Xa deron pasdo 90 anos dende que en Ategorrieta, un 27 de maio do 1931, unha manifestazón composta por homes, mulleres e nenos, de xentes do mar, a meirande deles galegos; coa intenzón de chegaren ao Goberno Civil i entregaren unha escrita coas reivindicazóns dunha folga estancada ao Gobernasor Civil da provincia, víranse detidos no chamado MASACRE DE ATEGORRIETA.
Saíra ás dez e media da mañán de Pasaia e despois de lidar con dous cordóns militares, atopárase cun terceiro, esta vez composto por “guardias civiles”, á altura do reloxo de Ategorrieta. Estes deran acabamento á manifestazón a tiros co resultado de 8 mortos:
Julián Zurro, 18 anos.
Jesús Camposoto, 23 anos.
José Carnés, 32 anos.
Manuel Pérez, 34 anos.
José Novo, 25 anos.
Antonio Barros, 31 anos.
José Suárez, 25 anos.
Manuel López.
O que foi pol-o número de mortos a maior mata de traballadores no País Vasco do século pasado. Pero a maiores houbera unha trintena de feridos, dos que poideron sair máis falecios ( de feito un diles, na listaxe eiquí amosada, morrera ao día seguinte), mais que é descoñecido por mor do silenzamento que se lle dera ao asunto.
Noventa anos de esquecemento interesado, pero que neste ano foi lembrado por varios grupos, e foi motivo para que non fixeramos unhas Letras Galegas máis amplas, nesta nosa particular recuperazón da normalidade.
Grupos como Bildu, do que fomos ver a interesante falencia na Tenéncia de Alcaldía de Trintxerpe o día 13 de maio, do Kontseilu Socialista de Donostia, do que penduramos nas redes sociais unha ampla reportaxe fotográfica do aito no mesmo 27 ás sete e media da serán en Ategorrieta; ou a laboura de IU Ezker Anitza coa interesante presentazón do libro DONOSTIA REBELDE de Miguel Usabiaga o 21 de maio á que tampouco faltamos. E o mesmo 27 ás seis e media da tarde, da man de Donostiako Errepublikarrak na que nos permitiron facer parte, e na que baixo do reloxo de Ategorrieta poidemos escoitar a grabazón da testimuña da aboa do noso compañeiro Manoel Irixoa e na que el mesmo tomou parte. Na reportaxe fotográfica anteriormente referida, cómo non tamén está o de Donostiako Errepublikarrak.
Habería quizais que poñer dúas tachas á ledícia de vermos cómo saen á rúa de novo estes traballadores. Que non se fixera algo conxunto, ao millor o tempo fará camiño, pois xa temos un comezo. E que non haxa unha prancha nin tan sequera piquena que lembre a estes asasiñados, pois á que dician que se ía póor comentouse á fin que non.
Quizáis seña que entre os partidos políticos que hoxe nos gobernan, están tamén aqueles que no 31 fixeran por silenciar o acontecido en Ategorrieta.
Dúas pancartas levadas pol-as mulleres e os nenos que encabezaban a manifestazón: “Libertad para nuestros compañeros”, “Queremos pan para nuestros hijos”. As súas reivindicazóns podense resumiren moi sinxelamente: Non traballar coma escravos e levar en troques a maiores uns xornais de miseria.
Pero eran traballadores, aqueles que todos veñen e dicir defenderen. |