PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

MAGOSTO 2008 EN TRINTXERPE

euskaraz
Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 18-10-2008 06:15
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTO


O FATO CULTURAL GALEGO "DANIEL CASTELAO" queremos manifestar, perante as institucións de autogoberno e como aclaración perante a sociedade galega, o seguinte:

1.- O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial. Os usuarios do galego deben desfrutar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu.

2.- A situación do galego está moi lonxe de ser así. Non desfrutamos de dereitos lingüísticos plenos para desenvolver a nosa vida diaria con normalidade na nosa lingua na nosa terra. Son os falantes do galego os que resultan discriminados. É o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados. Vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia.

3.- Por iso, resulta realmente preocupante que, desde Madrid, con apoio de importantes medios de comunicación, haxa quen pretenda convencer á opinión pública de que o castelán corre perigo de desaparición e que os seus falantes son discriminados no noso país. Esta inversión da realidade ten como obxectivo que os falantes do galego non teñan dereitos lingüísticos e que os únicos deberes para as Administracións públicas se vinculen ao castelán.

4.- O verdadeiro problema non está na cooficialidade de idiomas como o galego, senón na actitude de quen nega a existencia de pobos e linguas diferentes no Estado español. Esta actitude si é a negación da convivencia e da igualdade. O proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir nesta lingua. O que compre é respectar a legalidade vixente (Estatuto e Lei de Normalización Lingüística) e avanzar con cambios legais na dirección da igualdade e da convivencia. Xustamente a dirección contraria á proposta polos que pretenden a imposición do castelán como único idioma con dereitos e deberes para os cidadáns en todo o territorio do Estado.

5.-. Correspóndelle ao pobo galego, a través das súas institucións representantivas, definir a política lingüística acorde co criterio de cooficialidade e de lingua propia que mesmo o actual Estatuto recoñece para o noso idioma. Esperamos o compromiso das institucións de autogoberno na defensa da igualdade plena de dereitos para o galego e na aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos. Neste labor contarán sempre co noso apoio.

6.- Alertamos á sociedade galega para non se deixar confundir e instámola a cavilar sobre a verdadeira situación do galego no propio país.
Defendemos un dereito humano elemental que nos define, ademais, como pobo diferenciado. Debemos ser firmes rexeitando todo posicionamento que persiga recortar dereitos ou retroceder no cativo camiño andado tanto nas administracións públicas, como na vida social.

FATO CULTURAL GALEGO "DANIEL CASTELAO"
(Outubro do 2008)


Apoios ao Manifesto
Podes enviar o teu apoio a través do fax (981 583 782), por correo electrónico: amesa@amesanl.org ou ao enderezo postal (Rúa do Vilar, 15 - 1º dereita; Apartado 247; 15705 Santiago de Compostela).

MESA POLA NORMALIZAZON LINGÜISTICA
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 07-10-2008 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
TERRA CHÁ-n BARRENA IBILTZEKO KOPIAK








TERRA CHÁ-n BARRENA IBILTZEKO KOPIAK


Fabilus, Lea, Moares eta Martiñan aldera
gariz betetako baratzeetan barrena.
Izar bat dudala gidari.

Anllo, Ladra, Azúmara eta Miño inguruan
uhainak ikustearren eztiro, eztiro.
Izar bat dudala gidari.

Vilalban erosiko ditut, merkatu egunen batez,
kapoi edder pare bat eta San Simongo gaztak.
Izar bat dudala gidari.

Santa Isabel-era joango naiz eta San Ramon de Vilalba-ra
eta kalerik kale ibiliko naiz gautik goizalderaino!
Izar bat dudala gidari.

Rábade-ko merkatura, Monte-kora eta Moimenta-kora
inork erosten ez dituen ametsak erosten ditudan.
Izar bat dudala gidari.

Cadaloba, Vilalba eta Sobrada-ko gazteluak:
zuen harri zaharrok ez dira ezertaz oroitzen!
Izar bat dudala gidari.

Neure asmo ezkutuarekin, txikitxu eta isilpean Loentia-ra
joko dut eskalaproingile ikasteko.
Izar bat dudala gidari.


MANUEL MARIA
(Traduzón Koldo Izagirre)

MANUEL MARIA
Comentarios (0) - Categoría: 09.- MANUEL MARIA ENTRE NÓS - Publicado o 06-10-2008 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Se te queres pór en contacto connosco escreve un e-correio a

fatocastelao@euskalerria.org


ou deixa o teu comentario aqui mesmo.
Comentarios (2) - Categoría: 12.- CONTACTO - Publicado o 06-10-2008 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO