PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

ACTOS HOMENAXE CONCHA MURGUIA

Remataron os actos en homenaxe a Concha Murguía Egaña en Oiartzun cunnha programazón máis ambiciosa ca outros anos cun éxito bastante notavel en asistencia. Podedes ver as imaxes dos actos picando aquí.
Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 22-02-2010 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
55 MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 14-02-2010 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTAZÓN DE "55 MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA" EN TRINTXERPE
Podedes escoitar o acto de presentazón no seguinte reprodutor




INTRODUCIÓN

A Lingua Galega é o máis prezado patrimonio inmaterial do pobo galego. É o que nos identifica coma o que somos, galegas e galegos, e o que nos dá un lugar propio no mundo.

ANTECEDENTES

Os galegos sentímonos orgullosos de ter unha lingua milenaria cun glorioso pasado que, por circunstancias políticas, entrou nun túnel de silencio forzoso nas primeiras décadas do século XVI ata se converter en instrumento de marxinación e sufrimento moral e físico de moitas xeracións. O ininterrompido uso oral que dela fixo a xente humilde e o traballo das elites intelectuais que a partir do século XIX souberon rehabilitala, fixeron posible salvar o que é o principal elemento de identidade dos galegos e a base esencial da nosa cultura.
O traballo de todas esas persoas propiciou que hoxe Galicia sexa unha nacionalidade histórica e que conte con autonomía política, e os diferentes gobernos autonómicos foron poñendo os alicerces para a recuperación social da lingua galega, particularmente nos eidos do ensino, da administración e dos medios de comunicación públicos.

PRESENTACIÓN


ProLingua é unha plataforma creada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real, que pasa por unha presenza normal en ámbitos dos que se mantén practicamente excluída, como a empresa, a xustiza e outros servizos públicos e privados, especialmente os medios de comunicación.
En función disto, declaramos como obxectivos irrenunciables de ProLingua a totalidade dos contidos da actual Lei de Normalización Lingüística de 1983 e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004, que contaron, en ambos casos, coa aprobación por unanimidade do Parlamento de Galicia.
Estamos nun Estado de dereito e como cidadás e cidadáns esiximos que se cumpra de xeito pleno a lexislación existente en materia lingüística.
Asemade esiximos que non se leve a cabo ningunha medida lexislativa que supoña perda de dereitos por parte das galegas e dos galegos a usaren e coñeceren a lingua galega e a facer dela o seu sinal de identidade galega.


Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 12-02-2010 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO