PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

korrika 17
Máis un ano, a Korrika púxose en camiño, e máis un ano tomamos parte nela (As razóns non fai falla espo-las). Porén, iste ano produciuse algo que dou un brilo sobranceiro á nosa quenda: Foi o feito que Margari Portabales Lerrocea, direutora do Lamiak Dantza Taldea, collera por nos o Lekuko no anaco de percorrido que, como xa é costume, facemos no distrito de San Pedro; dende as escaleiras de Zamatete hastra onde remataban os almacens de Velasco.
Inda que non celebraran o 25 cabodeano, tiveramos no seu un detalle co devandito grupo de baile: Unha peza de cerámica galega. Máis tamén pensamos cumpriría termos un agarimo persoal con Margari, que sempre respostou SI a cantas peticions lle fixemos para acudir aos nosos autos co seu grupo de baile, que con tanto esforzo e ao longo de tantos anos levan a manter ergueita en Pasai San Pedro a lapa da danza euskaldun. E foi eisí que quixemos aproveitar iste conxeito que nos ofrecía o paso da Korrika polo distrito sanpedrotarra, para agradecermos a xenerosidade de Margari coa honra de levar da súa man a testimuña da carreira a prol do euskara.
E o recoñecemento non foi soio noso, se non que tod@s cant@s acompañaban ao Lekuko amosaron un grande xúbilo ao ve-la para recadalo. A filla de Xesús do Cachucho, de Marín, non collía dentro de si coa ledícia ao recivi-lo Lekuko de mans de Astarloza ao algareiro do seu nome po-los presentes. É ela, unha rexa loitadora pola cultura basca, a que chantou o alento da Nazón Galega, no seo da loita da Nazón Éuskara.
Comentarios (0) - Categoría: 02.- HISTORIA DO FATO - Publicado o 02-05-2011 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
e-Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
VISITANTE NUMERO