PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

55 MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA

A XUNTA DO PP QUERE AFOGAR O IDIOMA GALEGO.

PRIMEIRO, SUPRIMIU AS GALESCOLAS (ESCOLAS INFANTÍS EN GALEGO),

AGORA ARGALLOU O NOVO DECRETO DO GALEGO NO ENSINO, NO QUE DEIXA PRA NOSA LINGUA SOMENTE A TERCEIRA PARTE DAS ASIGNATURAS, CANDO ATÉ AGORA ERA A METADE..

MAIS NON LLE VAI SER DOADO ACADAR O SEU OBXECTIVO:

O DÍA 21 DE XANEIRO MÁIS DE 50.000 GALEG@S ENCHERON A PRAZA DO OBRADOIRO PRA DENUNCIAREN O NOVO DECRETO.

ESTA MULTITUDE REPRESENTA AO POVO QUE DURANTE SÉCULOS MANTIVO VIVA A SUA LÍNGUA MÁLIA A OPRESIÓN DA LINGUA CASTELÁ.

TAMÉN NÓS, @S GALEG@S QUE ESTAMOS FORA DA NOSA TERRA, FACEMOS PARTE DESTE POVO.

Comentarios (3) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 30-01-2010 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
GALEGOS E BASCOS NA SOCIEDADE BERTSOLARI TXIRRITA
Dende os seus comezos o FATO CULTURAL GALEGO DANIEL CASTELAO sempre considerou dúas festas principais ao ano: As Letras Galegas en maio, e no
mes de santos ou de difuntos a do Magosto. E cadrando con estas, mormente ca primeira, véñense desenrolando unha serie de falencias po-la entidade pasaitarra perante estes trinta anos longos de vida que leva percorridos. Rematado o relatorio, sempre cumpreu á persoa que vira, agasallar cunha cea na que poder coñecernos tudos millor e que ata hai ben poucos anos víñase celebrando na SOCIEDADE BERTSOLARI TXIRRITA artellada po-los socios daquela RAMÓN GARCÍA MOSQUEIRA e ANTONIO PENA. E meirandemente por iste motivo da man da entidade con sé en Trintxerpe pasaron bascos coma o historiador Jose Luis Orella Unzue, o escritor Josu Landa ou a antropóloga sampedrotarra de orixe galego Rosa
García – Orellán. E como non, galegos entre os que poido citar: Manoel Riveiro Loureiro -escritor-, Xosé Manoel Beiras e Pilar García Negro -políticos-; Miguel Anxo Fernán-Vello -poeta-, Filipe Senen -antropólogo i escritor-, Andrés Torres Queiruga -sacerdote e teólogo-, Roberto Vidal Bolaño -dramaturgo e actor-, e Francisco Rodríguez -político i escritor-.

A maiores moitos destes deixaron a súa pegada no libro da sociedade altzatarra, e alí están os poetas Uxio Novoneira a quen se lle veñen adicar as letras galegas 2010, enchendo unha folla el soo, e Manoel María que en tantas ocasións esti-
vera connosco. E un boo feixe de bascos coma os escritores Koldo Izagirre, Iñigo Aranbarri, Ramón Etxezarreta, Edorta Ximenez; o etnógrafo Juan Garmendia Larrañaga, o poeta i editor Gorka Arrese; o tamén poeta J.L. Otamendi, e o escritor
e músico Xabier Montoia. Amais de outra sinatura que non cheguei a saber de quen é. E como non, non podía faltar o historiador e presidente da sociedade galega o quirogués afincado en Oiartzun Xosé Estevez.

Tres follas non máis, cun anaco de historia compartida

Filipe Domínguez Avilés


FOTOS
Comentarios (1) - Categoría: 02.- HISTORIA DO FATO - Publicado o 17-01-2010 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO