O FATO CULTURAL GALEGO "DANIEL CASTELAO" somos unha asociazón composta por galeg@s ou descendentes destes na bisbarra guipuscoá de Oarsoaldea, e dizer, dos povos de Pasaia, Oiartzun, Lezo, Orereta, e mai-la anterga vila de Altza, que agora pertence a Donostia. Os obxetivos da nosa entidade son: manter, espallar e dar a coñece-la nosa cultura galega nesta bisbarra e tamén en Euskal Herria, exercer de ponte entre as culturas e comunidades basca e galega e fornecer a eito solidariedade a prol da sociedade basca.
|