PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

OLLANDO UNHA FOTOGRAFIA
As portas das festas de San Pedro aconteceu o pasamento de Benedicto Arrizabalaga. Persoa moi coñecida no txoko pasaitarra do mesmo nome, mormente pol-a sua laboura a prol da parroquia do apostolo. De feito xa en vida (que eu lembre) recibira duas merescidas homenaxes. A primeira delas de ONDARTXO ABESBATZA que lle agasallara cunha reprica da chave do coro que tantas veces lles abrira, ala pol-o mes de santos do 2005. E outra mais da mesma comunidade parroquial en maio do 2007 na que recivira unha makila. Amba-las duas disfroitaraas na compaña da sua dona, Juana Guereño, coa quen xa estará xunto a tantos amigos no colo do Pai.
Eu tivera a sorte de que compartira comigo os recordos dunha longa vida parroquial, pois fora sancristán dende o ano 1946 sustituindo ao seu pai pol-o pasamento deste, hastra o día 8 do nadal do 2006 que con 86 anos entregaralle-las chaves ao estonces abade D. José Ramón Yurrita. Asi pois nunca millor dito, tiven a sorte, de que me contara mormente como foran as procisóns nesta banda da badía, cousa que fun apuntando e aproveitei para espallar na revista PASAIAN nunha serie de traballos encol deste tema. Para elo, entre outras cousas, tamen andara eu á percura dalgunha fotografía coa que poder ilustralos. E deste xeito un día aparescera Bene cunha foto na que case non se daba visto nada, pois estaba moi branca a imaxe. Fora con ella a Juan Lazcoz, e o fotógrafo non daba un patacón pol-as semellas que saíran. Eu respostáralle en galego: O non xa o levamos. É a única vez que eu lembre que para a nosa sorte, Juanito non atinara, fixo varias probas e consegueu, por increibel que pareza, o que nin el mesmo agardaba. Se alguen podía fracelo sen dúbida era Juán Lazcoz, e inda que un servidor hoxe recoñeza que fora un pouco desesperanzado, tiña a certeza, de que se houbera quen en sacar algo de alí -como así fora- era el.
Eu non me dou lembrado, se a foto era de Bene ou lla deixaran. Dinlle algunha das copias e aos poucos escomencei a ve-las por San Pedro. O que si acordo, e o que me sorprendera, era todo o que o vello sancristán víra nela. Segundo o Bene, a foto esta feita no mes de maio que se adicaba á virxe, i esta se puña no altar. Coa chegada de D. Manuel Lasa, quitarase do altar e puxérase a un lado. E a maiores tratase do segundo domingo do mes, pois está o San Luis, que se sacaba todo-las segundas semáns no día do Señor. Caseque nada nuha ollada!. A foto nun marxe ten o ano 1949.
Cantas cousa levou consigo Bene!. Cantas cousas levan consigo os nosos maiores!. Eu non poido mais que por mor do dito e pol-a súa amizade... ESKERRIK ASKO BENE.
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 12-10-2015 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO