PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

Fotos da Falencia
Xa temos as imaxes do que foi a falencia de Satxa Balchada sobre os anarquistas galegos en Euskal Herria e o batallón Bakunin. Podedes acceder a elas visitando a nosa Fotoblogoteca ou picando nesta ligazón.

A mesma foi impartida o pasado 16 de Setembro na Tenencia de Alcaldía de Trintxerpe. Coma sempre, foi un pracer voltar a contar co companheiro Satxa nun dos nosos actos a prol da memoria dxs nosxs paisanxs e o seu legado na terra que nos acolle dende hai máis de corenta anos.
Comentarios (0) - Categoría: 03.- XERAL - Publicado o 26-09-2017 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
O BATALLON BAKUNIN (FALENCIA)

Comentarios (0) - Categoría: 05.- AXENDA GALEGA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 13-09-2017 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
PRE-ESTREA DO DOCUMENTARIO "SITIO DISTINTO"



Hoxe terá lugar no Antzoki Kafea de Bilbo a pre-estrea do documentario "Sitio Distinto", feito e dirixido polo compa Davide Cabaleiro. O mesmo trata do papel xogado polas migracións galegas no desenvolvemento de Euskal Herria coma país nos eidos culturais, socio-político e económico. Tamén achéga-nos os históricos vencellos de solidariedade entrámbolos dous povos. Agardando que o traballo sexa finalizado e apresentado, velaquí vos deixamos umha pequena escolma do mesmo.
Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 12-09-2017 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS GALIZA MARTIR e MURGUIA 2017.

Finalmente e tal como adiantamos hai unhas semanas, o noso compañeiro Xose Estévez recibiu de mans da Fundazón Alexandre Bóveda o Premio Galiza Mártir 2017. No mesmo acto tamén lle foi entregado o Premio Manuel Murguía pola súa laboura coma historiador, outorgado pola revista do mesmo nome. Lamentamos profundamente non ter podido envíar unha representación do noso colectivo a Ponte Vedra nese 17 de Agosto, mais deixamos-vos na nosa Galería de Fotos algunhas das instantáneas dese emotivo momento. A aportación deste historiador e escritor á difuson da cultura galega na Euskal Herria, as súas constantes investigacións sobre o papel dos nosos paisanos na construcción deste país que nos acolle e a súa laboura pra estreitar os vencellos entrámbalas dúas nazóns é algo do que nos orgullamos especialmente. Bo e xeneroso no trato persoal só podemos repetir máis unha vegada:

PARABÉNS!!!
ZORIONAK!!!


PD: podedes ver o resto das fotos picando aquí.
Comentarios (0) - Categoría: 04.- GALIZA EN EUSKAL HERRIA - Publicado o 30-08-2017 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITANTE NUMERO