PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

A REVOLTA RECUPERA O MERDEIRO EN VIGO


"O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de caracter popular que remitiu nos anos 20 do século XX por medio de ordenanzas municipais que sen mentalos atacaban a súa figura.

Vestirse no entroido de merdeiro era un costume típico entre os mariñeiros da ribeira viguesa. O seu obxectivo era incordiar á xente na época do entroido, restregando indiscriminadamente ás súas vítimas con restos de peixes apodrecidos. O motivo da creación desta figura foi a xenreira existente entre mariñeiros e labregos." (Fonte: Galipedia)


A xente do Centro Social "A REVOLTA" de Vigo leva xa varios anos recuperando esta figura do Antroido vigués, esquencida nos tempos máis escuros da cultura galega. Se queredes saber máis sobre o Merdeiro picade aquí ou nestoutra ligazón.
Comentarios (2) - Categoría: 07.- CULTURA GALEGA - Publicado o 26-02-2009 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA PROCISIÓN EN DÍA SOLTO.


Parés ser que a procisión do Sagrado Corazón, veu se-la única que se deu en facer en día de traballo o pasado século na parroquia de San Pedro Apóstolo. Tendo en conta que de cando se ten memoria delas, as misas facíanse pola mañán a funzón escomenzaba pola serán sobre as sete constando de: rosario, o remate da novena, sermón e procisión. Esta última facíase dende a Igrexa hastra a Torre e volta, discurrindo do seguinte xeito: a cruz con seus dous ciriais portados por monaguillos con sotana roxa e roquete branco. O estandarte do Sagrado Corazón precedindo a imaxe deste levada nunha anda que tiña catro farois seguida do sacerdote con capa pluvial branca, que adoitaba ir acompañado de outros dous con dalmáticas da mesma coor . E como remate o povo.
A maiores das colgaduras nas que se soían poor tamén fotos e incruso escapularios do Sagrado Corazón, as fiestras e balcóns tamén levaban farois.
Deste xeito a fé da freguesía sanpedrotarra facía que a noite dun día solto sempre fose estrelecida.

FILIPE DOMÍNGUEZ AVILÉS.
Pubricado en PASAIAN nº51. Xaneiro do 2006.
Comentarios (1) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 12-02-2009 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
REFRANEIRO POPULAR
Dixo no monte unha vella:
Vaite febreiriño curto, cos teus días vinte e oito,
que se tiveras máis catro,
non quedaba can nin gato.

Febreiro contestou:
¿Os teus becerriños oito?
Deixa, que o meu hirmán marzo
haichos volver en catro.
Comentarios (1) - Categoría: 07.- CULTURA GALEGA - Publicado o 01-02-2009 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO