PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

HISTORIA DUNHA IKURRIÑA
Entre as moitas cousas que me contara meu primo Fandiño aquel verán do 2002 chamoume moito a atenzón a história dunha ikurrina que garda entre os seus tesouros máis prezados.

Nado en Carril, no ano 1926, foime relatando como chegaban ao seu povo, os trens que en vagóns de gando, levaban prisioneiros ao campo de concentración de “Rianjo”. Como desenbarcabanos en Catoira e atravesando o río Ulla de alí levavanos a andar pasando por Isorna e Leiro para Rianxo.

-Os rapaces levavamoslles pan, auga. Ás persoas maiores non lles deixaban achegarse aos bagons, pero a nós si.

Eu por suposto pregunteille pola fame. –Non, no 36 e 37 non, a fame empezou despois, polo menos donde eu vivia empezou despois do 40, 41. Enseñoume a ikurrina, que a gardaba xunto a outra moito maior, que lla levara un amigo de Pablo-Enea coa intenzón de facerlle un troque. Non conseguindo o seu propósito regaloulla.

-Os presos saían polas portas pero non baixaban dos bagons. Para ir ao retrete iban en grupos de dous ou tres, o que me acordo, e os levaban acompañados por soldados...

Ao pan e auga dos rapaces os prisioneiros correspondían dándolles os cartos da República que xa non lles tiñan valor no bando “nacional”, e deste xeito, o curmán da miña nai fixo unha moi boa coleizón. Según segue co seu relato, un “gudari” inquireulle donde vivía e como se chamaba:-Rogelio Fandiño Avilés, y soy de aqui, de Carril. Vivo en la C/ extramuros, cerca de la estación.- Apuntoulle os seus datos e doulle un fardel con roupa sucia, no que viñan: no peto dunha camisa cartos, e no medio da roupa a ikurrina. - Guardamelo, cuando me liberen vengo a recoger el fardel-. E o meu primo gardou todo no papel de estraza donde levou o pan para podelo sacar da vía morta “Cantalarrana”.

A mín a historia en sí encheume o ollo para escribila, asi que o seguinte ano volvín con papel, lápiz e cámara ao lombo a pedirlle volverama a contar con iste motivo.

De aquela cóntame que non coñecía a Ikurrina, que lle parescera unha bandeira inglesa, como aquelas que ondeaban en Vilagarcía na base da Armada Británica no ano 35. A Galega, a Republicán e a Nacional eran as coñecidas por aquel rapaz.
A pregunta inda que tiña resposta obvia era obrigada.
-e do gudari?
-Nunca volvin saber nada máis del.-




Filipe Domínguez Avilés.
Pubricado en PASAIAN nº44 maio 2005.
Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 24-11-2008 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO