PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

O OLENTZERO GALEGO
UMHA FIGURA PRÓPRIA ESQUECIDA POLA COLONIZAÇOM

O investigador José André Lôpez Gonçález apresenta um estudo em que patenteia que a Galiza, como outras naçons nom espanholas do Estado, tinha umha figura própria nas festas do Natal. Chama-se 'APALPADOR' e a sua tradiçom ainda vive entre os mais velhos das serras de Lóuçara, o Caurel e o Zebreiro. Confirma o que tantos suspeitavam -a existência dumha tradiçom banida polo cristianismo e logo polo consumismo natalício- e anima à recuperaçom do nosso natal pré-cristao. Umha boa tarefa para o movimento popular.

Nas décadas de 80 e 90, alguns investigadores pudérom falar com idosos destas serras, que transmitiram a sobrevivência do Apalpador. Este homem de boina, casaco esfarrapado e remendos, vivia nas devesas a fazer carvom, e descia às aldeias em 31 de Dezembro para alimentar os meninhos e meninhas.

Relaciona-se com vários cultos típicos dos povos indoeuropeus, como é o culto ao sol (a natureza que se regenera no Inverno) ou ao javarim (carne da que se alimentava o pessoagem), e premiava aliás o bom comportamento das crianças, deixando-lhe castanhas.

Trata-se, segundo o investigador, 'da versom moderna dum deus milenário correspondido com o sol, propiciador das boas colheitas.'

Porvavelmente, em épocas recuadas o culto celebraria-se em 25 de Dezembro, mas pressionado polo cristianismo e o dia de reis, passou ao dia de Santo Silvestre.

Hoje que as nossas festas nom som mais que um pretexto para acelerar a maquinária irracional do consumismo que estraga o meio e as culturas, a recuperaçom das figuras da nossa história pode ser um arma fundamental para erguermos festas realmente nossas e populares longe do mercado. Os movimentos que defendem a causa da Galiza já têm umha importante tarefa pendente para anos próximos: popularizar o apalpador e começar o desterro das figuras que patrocinou o imperialismo cultural.

Podedes descarregar o estudo picando aqui

Comentarios (2) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 24-12-2011 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
NON ME AFAGO SEN ELA
En Orio fronte ó mar
Repousa o meu amor,
Acouga xa sen dor
No eterno devalar.

En Orio fronte ó mar
Na ladeira dun altor
Ferve de luz no albor
A tristura dun cantar.

En Orio fronte ó mar
Lene ronsel dunha vela
No mastro do meu penar.
En Orio fronte ó mar
Eu non me afago sen ela,
Saudade sen agarimar


Oiartzun,27-maio-2007
Xosé Estévez
Comentarios (1) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 18-12-2011 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
O AGARIMO DUN PAI
Durante este veran, e co gallo do 5º cabodano do pasamento da súa filla, Alda Naiara Estévez Goñi; o que durante tantos anos levara o leme da nosa asociazón, veu en pubricar unha escolma de poemas e pequenos artigos, na sua memória. O libro, é o segundo que sae do prelo para lembrar a nosa compañeira, e ven sendo, unha -outra- homenaxe dun pai, que o dí todo co tíduo: “NON ME AFAGO SEN ELA”.

Nos tamén (e logo!) notámo-lo oco, o valdeiro de quen fora unha das imaxes do FATO. Pois o raro era non vela nalgunha das aitividadesque se ían desenvolvendo ano tras ano. Máis eses olliños tan nosos estannos a alumear dende ala onde se atope. Deso estamos certos.

Quen tivemo-la sorte de compartir tantas horas con ela nesta asociazón ou na vida de acotío, tamén botámola a faltar, e inda sen dicir nada lembrámola nos magostos, nas letras galegas, nas homenaxes a Kontxa Murgia... Bulindo nos nosos maxíns recordos e acontecidos lembrados dende o agarimo compartido cunha dos nosos.

E que poderíamos dicir do contido da obra? A nosa peúria de coñecementos poéticos non nos permite xulgala con criterios téinicos ouxetivos. Mais sí poderemos botar man das sensazóns que a leitura do livro fai xurdir en nós...

Xa o propio tíduo (cánta fondura en tan poucas verbas!) garda en sí mesmo o resumo do que imos atopar no percorrido polas suas páxinas: A angúria que desacouga e axita a i-alma dun pai a quen a quen a fría crueldade da natureza (isa nai por veces madrastra) arrincou do seu lado a filla na que deitara tuda a sua amorosa enerxía nunha ruda batalla contra a grave doenza que a torturaba.

Ista door paternal fai abrollar uns versos nos que a forza dos sentimentos ultarpasa o eido literário para lles conferir umha calidade dina das millores elexías. Nos seus metros, o autor deixa ceivo o desespero pola sua impoténcia perante o malfado, deica o punto de non lle atopar sentido ao seu persoal vivir sen a compaña da sua “princesa” Alda. Somente a baruda relixiosidade que profesa vaille fornecer os azos precisos para seguir na sua andaina vital, que irá, xa para sempre, asulagada na SEÑARDADE, ise estado do esprito tan noso, xerado pola ausencia dos seres amados, e con tanto xeito cantara o grande poeta da Terra Chá MANUEL MARÍA, íntimamente vencellado a XOSÉ ESTÉVEZ e máis a sua filla por unha amizade inmorredoira.


Mais este pai desacougado non está senlleiro no seu sofremento: Niste senso, “NON ME AFAGO SEN ELA” leva un aquel de livro coral que o autor deixa ben recoñecido nos seus agradecementos do limiar. Porén, niste conxeito, as colabouras sobardan o terreo lírico, poñendo por riba de tudo o acoro que o pasamento da Alda xerou nas nas persoas nomeadas no testo. Pois que non é só o achego da familia de seu, que arroupara á rapaza no calvário eisistencial: Verbas e imaxes, o mesmo as fotográficas cas deseñadas, destilan un arrecendo de solidaridade e de agarimo que viña de tempo atrás, cando a nosa amiga combatía o seu cotián padecer enchendo a contorna que a arrodeaba co seu xorne ledo e animoso. Poderiase dicir que a aititude positiva de Alda perante a adversidade criou ao seu arredor unha comunidade humán que superou o cerne familiar para se converter niso que nos é (ainda) tan caro aos galegos: Unha tribo de xentes xunguidas pola fraternidade e o amor. Achamos que tudos ises valores déixannos aberto un oco á ESPERANZA, e amosannos que a marcha de Aldiña non é máis ca unha xeira no camiño cara a un futuro rencontro.
Comentarios (1) - Categoría: 02.- HISTORIA DO FATO - Publicado o 09-12-2011 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO