PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

Humberto González Castelo. Desaparecido en Combate
(Artigo de Satxa Balchada)

Ao igual que centos de homes das rías galegas, Humberto González Castelo traballa coma mariñeiro en Pasaia. Nado no Porto do Son (A Coruña) o 15 de xullo de 1910, reside xunta a súa muller Carmen Toucedo Novás (Redondela, Pontevedra) e a súa cativa Gloria no barrio de Pasai San Pedro. De feito o casamento celebrase nese mesmo barrio en xaneiro de 1935 (CDMH_SM_PSET_C134_001).

Descoñecemos cando o sonense se instala na vila guipuscoana. Debeu ser ben a finais dos anos 20 ou a primeiros da década dos 30 coma veremos a continuación.

Consta coma o afiliado 521 do sindicato El Avance Marino da CNT con data de ingreso 01 de outubro de 1931 (CDMH_PS_SAN_O_C0141_EXP0007_0015). Trátase entón dun dos afiliados de primeira hora do sindicato trintxerpetarra. Hai que ter en conta que o sindicato comeza a súa andaina en 1933, porén, para Humberto e outros moitos anarquistas galegos, entendemos que probablemente se toma coma referencia a súa militancia no sindicato La Unión Marítima (UXT).

Este sindicato de pescadores clandestino comeza a xestarse en Trintxerpe en 1930 apoiado pola consonancia entre socialistas, comunistas e anarquistas. Deseguida comezan a agromar descontentos e tensións entre os socios, sobre todo é palpable na parcela libertaria.

En 1931 o recente goberno da República dispón tres ministerios ocupados por políticos socialistas: Francisco Largo Caballero como ministro de Traballo, Indalecio Prieto na carteira de Facenda e Fernando de los Ríos en Xustiza. Polo tanto o posicionamento da UXT é máis moderado e mesmo dialogante que o dos seus compañeiros da CNT ou do Partido Comunista. Así a todo, o paulatino control do sindicato por parte dos comunistas conduce á radicalización da folga xeral convocada o primeiro de maio do 31. O asunto vai tomando tinguiduras máis políticas que laborais (Barruso, 1996). E isto non gosta aos anarquistas.

A folga exténdes ao longo de todo o mes. Así chegamos ao día 27. Día tráxico e que vai constituir o punto de inflexión que propicia a escisión dos anarquistas para a fundación do seu propio sindicato. Organízase unha marcha cara á capital presidida por dúas pancartas: ?Libertad para nuestros

compañeros? e ?Queremos pan para nuestros hijos?. Tras elas camiñan arredor de 2000 manifestantes. Á altura do reloxo monumental de Ategorrieta divisoria xa có termo municipal de Donostia xunto ás cocheiras dos tranvías atópase a garda civil e alí prodúcese a traxedia. Despois dalgún tipo de advertencia por parte dos gardas, desoída polos manifestantes, o oficial ao mando do destacamento ordea abrir fogo: a sorpresa inicial dá paso ao caos xeralizado, aos berros e ás carreiras precipitadas. Sobre o firme quedan 7 falecidos e máis de 30 feridos. Moitos deles con apelidos de clara orixe galaica (Portugal, 2007).

A folga finalmente é desconvocada o 12 de xuño. A fin da folga xeral non semella acalar as disensións internas do sindicato entre as diferentes sensibilidades. Algúns mariñeiros próximos á CNT séntense traizoados e manipulados por socialistas e comunistas. Chegados a finais de 1932 ábrese dentro do sindicato a posibilidade de elixir: continuar ao amparo dos socialistas ou desprazar a loita cara a CNT. A poboación galega cada vez máis concienciada e queimada polo tráxico final da folga do ano anterior manifesta en dúas votacións a súa preferencia polo anarcosindicalismo.

Afiliados afíns ao anarcosindicalismo abandoan o sindicato e a principios de 1933 organizan un sindicato propio: Sindicato de Industria Pesquera y sus Derivados El Avance Marino; con sede en Pasai San Pedro con local na rúa Francisco Andoanegui, nº 13 (Pereira, 2006).

Poucos meses antes do comezo da guerra de 1936 Humberto e os seus compañeiros vense envoltos nunha nova loita sindical para conquerir melloras sustancias nas condicións laborais das tripulacións das parellas de bous. Unha vez máis Pasaia é un fervedoiro e toda actividade laboral cesa. En xullo cada estoupa o conflicto civil as reivindicacións dos homes do mar aínda non teñen acadado bo porto.

Durante o verán serve coma garda no Comisariado de Guerra de Pasajes San Pedro (CDMH, serie B. Carp. 64. FOL. 96). A perda de Gipuzkoa pola República vai obrigar á familia González - Toucedo á procura de refuxio en Bizkaia. En Bilbo Humberto pasa a formar parte do batallón CNT Nº 6 Celta alcumado por Afonso Daniel M. Rodríguez Castelao Os Leóns do Norte. A formación do batallón Celta é tardía, correspondese a finais de novembro do 36. Asígnaselle o Nº 30 e

intégrase na 2ª División, 12ª Brigada. Coma comandante militar do batallón atopamos a Luis Vázquez Rodriguez de A Pobra de Trives (Ourense) e coma comandante intendente a responsabilidade recae sobre o donostiarra Eusebio Murizo Mendizabal. Na segunda quincena de febreiro de 1937 Luis Vázquez será sustituido polo ata o de momento comandante do batallón CNT Nº 3 Isaac Puente Manuel de la Mata. Descoñecemos a razón. O cuartel do batallón emprázase no colexio dos Salesianos de Barakaldo dende onde parte en decembro a ocupar as posicións do monte Kalamua moi preto á poboación de Markina (Bizkaia) e da raia con Gipuzkoa. O 26 de decembro o batallón entra en combate por primeira vez. As tres primeiras compañías do Tercio de Lacar (Herrera, 2005) atacan as posicións máis avanzadas do sector. As que están baixo o coidado dos combatentes do Celta. O ataque dos requetés non prospera e deben retirarse adoecendo de importantes baixas nas súas ringleiras.

Llegada la noche, nuestra compañía recoge y evacua las bajas, que han sido numerosas (?). Continúan disparando nutridamente, pero como no nos ven, con orden y serenidad regresamos todos a nuestras trincheras (Herrera, 2005).

O Celta tamén conta con baixas destacando a do tenente marinense (Loira, Marín, Pontevedra) Manuel Aguete Lino (elgajedeloficio.wordpress.com).

Humberto percorre da man do Celta distintas frontes de guerra e vai ter ocasión de ollar en primeira persoa os horrores da guerra: Porto de Krutzeta (Aramaio, Araba); Udala (Arrasate, Gipuzkoa); Zugastieta (Muxika, Bizkaia) ou no barrio de Loroño de Larrabetzu (Bizkaia) onde ocupa posicións no famoso Cinturón de Ferro. Durante a xornada do 12 de xuño de 1937, día da ruptura do Cinturón, o batallón participa nos contraataques que tentan taponar a entrada das tropas inimigas unha vez teñen desbaratado un dos tramos da colosal liña defensiva vasca. Son intres cruciais. Mais nada se pode facer para evitares o desastre. A costa de moitas baixas os célticos vense na obriga de repregarse. O caos é total na retirada e farrapos de batallóns fuxen case que a desbandada cara Bilbo sentindo o alento dos seus perseguidores na caluga. Nos arredores da capital biscaíña, isto é, nos montes Artxanda e santo Domingo improvísase unha feble liña defensiva. Sabemos que alomenos

en Artxanda membros do batallón apresentan batalla en inferioridade de medios e posiblemente numérica. De feito alí deixa a vida un camarada de Humberto. Trátase do cormelán Ramón Fariña Amigo.

Mi padre murió el 18 de junio (?) en Artxanda (?). Porque dijo el amigo de mi padre que había volado dos tanques y el tercero lo había aplastado completamente (Josetxo Fariña, entrevista).

Pérdese Bilbo para a República o 19 de xuño. Humberto e os seus compañeiros retíranse cara a provincia de Santander xunto o que queda en pé do Euskadiko Gudarostea. Mais aínda ten folgos para participar na derradeira batalla en chan vasco. Referímonos á batalla do monte Kolitza (Balmaseda, Bizkaia) acontecida entre os días 26 e 29 de xullo de 1937. A batalla resulta un completo desastre e o Celta castigado con severidade deixa tras de sí nos sucesivos embates contra as posicións feixistas un ronsel de baixas. Mesmo chegan ata o aramado das trincheiras contrarias e a bo seguro Humberto é impotente testemuño da desfeita:

Hemos presenciado la marcha de la operación. Cuando los gudaris estaban en la alambrada un jefe del Estado Mayor decía palabrotas porque los gudaris no llegaban al cuerpo a cuerpo. Lo que este jefe no veía era ese imposible, pues esos gudaris estaban muertos (Beurko, 1977).

O batallón está desfeito. A batalla do Kolitza será a derradeira na que participe o Celta. O 12 e agosto sabemos que Humberto e os seus camaradas fica acantoado nalgún punto entre as localidades cántabras de Otañes e Castro Urdiales. Logo vai ser trasladado a Colindres en calidade de batallón de reserva.

A ofensiva franquista do 14 de agosto pretende finiquitar coa resistencia na provincia e rebélase demoledora. Os diferentes escalóns defensivos cántabros non soportan a presión do inimigo resultando farto habitual o abandono das posicións e a crecente desmoralización da tropa. Nas ringleiras republicanas campa o caos. A provincia santanderina ten os días contados. A sorte está botada desque a meirande parte dos batallóns vascos abandoan a fronte para concentrarse en Santoña e finalmente renderse aos italianos no que se dará en coñecerse coma o Pacto de Santoña (Asinado o 24 de agosto do 37). O Celta é un dos batallóns que se vai concentrar nesta vila. E é

neste intre cando se perde a pista de Humberto González Castelo.

En novembro de 1937 a súa dona Carmén Toucedo solicita en Barcelona as nóminas que se devengan ao seu marido. No documento trascende que o noso protagonista desaparece en Cantabria o 22 de agosto de 1937 en combate (CDMH_SM_PSET_C134_001). Pouco máis aporta sobre as circunstancias da súa desaparición. Nada maís se sabe da sorte do miliciano sonense, Tampouco onde repousan os seus restos.

Os derradeiros días de vida de Humberto González Castelo permanecen no máis absoluto misterio. A mesma historia repítese, por desgraza, en milleiros de combatentes republicanos esquecidos ao longo da xeografía española.

Fontes e Bibliografía

? Centro Documental de la Memoria Histórica (CDMH)

? Entrevista a Josetxo Fariña, Pasaia, 23/01/2016.

? Barruso Barés, Pedro. Verano y Revolución. La Guerra Civil en Guipúzcoa. Donostia, 1996.

? De Beurko, Sancho. Gudaris. Bilbao, 1977.

? Herrera Alonso, Emilio. Los Mil Días del Tercio Navarra.Valladolid, 2005.

? Pereira, Dionisio. El Trintxerpe Republicano: Génesis de la Denominada ?Quinta Provincia Gallega?. Revista de Estudios Marítimos del País Vasco, nº5, pp. 737-743. Donostia, 2006.

? Portugal Arteaga, Xavier. Pasaia 1931-1939. La Memoria de los Vencidos. Pasaia, 2007.

? Vargas Alonso, F. Manuel. Anarquismo y Milicias de la CNT en Euskadi. Eusko Ikaskuntza, 1996.

Webs ? A Balada dos Irmáns ?Cobizas?, https://elgajedeloficio.wordpress.com/ , 18/11/2016

Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 24-05-2020 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
BAILE EN EL SINDICATO
No día de hoxe achegamosvos a película ?Baile en el sindicato? que acabana de poor en aberto. Unha fita que trauxeramovosla hai tempo. Filme que nos ven da man de cinco afeicioados que levaron adiante este proxeito despois dunha tarefa que se alongara dous anos. Entraestas o boo amigo Sexio Balchada. De feito da man de Satxa veu o guión, vestiaría, casting, deseño produzón, localizazóns, ? , e ven sendo tamén un dos actores. Boeno, se vos apetece desfroitadea

Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 08-04-2020 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2020
Por mor do COVID-19, vemonos na obriga de suspender os autos previstos para as LETRAS GALEGAS esperando tempos mais acaídos.

Convidamosvos a seguirmos nas nosas redes sociais ou a visita-los blogos:

www.estibaus.info/?s=galego

www.elgajedeloficio.wordpress.com

Gaur egun daukagun pandemiaren ondorioz, urtero dugun ?Letras Galegas? ospatzen festa bertan behera utzi behar izan degu. Garai hobeak iristean ahal bada ekitaldia burutuko dugu.

Beti bezala gure sare sozialak eskuragarri dituzue. Atxikituta ere esteka interesgarri hauek uzten dizkizuegu:

www.estibaus.info/?s=galego

www.elgajedeloficio.wordpress.com
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 05-04-2020 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
FRANCISCO CAAMAÑO, DE PASAIA A MAUTHAUSEN
Son os 30 anos de efervescencia social en Pasaia. Son tempos de loita obreira e de afiliación aos sindicatos. Non é casual a consideración que daquela se ten sobre Pasaia, e máis concretamente sobre o barrio de Trintxerpe, coma un niño de comunistas e ateos.

Un dos sindicatos que da os seus primeiros pasos é o uxetista Alianza Marítima. No seu colo acolle aos traballadores do mar de ideas socialistas. Entre os afiliados ao sindicato está Francisco Caamaño Fernández, natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña) xunta a ducias de paisanos mais das rías galegas. Mariñeiros, fogueiros, patróns, maquinistas emigrados da Galiza para asentarse en Pasaia que o devagar dos anos vai convertirse na quinta provincia galega.

Coma dicíamos con anterioridade os 30 son tempos convulsos de reivindicacións e de folgas para acadalas. Quizabes o acontecemento de maior envergadura apoiado por Francisco Caamaño e os seus compañeiros é a folga de traballadores do mar que da comezo o 5 de maio de 1936. Coa idea de imprimir maior forza ás reivindicacións obreiras, as diferentes sensibilidades sindicais aúnan ao fin as súas forzas, despois de anos de desacordos e disputas. O desexo é camiñar da man nunha mesma dirección cara a un mesmo obxectivo común que non é outro que a defensa dos dereitos dos traballadores. Nace entón unha Alianza Obreira que engloba ao PSOE, PCE, UXT, CXTU e CNT. En xullo cós militares a punto de sair á rúa os folguistas aínda resisten.

A sublevación dunha parte do Exército contra a República obriga a defender agora outra trincheira. As diferentes organizacións que s eposicionan contra os sublevados organizan de xeito improvisado as súas milicias de combatentes voluntarios. Son unidades con dabondo moral e ilusión mais carecentes de disciplina e armas axeitadas para o oficio que van desempeñar.

A pesares da súa militancia na UXT, Francisco vai enrolarse nas milicias baixo o control do sindicato ácrata El Avance Marino. Non debería parecernos estrano, un bo feixe de paisanos galegos son compoñentes do sindicato vinculado á CNT aos que lle une moi probablemente lazos de amizade. Xunta eles combate oas feixistas nas rúas donostiarras e nos arredores dos cuarteis de Loioa nas xornadas do 22 ao 27 de xullo, data da súa capitulación. É posible tamén que participase

nos combates acontecidos en Irún e Bentak.

O 13 de setembro Donostia é ocupada polos sublevados. Milleiros de civís e milicianos foxen cara Biscaia utilizando tódolos medios de transporte ao seu alcance. As estradas vense axiña ateigadas de xente, animais, vehículos...O espectáculo verdadeiramente debe impresionar. Os mariñeiros pasaitarras cooperan na evacuación da cidade transportando nos bous de pesca aos evacuados.

Entre os que se retiran atópase o noso protagonista. A seguinte nova que temos de Francisco lévanos á formación do batallón CNT Nº 1 Bakunin na Escuela de Ingenieros de La Casilla de Bilbo, edificio onde teñen o seu centro de operacións as Milicias Antifascistas da CNT. Asígnaselle ao batallon o número 21, e en abril de 1937 cando se reorganiza a estructura do Exército Vasco en brigadas, segundo os criterios que emanan do ministerio de Defensa, pasa a integrarse na 5ª Brigada (Acompañando aos batallóns Araba (PNV) e Leandro Carro (PCE)), 4ª División.

Trátase dunha unidade integrada por moitos galegos pasaitarras. Na nómina correspondente á segunda quincena de novembro vemos a Francisco Caamaño integrado na súa segunda compañía. Mais o batallón leva xa un mes estacionado no seu primeiro destino. Concretamente no reformatorio de Amurrio (Araba) emprazado no coñecido como Frente de Álava, sector Amurrio-Orduña. Alí fica ata maio de 1937 agás uns breves días no mes de abril.

O batallón vai entrar en lide por primeira vez o 5 de decembro de 1936 no monte San Pedro de Beratza (Amurrio, Araba). A liña de montes Txibiarte-Sobrehayas-San Pedro está dominada por forzas sublevadas arabatarras. Ameazan a vila de Amurrioe a cidade de Orduña (Bizkaia) dende unha ubicación privilexiada. De facerse con elas as tropas rebeldes terían acceso ao val do río Nervión, dende o cal poderían avanzar cara Bilbo utilizando a estrada que vai paralela ao río. Por outra banda Orduña e a capital biscaíña están unidas por unha das principais vías férreas do territorio que, ao igual que a estrada, transcorre paralela ao cauce do Nervión.

O asalto ao monte San Pedro (702 m) efectuado polos anarquistas galegos enmárcase nunha operación de maior envergadura. Estamos a falar da coñecida coma Ofensiva de Villarreal (30/11-24/12 de 1936). Na execución da acción participan ademais os batallóns Leandro Carro (PCE) e

Amayur (PNV).

Francisco e os seus camaradas de armas parten da posición coñecido como Los Cuetos ou Nº 11 e apoiados por varios carros blindados (dos que non podemos determinar o seu número) ascende polo porto de La Barrerilla. Ás 12 horas os rapaces do Bakunin coroan o cumio do monte e fanse coa posición inimiga. Inexplicablemente ás poucas horas os rebeldes conseguen retomar San Pedro nunha acción sen máis pretensións que contactar có inimigo para coñecer a súa localización e forzas (Aguirregabiria, 2015) .

Rematada a ofensiva as forzas republicanas do sector manteñen baixo o seu control as alturas de Txibiarte e Sobrehayas, mantendo en San Pedro unha importante posición avanzada. Amósase coma unha fronte tranquila crebada por ocasionais paqueos e duelos artilleiros. O Estado Maior establece que o Bakunin responsabilícese da defensa de Txibiarte (697 m) e Sobrehayas polo que Francisco vai alternar longas estadías na trincheira con outras de descanso no reformatorio de Amurrio.

A vida en primeira liña caracterízase polo aburrimento. Consumen as horas entre gardas nos parapetos, patrullas na terra de ninguen, descansando no improvisado poboado de txabolas erixido tralas liña de defensa.... Evítanse o peso das horas mortas na lectura de xornais, cartas a familiares, cecais algún dos milicianos anímese a participar no concurso Novela del Miliciano organizado polo xornal CNT del Norte. De cando en vez a monotonía vese rota. Nestas ocasións combatentes ámbolos dous contendentes reúnense a parlamentar en terra de ninguén. Intercambio de grolos dalgún licor, dun cigarro, troco de prensa...Nos xornais recóllense de cando en vez contactos entre inimigos. Así no CNT del Norte do 09 de febreiro de 1937 atopamos unha nova referida a estas prácticas:

Anteayer domingo, los milicianos del Batallón Bakunin, de la CNT, sostuvieron un parlamento con los soldados del campo rebelde.

Un grupo de soldados del campo faccioso acompañados de un capitán del ejército, bajaron hasta el centro del campo que separa nuestras posiciones de las suyas y mantuvieron una conversación, que duró más de media hora, hasta que la presencia de un sargento falangista cortó el dialogo (...).

En el curso de la conversación nuestros milicianos tuvieron ocasión de comprobar el engaño en que se tiene a los soldados respecto a la situación del campo leal. (...)

Hubo un intercambio de prensa y los soldados de las líneas enemigas dieron a los nuestros ?Arriba España? y ?Diario de Navarra?, llevándose a cambio, ejemplares de ?Tierra y Libertad?, ?El Liberal?, ?CNT del Norte?, ?Euzkadi Roja?, ?Ruta? y algunos otros.

O 13 de abril Francisco deixa a tranquilidade do sector. O batallón ten ordes de trasladarse ao porto de montaña de Baratzar. Iniciada o 31 de marzo a grande ofensiva do Exército feixista que pretende liquidar a resistencia vasca as primeiras xornadas de combates sáldanse coa perda de territorio por parte das tropas republicanas. Vense na obriga de retroceder e tratar de frear o avance na estrada que cruza o citado porto de Baratzar. O día 13 o Corpo de Exército de Euskadi contraataca no sector sobre o monte Altun apoiado por forzas expedicionarias asturianas (Vargas, 1996). Sometidos a duros bombardeos deixan alí a vida algúns milicianos galegos a tenor das palabras de Saturnino Calvo García do batallón de zapadores San Andrés: ? el Bakunin, anarquistas, que la mayoría eran gallegos de Trintxerpe. ¡Menuda carnicería! Tenían lo menos quince muertos allí puestos, en un caserío (Azkue, 2007).

O seguinte oso duro que deben roer os milicianos anarquistas é o monte Sollube. A famosa batalla ten lugar entre o 6 e o 14 de maio. Adscrita temporalmente a unidade á V División comandada por Pablo Beldarrain, Francisco e os seus compañeiros apenas participan en dúas das xornadas da batalla. De feito chegan á zona quente o día 12. Non son precisamente dous días de lecer. Dende que raia o sol Francisco debe permanecer prendido ao chan. A acción artilleira combinada da aviación, canóns e das pezas do cruceiro Almirante Cervera non posibilita opción algunha. Coa chegada da noite a situación non mellora un chisco. Os golpes de man nocturnos efectuados polo 5º Tabor de Regulares de Tetuán a piques están de sorprender aos milicianos do Bakunin.

Perdido o macizo do Sollube vanse ocupando, en sucesivas retiradas, diferentes posicións defensivas en Mungia e Maruri ata ocupar os postos asignados tralo Cinturón de Ferro dentro do 5ª sector en Urduliz xa en xuño.

As esperanzas vascas postas no Cinturón de Ferro vense esnaquizadas o 12 de xuño coa súa ruptura. Namentres uns batallóns tratan de evitar a progresión inimiga e o copo do sector, entre o que se conta un batallón netamente galego o Celta; o resto das unidades apresúranse en evacuar a zona. Ao amparo da escuridade Francisco inicia a través de Erandio o replegue cara Bilbo:

de noche, iniciamos la retirada hacia Bilbao, por todo el corte de la ría (?). Pasamos por el puente del Ayuntamiento en medio de gran silencio. El puente estaba listo para saltar por los aires (?). Atravesamos Bilbao. (?). Sonaba algún paco de algunos balcones. Nos dirigimos a La Casilla, el cuartel de milicias de la CNT, en donde se nos hizo de día. Había en este cuartel cantidad de fuerzas. Así pasamos todo el día esperando.Al día siguiente, al amanecer, después de darnos provisiones, nos fuimos (Chiapuso-Jiménez, 2009).

O 19 de xuño a capital de Biscaia cae nas manas dos sublevados. O Bakunin logo de ascender ao monte Arraiz, ao sur da cidade, toma a rota da costa a través da estrada de Retuerto-Ortuella logo de comprobar como o cerco sobre a capital é prácticamente un feito. Nunha breve parada en Muskiz unha chea dos seus compoñentes adícanse á queima da igrexa de San Xoan Bautista. Achácaselles así mesmo a queima da casa do concello e a casa de Merino-Saralegui (Uribe-Tabernilla, 2007).

Na desbaraxuste final Francisco e os seus aínda son quen de obter unha pírrica victoria o 3 de xullo. No transcurso dun contraataque forzas do Bakunin desaloxan dun monte preto de Ontón, do que descoñecemos o nome, xunto a un cruzamento de estradas entre Otañes e Baltezana. Doutra volta ao día seguinte socorren aos seus compañeiros do batallón Araba dunha situación comprometida arrodeados por tropas italianas dos Frecce Nere.

Perdido o territorio vasco leal á República tócalle agora a quenda á provincia de Santander (coma se coñecía por entón). O 14 de agosto a ofensiva ponse en marcha e en pouco máis dunha semana desbarata a resistencia gubernamental. Así no lo conta un miliciano do Bakunin:

...cuando empezó la ofensiva de Santander nos llevaron de Orejo a Soto Iruz. Aquí ya no había frente, ni nada. Sólo una gran confusión, una gran desbandada. No hicimos nada porque ya nada se podía hacer. Nuestra presencia se puede decir que solamente fue testimonial, teniendo en cuenta

que toda la provincia de Santander se perdió en nueve días. El avance enemigo, una vez rotas las líneas, fue rapidísimo. Nuestro batallón no hizo más que andar hacia atrás, esperar en la cota de enfrente a los rebeldes (Chiapuso-Jiménez de Aberasturi, 2009).

A guinda á ofensiva é o coñecido pacto de Santoña asinado o 24 de agosto de 1937. A rendición da meirande parte das forzas do Exército de Euskadi a forzas italianas, onde se inclúe ao Bakunin, non é óbice para que moitos combatentes saían da ratoeira para continuar a loita. Entre eles Francisco Caamaño Fernández.

Nada coñecemos das vicisitudes de Francisco dende esta data e o seu ingreso no campo de prisioneiros francés de Gurs en 1939. A bo seguro o noso protagonista prosegue dalgún xeito prestando servicio á República pero desta vez en terras catalanas.

Descoñecemos canto tempo é alugueiro en Gurs. Alomenos en 1940 atópase interno no Stalag VII na localidade de Moosburg, moi preto de Munich (Alemaña). Áchase logo entre os republicanos deportados en agosto de 1940 ao sinistro campo de Mauthausen. A súa chegada será clasificado como Spanier e prendido na súa roupa un anaco de tela azul en forma de triángulo, coa preceptiva S que o identifica coma apátrida español. Case un ano despois sofre un novo traslado de escasos 5 quilómetros ao subcampo de Gusen I.

O novo fogar de Francisco é un microcosmos de fame, torturas e escravitude. Pero sobre todolas cousas un lugar de morte. Estímase que faleceron por algunha destas causas, ou pola conxunción delas, 4816 cidadáns españois dos 7532 que pasaron polas súas instalacións (Hernández, 2015). desgraciadamente Francisco Caamaño Fernández engrosa a longa listaxe de falecidos pola cruel represión nazi. Ocorre o 03 de novembro de 1941. Non é o único galego, veciño de Pasaia, que acaba os seus días en Mauthausen. Tamén hai que engadir nesta listaxe negra ao cenetista redondelán Olimpio Miguez Pazos, morto o 18 de abril de 1943.

SERXIO BALCHADA OUTEIRAL

Fontes

? Arquivos.

? Archivo Histórico de Euskadi/Euskadiko Artxibo Historikoa (AHE/EAH).

? Centro Documental de la Memoria Histórica de Salamanca (CDMH).

? Xornais.

? CNT del Norte.

? Bibliografía

? Aguirregabiria, Josu M.; Tabernilla, Guillermo. El Frente de Álava. I Parte. De la Sublevación a Vísperas de la Batalla de Villarreal. Bilbao, 2008.

? Aguirregabiria, Josu M.. La Batalla de Villarreal de Álava. Ofensiva sobre Vitoria-Miranda de Ebro. Noviembre y diciembre de 1936. Bilbao, 2015

? Aguirreazkuebaga, Joseba ; Urkijo, Mikel (DIR). Senderos de la Memoria. Relación de espacios vinculados a la memoria de la guerra civil. Vitoria-Gasteiz, 2015.

? Azkue, Koldo. Irrintzi, Grito de Guerra. Desde Abril de 1937 Hasta 1945. Bilbao, 2007.

? Barruso Barés, Pedro. El Movimiento Obrero en Guipúzcoa durante la II República. Organizaciones obreras y dinámica sindical (1931-1936). San Sebastián, 1996.

? Chiapuso, Manuel; Jiménez de Aberasturi, Luis Mª. Los Anarquistas y la Guerra en Euskadi. San Sebastián, 2009.

? Chueca, Josu. Gurs. El Campo Vasco. Tafalla, 2007.

? Hernández, Carlos, Los deportados Españoles en Mauthausen y los datos que Deberían estar en los Libros de Historia, Eldiario.es, 26/01/2015.

? Martínez Bande, José Manuel. Vizcaya. Monografías de la Guerra de España, Nº 6. Madrid, 1971.

? Martínez Bande, José Manuel. Nueve meses de guerra en el norte. En Monografías de la guerra de España, nº4. Madrid, 1980.

? Portugal Arteaga, Xavier. Pasaia 1931-1939. La Memoria de los Vencidos. Pasaia, 2007.

? Uribe, Eduardo; Tabernilla, Guillermo (coord. y adaptación). Un Miliciano de la UGT. Bilbao, 2007.

? Vargas Alonso, F. Manuel. Anarquismo y Milicias de la CNT en Euskadi. Eusko Ikaskuntza,

1996.

? Vargas Alonso, F. Manuel. Bermeo y La Gu
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 29-03-2020 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [53]
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0