PERFIL
fatocastelao@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 
 ANTERIORES

GALEGOS E BASCOS NA SOCIEDADE BERTSOLARI TXIRRITA
Dende os seus comezos o FATO CULTURAL GALEGO DANIEL CASTELAO sempre considerou dúas festas principais ao ano: As Letras Galegas en maio, e no
mes de santos ou de difuntos a do Magosto. E cadrando con estas, mormente ca primeira, véñense desenrolando unha serie de falencias po-la entidade pasaitarra perante estes trinta anos longos de vida que leva percorridos. Rematado o relatorio, sempre cumpreu á persoa que vira, agasallar cunha cea na que poder coñecernos tudos millor e que ata hai ben poucos anos víñase celebrando na SOCIEDADE BERTSOLARI TXIRRITA artellada po-los socios daquela RAMÓN GARCÍA MOSQUEIRA e ANTONIO PENA. E meirandemente por iste motivo da man da entidade con sé en Trintxerpe pasaron bascos coma o historiador Jose Luis Orella Unzue, o escritor Josu Landa ou a antropóloga sampedrotarra de orixe galego Rosa
García ? Orellán. E como non, galegos entre os que poido citar: Manoel Riveiro Loureiro -escritor-, Xosé Manoel Beiras e Pilar García Negro -políticos-; Miguel Anxo Fernán-Vello -poeta-, Filipe Senen -antropólogo i escritor-, Andrés Torres Queiruga -sacerdote e teólogo-, Roberto Vidal Bolaño -dramaturgo e actor-, e Francisco Rodríguez -político i escritor-.

A maiores moitos destes deixaron a súa pegada no libro da sociedade altzatarra, e alí están os poetas Uxio Novoneira a quen se lle veñen adicar as letras galegas 2010, enchendo unha folla el soo, e Manoel María que en tantas ocasións esti-
vera connosco. E un boo feixe de bascos coma os escritores Koldo Izagirre, Iñigo Aranbarri, Ramón Etxezarreta, Edorta Ximenez; o etnógrafo Juan Garmendia Larrañaga, o poeta i editor Gorka Arrese; o tamén poeta J.L. Otamendi, e o escritor
e músico Xabier Montoia. Amais de outra sinatura que non cheguei a saber de quen é. E como non, non podía faltar o historiador e presidente da sociedade galega o quirogués afincado en Oiartzun Xosé Estevez.

Tres follas non máis, cun anaco de historia compartida

Filipe Domínguez Avilés


FOTOS
Comentarios (1) - Categoría: 02.- HISTORIA DO FATO - Publicado o 17-01-2010 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Me ha gustado mucho el analisis que nos has dejado por aqui, la diferencia entre ambas sociedades queda bastante paten#blgtk08#te en articulos como este, asi que nada, espero que nos pongas mas articulos de opinion. Cuando pondras el proximo???
Comentario por Prestamos Personales (23-11-2011 00:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
e-Correio: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
VISITANTE NUMERO




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0