PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

PRESENTAZÓN EN PASAI SAN PEDRO DO ÚLTIMO TRABALLO DE KEPA JUNKERA
KEPA JUNKERA, o músico euskaldún máis importante, influinte e internacional do momento, edita co selo galego FOL MÚSICA o proxecto máis ambicioso da sua carreira: un traballo discográfico rodeado das mellores formacións e artistas da actual escena tradicional de Galicia. A súa presentazón será en Pasai San Pedro o vindeiro 10 de Nadal

En "GALIZA" a trikitixa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fóndese á perfección coas gaitas, as voces, os pandeiros, as arpas, os acordeóns... para crear un universo de música tradicional perfecto. O eixo musical GALIZA-EUSKALHERRIA tivo moitos achegamentos ao longo dos anos, pero nunca estivera tan ben representado como neste dobre álbum de KEPA JUNKERA.

"GALIZA" conta cunha presentación espectacular: un libro de 23 x 23 cm, de tapas duras, 50 páxinas con ilustracións, fotos e textos.

Todo un acontecemento na escena da música tradicional da Península ibérica.



Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 27-11-2013 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
BILLARDA OUTRO ANO MÁIS
Máis un ano, celebramos o Aberto de Billarda "Badia de Pasaia". Este ano por mor da climatoloxía vímo-nos na obriga de celebra-lo no fontón de Pasai Donibane e non na praza de Santiago como estaba previsto. Nos catro primeiros postos dous bascos e dúas galegas. Os nosos máis sinceiros agradecementos a Bixi Bixi Kultur Elkartea e á Liga Nacional de Billarda pola súa estreita colaboura. O medalleiro quedou do seguinte xeito:

- CAMPIONA/TXAPELDUNA: Ana da Galiza

- SEGUNDO CLASIFICADO / BIGARRENA: Joseba Kanpano

- TERCEIRO / HIRUGARRENA: Donibane Azkarate.

PARABÉNS!!!! ZORIONAK!!!
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 26-11-2013 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
CHEGA O MAGOSTO
Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 04-11-2013 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO