|
|
|
HOMENAXE A CONCHA MURGUÍA |
|
Coma tódolos anos, @s compoñentes do Fato Cultural Galego Daniel Castelao tributaremos unha pequena homenaxe a Concha Murguía, nai de Manuel Murguía na súa casa natal de Oiartzun. Os actos serán os próximos 30 e 31 de Xaneiro coa seguinte programazón:
VENRES-SESTA FEIRA,30-I-2009:
*FALENCIA: "DE LA TRIPLE ALIANZA AL GALEUSCA DE CARACAS (1923 - 1959)". Falará Xosé Estévez.
HORA: 19:00.
LUGAR: KULTUR ETXEA de Oiartzun
SÁBADO 31-I-2009
*OFRENDA FLORAL diante da placa lembradoira de Concha Murguía. Saída da Herriko Plaza cara a Kultur Etxea, cos txistularis e gaiteiros. Bailaráse o Agurra e os gaiteiros interpretarán o Hino Galego. Rematado o acto, haberá uns pinchos artellados polo Concello de Oiartzun.
HORA: 12:00.
LUGAR: KULTUR ETXEA de Oiartzun.
|
|
|
|
EUSKAL HERRIA E A GAITA |
|
Iste pasado magosto a faléncia veu da man do coñecido musicólogo euskaldun Juan Mª Beltrán. Fixémola no Udal Aretoa por mor de agasallar no seu 25 cabodeano o coro ONDARTXO ABESBATZA. É a segunda faléncia dada en castelán na nosa asociazón, mais o tema é a continuidade da que dera Urbeltz sobor a danza. Non defraudou tampouco. O escenario e os seus derredores atopáronse cheos de instrumentos e o fundador de HERRI MUSIKAREN TXOKOA no médio do púbrico foinos deleitando. A nós entre as cousas que máis nos surprendeu foi que no Pais Basco a gaita tamén tivera o seu espazo. Cousa que si o pensas é lóxica.
A derradeira terra onde a tradizón estivo arraigada foi a Rioxa Alavesa. Nestes lares tocábase a chamada GAITA DE BOTA, -de seguro pola semellanza do seu fol cunha bota de viño- ata a década dos 20 do século pasado. Na foto J.M. Beltrán Argiñena vémolo tocando unha copia daquelas últimas gaitas. Por certo, estas eran galegas mercadas na casa Erbiti de Logroño, e os gaiteiros cunha navalla modificabanlle os punteiros. |
|
|
|
REFRANEIRO POPULAR |
|
"En xaneiro, cásate compañeiro, e dá unha volta ao galiñeiro."
"Os curas e os taberneiros
teñen moito parecido
os curas bautizan nenos
i os taberneiros o viño."
|
|
|
|