben atende-la nosa demanda.
Saúdalle respeitosamente.
FILIPE DOMÍNGHEZ AVILÉS
Presidente-Lehendakari
Comentarios (0) - Categoría: 09.- MANUEL MARIA ENTRE NÓS - Publicado o 29-02-2016 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL MARÍA ENTRE NÓS

A nosa asociazón acolleu con fonda ledicia o anuncio de que as LETRAS GALEGAS 2016 estarían adicadas a o noso recordado MANUEL MARÍA. De feito nos mesmos solicitaramos se lle adicaran as Letras á persoa que tan fonda pegada deixara na nosa entidade. Coa que compartiramos moitas xornadas e que cultivara unha fonda amizade con quen fora o noso presidente Xosé Estévez. É a nosa intenzón dentro das nosas posivilidades lembra-la súa figura atraveso de varios medios. Desde este que estamos a comprartir espallando dúas das cartas que remitíramos a RAG, a do FATO, e a de un dos nosos compoñentes na que se amosa o agarimo que desperta entre nos; entre outras... E por suposto nos autos das Letras Galegas. Cumprida conta de todo elo teredes dende este medio.

MANUEL MARÍA en vida estivera moi vencellado a Euskal Herria por unha morea de ligames: fortes relazóns co grande escritor euskaldun Gabriel Aresti, escritos sobre a poesía deste autor; ademirazón pol-o escritor de iparralde Francis James, soterrado en Hasparren. Conferencias, recitais, participacións no Galeusca de escritores; pregón do Día de Galiza en Euskadi de Laudio, artigos, libros, etc.

Visitou Euskal Herria para levar a cabo as aitividades mentadas no: 1972 (en dúas ocasions), 1973, 1974, 1977, 1978, 1982, 1985 (en dúas ocasións), 1986, 1988, 1990 (en dúas ocasions), 1991, 1994, 1995, 1997 e 1999 en diferentes localidades coma Barakaldo, Donostia, Laudio, Iruinea, Gasteiz, Biarritz, Sestao, e, cómo non, en Pasaia. Aiquí estivera para pronunciar conferencias, homenaxes a Castelao na rúa que leva o seu nome no Povoado de Pescadores de Pasai San Pedro, presentacións de libros e recitais no 1978, 1982, 1985, 1986, 1990, 1997; autos do que fica unha fonda documentazón.

A nosa entidade, como xa dixemos, mantivo unha forte relazón co Manuel María, e, de feito temos no noso arquivo un cartaz que ven sendo do 1978, e nel xa contaramos co Manuel María. A maiores, no ano 1990, dentro das LETRAS GALEGAS fixeramoslle unha homenaxe na que tiveramo-la sorte de contar coa colaboura do tamén escritor euskaldun Koldo Izaguirre.


Ten varios traballos traducidos ao euskera da man de Koldo Izagirre e Joseba Sarrionaindia como: “O auto do Maio esmaiolado”; “Unha espiña de toxo chamada Berenguela”; “Poemas Náufragos”; “Saturno”; etc. Nós, este ano, co gallo que estamos a celebrarmos, reeditamo-la obra “MANUEL MARÍA ANTOLOXÍA HOMENAXE” obra dada ao prelo xunto coa Casa de Galicia en Gipuzkoa no ano 2005 e que consta de 32 poemas traducidos ao éuscaro do noso autor.

Amáis de todo o dito, lembrar tamén que mantivera, unha fonda amizade, a maiores dos xa mentados Gabriel Aresti e Koldo Izagirre cos seguintes escritotres euskalduns: Arantxa Urretabizkaia, Ramón Etxezarreta, Omar Nabarro, Patri Urkizu, Txomin Peilen, Iñigo Aranbarri, Vélez de Mendizabal, Mikel Laboa e outros.

FOTOS: MANUEL MARÍA ENTRE NÓS

http://www.blogoteca.com/fatocastelao/index.php?gal=3816&pag=0
Comentarios (0) - Categoría: 09.- MANUEL MARIA ENTRE NÓS - Publicado o 22-02-2016 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL MARÍA E O FATO
Ao longo deste curso iremos publicando pouco a pouco diversas imaxes co gallo das diferentes intervencións e colabouras que o poeta Manuel María fixo co noso colectivo. Aquí deixamos-vos a primeira do ano 1990. Poderedes ver a secuencia completa na nosa Galería de Imaxes ou nas nosas redes sociais de Twitter e Facebook


Comentarios (0) - Categoría: 09.- MANUEL MARIA ENTRE NÓS - Publicado o 15-02-2016 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
HOMENAXE A CONCHA MURGIA 2016

Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 06-02-2016 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
VISITANTE NUMERO