PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

SE ALGUNHA VEZ TIVESE QUE MARCHARME
Se algunha vez tivese que marcharme
lonxe do mar maior que me sustenta
heilles pedir aos ceos que me deixen
no meu zurron guardar todo o que queira.

Non levarei o fel das marusias,
nin os punxentes dentes destas tebras,
nin os ouveos longos e amargados
das pechas invernais carniceiras.

Non levarei as bágoas derramadas,
nin o latexar lúgubre das néboas,
nin a monodia tráxica das noites.

Portarei doces danzas de gaivotas,
brisas de luz de dádivas e perlas,
mamantío de nata e de magnolias.


XOSE CARLOS GÓMEZ ALFARO
"Mar Aberto"
Categoría: 07.- CULTURA GALEGA - Publicado o 20-12-2007 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
GALIZA TERRA NOSA
Comentarios (0) - Categoría: 11.- VIDEOS - Publicado o 09-12-2007 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
A QUEIMADA

O misterio agochado no bagazo
Licúase co fogo no alambique,
a augardente, soma e sique,
Debroca Ledicia en cada cazo.

A terra e máis o ceo, nun abrazo,
Quixeron que nos acios se moldara
O ardente licor que abastara
Seiva na canseira e no trancazo.

Quen non coñece o rito da Queimada
Que corpos e almas resucita
E sorgiñas e meigas escorrenta?
Cando a caña Vilaboa lene axita
E amosa a lumieira xa azulada
Quen ousa decir que non o quenta?.

Oiartzun, 25-novembro-2007.
Xosé Estévez.
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 26-11-2007 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
MAGOSTO 2007
XOVES-QUINTA FEIRA

HORA: 19:00
LUGAR: PARROQUIA VIRXE DO CARME (TRINTXERPE)

Misa en galego

VENRES-SESTA FEIRA, 23 DE NOVEMBRO:


HORA:
20:00
LUGAR: TENÉNCIA DE ALCAIDÍA DE TRINTXERPE

Apresentazón , polo Profesor XOSÉ ESTÉVEZ, da Universidade de Deusto, do seu recente livro (POEMAS A ALDA), adicado á sua filla .

SÁBADO, 24 DE NOVEMBRO:

HORA: 11:00
LUGAR: POVOADO DE PESCADORES DE PASAI SANPEDRO

PASARRÚAS con gaitas

HORA: 12:00
LUGAR: POVOADO DE PESCADORES DE PASAI SAN PEDRO

Homenaxe ao crego MANUEL GONZÁLEZ, quen fora abade da parroquia, co gallo do dÉcimo cabodano do seu pasamento. Niste acto, descobrirá-se un monumento na sua lembranza

HORA: 18:00
LUGAR: FRONTÓN DE TRINTXERPE

MAGOSTO POPULAR, con catamento (de balde) de castanhas, e con ribeiro, polbo e máis outros produtos galegos, a prezos populares.

DOMINGO, 25 DE NOVEMBRO:

HORA:
13:15

Na TORRE DE SAN PEDRO, HOMENAXE AOS MARINHEIROS MORTOS NO MAR (Sairá-se do MERCADILLO de Trintxerpe).

(SE DERA EN CHOVER, a HOMENAXE fará-se no mercado do peixe de PASAI SAN PEDRO).

euskaraz





Comentarios (5) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 15-11-2007 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0