PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

ZORIONAK PEPE (Xose Estévez)
Hoxe estamos de parabens. Ao noso compañeiro Xosé Estévez concederonlle dous novos galardons: O premio “Manoel Murguia” que otorga a revista MURGUIA pol.a súa laboura coma historiador; e o “Galiza Mártir” da man da fundazón ALEXANDRE BÓVEDA, pol.a súa laboura a prol da memória histórica. Ambo-los dous recibiraos o 17 de agosto día da Galiza Mártir en lembranza daquel agoirento do 1936 en que acontecera en Caeira (Poio) o pasamento de Bóveda como de tantos outros nos comezos da Longa Noite de Pedra. Ao que fora o presidente da nosa entidade entre os anos 1981 e 2009 non é o primeiro premio que recibe, entre outros ten acadado o “Pedrón de Honra”, a “Anduriña de prata” da irmandade dos centros galegos de Euskadi ou ser socio de honra de varias entidades galegas entre elas a Casa de Galicia en Gipuzkoa (Donostia). Pero nós gardamos con especial agarimo a homaxe popular que se lle fixera en Trintxerpe no ano 2003. ZORIONAK PEPE e FAMILIA. E felicitarnos e alegrarnos nos tamén por contar contigo coma compañeiro.
Comentarios (0) - Categoría: 07.- CULTURA GALEGA - Publicado o 08-08-2017 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
FESTA GALEGA DE ZARAUTZ

Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 22-07-2017 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
FALENCIA: LITERATURA E GASTRONOMIA

Co gallo desta falencia e da presentazón do seu libro "Non hai outro camiño" voltaremos a contar coa presenza de Isaac Xubín por terras pasaitarras. Agardamos ver-vos a todas en Trintxerpe.
Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 06-07-2017 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
CARTAZES HISTÓRICOS
Dende hoxe podedes desfrutar de diferentes cartaces de diversos actos e eventos que fomos organizando ao longo dos nosos 40 anos de andaina. Están disponiveis na nosa Fotoblogoteca.

Pouco a pouco iremos engadindo máis.
Comentarios (0) - Categoría: 02.- HISTORIA DO FATO - Publicado o 26-06-2017 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [44]
© by Abertal
VISITANTE NUMERO