|
|
|
A FOTOBLOGOTECA |
|
Á volta do verán, se cadra, alguén ao mirar o noso blogue pode que ollaparan como se escomenzou a pendurar nel, de xeito máis recurrente, fotografias de pasadas Letras Galegas, magostos, etc. O FATO comezou, unha vez cos compañeiros Xosé Ramón Varela e Manoel Irixoa, parez xa dar rematado o traballo de ir poñendo, detrás de cada imaxe o que acontece nela; a dixitalizazón do noso arquivo fotográfico en papel, e a maiores a gardalo en dous sitios diferentes: Un na cibdade da Coruña e outro en Pasaia.
Un pequeño tesouro da nosa historia no que aparescen pequenas xoias, como a copia que penduramos nesta entrada. Unha foto do ano 1991, que xa recuperáramos para os cartaces e programas de man do magosto 2003, pero no que daquela non nos decatáramos fora que nela atopanse o que hastra o día de hoxe veñen sendo (no ano 2003 inda dous) os tres presidentes da nosa entidade. Manoel Rodríguez Pazos (con xersei vermello), a quen lle seguiría Xosé Estévez (sentado e con barba), e Filipe Dominghez (sentado e de azul) que o ven sendo dende o ano 2009. Unha das poucas imaxes na que están xuntos, no desenvolvemento dunha aitividade da nosa entidade.
O dito, un novo proxeito a andar, unha nova ideia coa intenzón de seguir a recupera-la nosa memória. Neste caso a mais intima de nosoutros, os que imos en face-lo FATO. |
|
|
|
Da nosa Rúa Castelao |
|
Este mes do nadal, mudáronse as placas do concello de pasaia. Ao tal ver , demos en solicitar nos deran as da rúa Castelao para o noso arquivo hitórico. Estas puxeranse as novas o pasado día 10, xa daquela fixéramo-la i-acaída instancia. O 30 pasamos recolle-las por Servizos. Agora despois da coarentena tocará unha piquena restaurazón.
Esta de Pasaia é a terceira no mundo adicada a Castelao. E son as placas primeiras postas no seu día. Eso sí, como vedes a que se atopa no Povoado dos Pescadores de Pasai San Pedro segue a se-la única con “título nobiliario”, cousas da vida ... |
|
|
|
|